• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Unha moción de censura elimina a Prosagal da presidencia da Xunta de persoal do CHOP

Abr 20 Escrito por 
Pontevedra> Dende hoxe a Xunta de Persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra conta cunha nova presidenta e un novo secretario. Sete sindicatos conseguiron sacar adiante unha proposta de cese das actuais mandatarias, aducindo unha perda de confianza para a exercer as súa funcións. Agora dende Prosagal, estudarán os trámites para levar pola vía legal, o que consideran unha vulneración do regulamento da xunta de persoal.
Atacadas pola transparencia que exerceron nos últimos anos, así se senten dende Prosagal o sindicato que lideraba a Xunta de Perosal do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e que dende hoxe foron relegadas dos seus cargos, despois de que, sete sindicatos conseguiran sacar adiante unha proposta de cese da presidenta e a secretaria aducindo unha perda de confianza para exercer as funcións encomendadas. Dende Prosagal teñen claro que o que rexeitan o resto de sindicatos é a transparencia coa que elas traballaban, facendo sempre todo público. Agora emprenderán vías legais contra a convocatoria desta reunión e contra as medidas que levaron a estes sete sindicatos a quitar do seu posto a Prosagal. Agora, e de momento, quedarán como nova presidenta Carmen Revenga de O´Mega e secretario Xermán Rouco da CIG. Cargos que se irán intercambiando cada 4 meses. Un feito que dende Prosagal consideran inoperativo e que terá como consecuencia que a Xunta de Persoal deixe de ter presenza e de reivindicar os dereitos dos traballadores da sanidade pública.
Etiquetado como prosagal    mocion de censura    Sindicatos    Sanidade    chop    xunta de persoal   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Xoves, 20 Abril 2017 18:13

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O xerente do CHOP ten claro que "a nova lei de saúde reforzará o papel dos hospitais da nosa comarca"
    Pontevedra> Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que a nova lei de saúde que lanzan dende a Xunta de Galicia beneficiará tanto a cidade do Lérez como ao Salnés. Trátase , segundo José Ramón Gómez, dunha normativa que reforza o papel dos hospitais na nosa comarca.
  • Malestar ante o coeficiente redutor na xubiliación dos mariñeiros
    Pontevedra> O problema dos coeficientes redutores da idade de xubilación para os mariñeiros galegos volve a saír a flote. A CIG denuncia, que mediante unha circular do director do Instituto Social da Mariña, os mariñeiros de palangreiros e arrastreiros conxeladores non poden acollerse ao coeficiente redutor do 0.40.
  • A Xunta de Persoal solicita mobilidade interna nos hospitais de Pontevedra
    Pontevedra> A Xunta de Persoal dos Hospitais de Pontevedra non asinará a proposta da administración da mobilidade interna. Dende este organismo denuncian que hai 5 anos que non se convocan nin fan públicos os postos que quedan baleiros. O 5 deste mes manterán unha nova reunión para decidir que camiño emprender.
  • A xerencia defende que a nova Lei de Saúde blinda os hospitais comarcais
    VILAGARCÍA> A Lei de Saúde de Galicia non vai prexudicar aos pacientes nin eliminará os hospitais comarcais. Así o defenden dende a xerencia da área de xestión integrada de Pontevedra-O Salnés. Segundo a súa directora asistencial, os pacientes non van notar ningún cambio, xa que as modificacións son meramente organizativas. Tamén asegura que, ao contrario do que se cre, blinda os centros comarcais, como o Hospital do Salnés. A xerencia da área de xestión integrada Pontevedra-Salnés defende o polémico anteproxecto de Lei de Saúde de Galicia. Aseguran que con esta modificación da lei de 2008 blindaranse os hospitais comarcais. Insisten en que os máis beneficiados serán os pacientes, que non notarán importantes cambios na súa atención sanitaria. Segundo Fernández Arruti, os cambios serán unicamente organizativos. Así, de once áreas sanitarias pasarase a ter sete en toda Galicia, e crearanse 14 distritos en torno aos 14 hospitais públicos. Tampouco, asegura, haberá cambios nas contratacións. Deste xeito, dende a EOXI saen ao paso da polémica xerada en torno a este cambio na norma, que ten a oposición da xunta de persoal do Hospital do Salnés e de varios alcaldes da comarca. Estas protestas xa atoparon apoio nos outros centros afectados, que coordinarán mobilizacións para frear o anteproxecto.
  • Xuño deixa na provincia 4692 parados menos
    Pontevedra> A provincia de Pontevedra conta con 4692 parados menos dende o mes de xuño. Dende os sindicatos denuncian a precariedade nos contratos que se dan nesta época do ano, e a presidenta da Deputación destaca que soamente o 7.9 por centro destes contratos son indefinidos.
  • Os sindicatos ameazan cunha folga indefinida no transporte
    Pontevedra> Segundo día de folga no transporte nesta semana. Hoxe os delegados sindicais de UGT, CC.OO e a CIG presentáronse na delegación da Xunta de Pontevedra. Alí foron recibidos polo delegado de transportes que se comprometeu a trasladar as súas reivindicacións á conselleira.
HomePONTEVEDRAUnha moción de censura elimina a Prosagal da presidencia da Xunta de persoal do CHOP Top of Page

Síguenos en facebook