• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Lores presenta unha "profunda" remodelación do Goberno Local

Abr 20 Escrito por 
Pontevedra> No ecuador da lexislatura, o alcalde de Pontevedra ven de presentar unha remodelación do Goberno Local. Un cambio onde non mudan as caras dos concelleiros pero sí as áreas que levarán a partir de mañá venres. Anabel Gulías, Alberto Oubiña e Demetrio Gómez saen reforzados con este cambio, que Lores cualifica de moi positivo.
O alcalde presentou esta mañá unha profunda remodelación do Goberno local que chega co fin de sacar a máxima rendibilidade ao seu equipo. Trátase dunha remodelación onde non mudan as caras pero si as áreas que xestiona cada concelleiro. Con esta remodelación serán tres os concelleiros que verán incrementado o seu peso dentro do goberno. A primeira Anabel Gulías que pasará a levar promoción da cidade, centro histórico, urbanismo e actividades terciarias nos espazos públicos. Demetrio encargarase do rural, de obras, transporte e participación urbana e Alberto Oubiña será o concelleiro de Xuventude, normalización lingüistica, parques e xardíns e zonas verdes, praias e novas teconoloxías. Entre os outros cambios cabe destacar que dende mañá será Carme da Silva a nova coordinadora de grupo e a encargada da xestión dos fondos DUSI. Raimundo González ademais das súas áreas será o encargado da contratación de todos os proxectos, e Anxos Rivero pasará a levar servizos sociais e Carmen Fouces Cultura. Unha remodelación que tamén inclúe a creación de duas prazas de directores xerais. Con esta remodelación o alcalde confirma que todos os concelleiros, incluído Bará ao que se lle reducen sustancialmente as súas funcións, seguirán ata ao final do mandato. E con estes cambios Lores pecha, case por completo, as portas a que un novo grupo forme parte do Goberno Local nesta lexislatura. A partir de mañá serán efectivos estes cambios dos que Lores se sinte orgulloso. O alcalde cree que se trata dunha remodelación positiva para a cidade de Pontevedra.
Etiquetado como Pontevedra    Remodelacion    goberno local    lexislatura    Bng   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Pontevedra: capital do emprendemento
    Pontevedra> Esta mañá na Praza de España de Pontevedra tivo lugar a inauguración da cuarta edición do PONT UP STORE. Unha cita que reúne a 40 emprendedores da nosa comunidade, e que acollerá máis de 40 actividades ao longo destes dous días. A cidade do Lérez convértese ata mañá sábado na capital da cultura emprendedora.
  • A comisión de Economía aproba unha baixada de impostos sen moito futuro
    Pontevedra> Dende o PP de Pontevedra amosáronse entusiasmados esta mañá, xa que a comisión de Facenda, aprobou a moción deste partido solicitando a baixada dos impostos na cidade. Iso si, fíxoo soamente co apoio de Ciudadanos e saíu adiante porque faltaba un concelleiro do BNG, o que significa que no pleno non se aprobará esta moción. Sobre este asunto Lores ten claro que o PP o que ten que facer é predicar co exemplo.
  • Os nacionalistas de Sanxenxo desconfian da suspensión de 30 licenzas urbanizables
    SANXENXO> Os nacionalistas de Sanxenxo afirman non crer as motivacións que levaron a Telmo Martín a suspender as licencias de 30 solos urbanizables. Unha proposta que o actual rexedor da vila levará a pleno o luns que ven.
  • O BNG da Pobra denuncia a falla de transparencia nos contratos e compras do Concello
    POBRA> Os nacionalistas fanse eco destas presuntas irregularidades, ás que mesmo o propio interventor municipal pon reparos. Dende o BNG consideran que se trata de algo bastante habitual por parte do actual goberno de Nós Pobra á hora de realizar calquera tipo de compra ou contrato. Por esta razón pídenlle ó executivo que deixe de realizar estas prácticas a todas luces irregulares, e se axuste á normativa vixente e as propias recomendacións que lle fai o propio servizo de intervención municipal.
  • O xerente do CHOP ten claro que "a nova lei de saúde reforzará o papel dos hospitais da nosa comarca"
    Pontevedra> Dende a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra teñen claro que a nova lei de saúde que lanzan dende a Xunta de Galicia beneficiará tanto a cidade do Lérez como ao Salnés. Trátase , segundo José Ramón Gómez, dunha normativa que reforza o papel dos hospitais na nosa comarca.
  • O PP Local reúnese co Comité de Empresa de Elnosa
    Pontevedra> O PP de Pontevedra mantivo unha reunión co delegado do comité de Empresa de Elnosa. O fin de este encontro é o de escoitar en primeira persoa a situación dos traballadores desta empresa, e pedir aos políticos a continuidade desta cloreira, sempre e cando cumpra coa normativa europea.
HomePONTEVEDRALores presenta unha "profunda" remodelación do Goberno Local Top of Page

Síguenos en facebook