09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Xunta comezará os trámites para a senda peonil que une Covelo con Raxó

Abr 21 Escrito por 
PontevedraO> A Xunta de Galicia expropiará os terreos en Poio para construír a senda peonil e ciclista na PO-308. Unha obra que terá un percorrido de 4,4 kilómetros que irán dende Covelo ata Raxó. O investimento estimado para estes traballo é de 2,2 millóns de euros. Unha senda peonil que se comezará a construír a comezos do vindeiro 2018.
Finalmente a Xunta acepta a proposta do concello de Poio e expropiará, con 56 mil euros, os terreos para a construción da senda peonil e ciclista na PO 308. O Diario Oficial de Galicia publica dende este venres a relación das 57 leiras afectadas, o prazo de alegacións comezará o vindeiro luns 24 de abril e os afectados terán de prazo ata o 7 de xuño. O orzamento para esta obra será de 2,2 millóns de euros para o percorrido de 4,4 quilómetros que une Covelo con Raxó e será unha senda que discorre integramente pola beira do mar. Dende a Xunta de Galicia agardan poder comezar con estes traballos a comezos do vindeiro 2018.
Etiquetado como Xunta    Senda Peonil    Poio    po308    seguridade vial   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP reclama unha estratexia de difusión turística para o Bosque de Colón, en Poio
    POIO > O PP de Poio denuncia a “falta de interese” do goberno local para dinamiza-lo coñecido como Bosque de Colón, un espazo natural que celebra o seu 25 aniversario. Os populares cren que o parque, cunha curiosa plantación de 500 secuoias, podería ser outro polo de atracción para o turismo da vila. Hai agora 25 anos nacía o Bosque de Colón, un pintoresco espazo natural con vistas á ría de Pontevedra que conmemoraba o 500 aniversario do descubrimento de América. Dende alí, precisamente chegaron a Poio as 500 secuoias vermellas californianas plantadas neste monte. Foi un agasallo do goberno dos Estados Unidos, aprobado polo Congreso e o Senado daquel país, para conmemorar a chegada de Colón ó continente americano. Un cuarto de século despois, o aniversario deste parque pasou desapercibido. Así o denuncia, polo menos, o PP da localidade. Os populares lamentan que os actos conmemorativos durante os últimos meses foron moi discretos. Cren que o goberno local debería ter impulsado algún tipo de iniciativa para dar a coñece-lo Bosque e incentiva-lo turismo non só de Poio, senón que tamén de todas as Rías Baixas. Reclaman tamén unha estratexia de difusión da zona, como un bo complemento para os grandes polos de atracción de visitantes, como Combarro ou Raxó. O 2017 en Poio está a ser o ano do bosque de Colón, despois de que o PP levase a pleno a moción ata en tres ocasións.
  • O Festival de Curtas Armadiña xa quenta motores
    Pontevedra> O concello de Poio xa está listo para acoller a décimo terceira edición do Festival de Curtas Armadiña 2017. Unha cita que arrincará o vindeiro luns 13 e que se desenvolverá ata o 19 deste mes. Dende a organización destacaron que se trata da edición máis completa e innovadora. Este ano, este festival, está incluído por primeira vez nas principais citas do audiovisual galego que potencian dende a Deputación.
  • Raxó celebrará o samaín coa súa Festa do Amor
    Pontevedra> O Club de Fútbol de Raxó organiza un magosto moi especial para o vindeiro 31 de outubro. Será unha cita que contará con DJ e a partir das 23:00 coa actuación da orquestra Panorama. Trátase dun evento que ten como fin agradecer ao pobo e aos hostaleiros desta zona o compromiso, que ano a ano, teñen con este club deportivo.
  • A asociación Mº del Carmen Pérez inicia a súa campaña solidaria
    Pontevedra> A Asociación María del Carmen Pérez, con sede en Poio, comeza xa a súa campaña solidaria co fin de recadar alimentos e roupa para as familias que máis o precisan. As cestas con produtos alimentarios se repartirán o 21 de decembro, a roupa todos os que a precisen, poden recollela no local desta entidade, situado en fronte de Casal de Ferreirós.
  • A Festa da Navalla chega a Poio esta fin de semana
    PONTEVEDRA> A Festa da Navalla volta un ano máis a Poio. Esta fin de semana terá lugar a V edición da exaltación de este manxar. Unha celebración para a que a Asociación Amigos da Navalla de Lourido ten preparados uns 800 kg de navallas.
  • O cara máis solidaria de Poio poderase ver no FestiSenda
    Pontevedra> O sábado 30 de setembro a Seca, no concello de Poio, acollerá o Festival solidario Festisenda. Unha cita que terá como fin recoller alimentos non perecederos para as familias que máis o necesitan do concello. Dende o Goberno Local agradeceron este tipo de iniciativas que darán axuda a 367 familias do municipio.
HomePONTEVEDRAA Xunta comezará os trámites para a senda peonil que une Covelo con Raxó Top of Page

Síguenos en facebook