• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Pontevedra rexistra os mellores datos de ocupación na Semana Santa dende o 2010

Abr 21 Escrito por 
Pontevedra> A provincia de Pontevedra ven de vivir a mellor Semana Santa dende o ano 2010 cun 85,59 por cento de ocupación. Concellos como o de Sanxenxo e O Grove tiveron un 100% de ocupación nos días fortes deste periodo vacacional, entre o xoves e o domingo.
A provincia de Pontevedra arrasou en canto a ocupación se refire na Semana Santa. A presidenta da Deputación informou esta mañá que a ocupación na provincia chegou ao 85,59 por cento. Sendo as rías Baixas as favoritas para os turistas. Concellos como os de Sanxenxo ou O Grove chegaron ao 100% de ocupación nos días fortes desa semana, dende o xoves ao domingo. Por comarcas o Salnés contou cun 90,5 por cento de ocupación e Pontevedra cun 91 por cento. En canto ao turismo rural a ocupación situouse nin 70 %, 10 puntos máis que no ano pasado. O Salnés chegou a un 84% e Pontevedra a un 83%. Uns datos extraordinarios que, segundo Carmela Silva, amosan que o turismo segue apostando polas Rías Baixas.
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP Provincial ve unha Deputación paralizada e centrada en Vigo
    Pontevedra> Críticas dende o PP provincial ao Goberno da Deputación. Dende as filas populares non entenden por qué a Presidenta non quere dar explicacións no pleno sobre a situación da súa cuñada no concello de Vigo. Ademais, tamén fixeron balance destes dous anos de Goberno, dende o PP consideran que a parálise da Deputación é evidente e que Silva debe de cambiar o ritmo e dinamismo na provincia.
  • Pontevedra é, nestes días, a "capital" da cidade dos nenos
    Pontevedra> A primeira hora da mañá, a presidenta e o vicepresidente da Deputación, recibían no Pazo Provincial aos participantes no encontro da rede española de Cidades dos nenos. 22 concellos de toda España danse cita neste evento, que ten como fin, aumentar a autonomía dos nenos tanto dende o punto de vista educativo como do espazo urbano.
  • Xornalismo e literatura danse cita nas visita cruzadas
    Pontevedra> As visitas cruzadas que organizan, dende a Deputación de Pontevedra, no Museo da cidade volveron a ser un éxito. Máis de 50 persoas asistiron a esta cita que ten como fin amosar a arte deste espazo dende outro punto de vista. Os protagonistas nesta ocasión foron o xornalista Kiko Novoa e a poeta e escritora María Lado.
  • O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional
    Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
  • A Rolda Leste xa están en licitación
    Pontevedra> O proxecto da rolda leste en Pontevedra xa está en proceso de licitación na Deputación provincial. O concello deu a aprobación a estes traballos que finalmente terá un custe total de 3 millón 112 mil euros. Cesar Mosquera agarda poder comezar estas obras antes de que remate o ano.
  • Jorge Coira e Manuel Gago sorprenden e emocionan nas súas visitas cruzadas
    Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago.
HomePONTEVEDRAPontevedra rexistra os mellores datos de ocupación na Semana Santa dende o 2010 Top of Page

Síguenos en facebook