09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Comezan as reunión para a nova ordenanza de veladores

Abr 24 Escrito por 
Pontevedra> Primeira reunión en Pontevedra para comezar a redactar a nova normativa de veladores da cidade. Anabel Gulías dixo esta mañá que se trata dun primeiro contacto co sector da hostalaría. A concelleira insistiu en que non sabe nin cando nin como será finalmente esta nova ordenanza na que se verán influídos numerosos sectores da sociedade pontevedresa.
Comexa a posta a punto para a nova ordenzanza de veladores do concello de Pontevedra. Hoxe Anabel Gulías, a concelleira encargada de levar todo o proceso, mantivo a primeira reunión cos hostaleiros da cidade co fin de escoitar demandas. Gulías . O tema dos horarios é un dos primeiros a tratar e analizar nestes encontros. Trátase esta da primeira de moitas xuntanzas que manterán ao longo dos vindeiros meses. Gulías deixou claro que do que se trata é de tratar con rigor e respecto esta nova ordenanza que afectará a moitos veciños da cidade. A concelleira quere que sexa este un proceso aberto onde as partes afectadas teñan en todo momento acceso ao borrador desta normativa e teñan voz e voto na mesa. En relación á datas a concelleira do BNG non se aventurou a dar ningunha. Dixo que se trata dunha ordenanza complexa que se vai a tratar e analizar en profundidade.
Etiquetado como ordenanza    veladores    Pontevedra    nova normativa    concello de pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O concello homenaxea aos mestres xubilados da Boa Vila
    Pontevedra> O Goberno Local de Pontevedra homenaxeou nesta xornada a todos os profesores xubilados da cidade. Fixoo cun acto na Casa da Luz, onde o alcalde e a concelleira de Educación, quixeron agradecer a labor realizada por todos estes Mestres. Unha cita á que tamén acudiron os alumnos de sexto de primaria de colexio de Barcelos.
  • O concello levará ante os tribunais a AAI da Xunta a ELNOSA
    Pontevedra> O concello de Pontevedra recorrerá a autorización ambiental integrada de Elnosa concedida pola Xunta de Galicia. A concelleira nacionalista Carme da Silva considera que se trata dunha decisión de carácter político que pon en risco a vida de miles de persoas de Pontevedra.
  • Os peques do Fina Casalderrey visitan o concello
    Pontevedra> O pequenos da Escola Infantil Fina Casalderrey coñeceron hoxe todos os segredos que agocha o concello de Pontevedra. O alcalde recibiu a estes intrépidos estudantes e contoulles a que se adican as diferentes instancias do concello e tamén lles explicou a orixe de moitos trofeos que ten no seu despacho.
  • Buscan recadar fondos para a síndrome de deleción 1P36 coa venda de calendarios solidarios
    PONTEVEDRA > Xa está á venda o calendario solidario en beneficio dos nenos que padecen a síndrome de deleción 1P36. A iniciativa busca recadar fondos para os custosos tratamentos que reciben os pequenos afectados e tamén para incentiva-la investigación. Na iniciativa colabora a Deputación de Pontevedra. A síndrome de deleción 1P36 é unha enfermidade rara, baseada na perda no cromosoma 1, que leva a información máis importante do noso ADN. Isto fai que teñan moitos problemas no seu crecemento. Para darlle resposta a este problema e a custea-las caras probas médicas e a súa investigación, hai 2 anos creouse unha asociación da man de 5 familias da provincia de Pontevedra. Agora, o o colectivo lanzou un calendario solidario, cun título moi representativo. Na inciativa colabora a Deputación de Pontevedra. A súa presidenta demandou que se destinen máis recursos á investigación deste tipo de doenzas consideradas raras. O calendario solidario pódese mercar en Tui, Vigo e tamén en Boiro.
  • CCOO cre que o convenio de colaboración do Príncipe Felipe só serve “para saír do paso”
    PONTEVEDRA > Comisións Obreiras cre que o convenio de colaboración para a cidade infantil Príncipe Felipe, asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta, só serve “para saír do paso”. Así o indicaron os responsables da central, que tamén aproveitaron para reclamar que o centro acolla máis menores. Dende Comisións Obreiras cren que o convenio entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra é unha oportunidade perdida para buscar solucións ás moitas necesidades sociais dos concellos da provincia, tendo en conta –din- o número de familias desestruturadas ou con problemas de adaptación que poderían ter cabida no Príncipe Felipe. Entenden dende o sindicato o convenio foi pechado en falso e que, a día de hoxe, é un luxo manter o centro por baixo da súa capacidade. Segundo os datos achegados polo sindicato, das 274 prazas das que dispón o centro, só están ocupadas a día de hoxe 198. Demandan que o centro traballo ó 100% da súa capacidade, porque entenden que co mesmo gasto se poderían atender a moitos máis menores, xa que –segundo din- o número de traballadores se mantería. Segundo o acordo entre administración provincial e autonómica, dos máis de 10 millóns de euros orzamentados para o Príncipe Felipe, a Xunta vai aportar uns 780.000. O centro, dependente da Deputación de Pontevedra, comezará a rexerse polo novo convenio o un de xaneiro. Será a partir dese día cando a Xunta faga efectiva a súa renuncia a facer uso do Servizo da Unidade de Primeira Acollida e acate que os informes técnicos do persoal provincial sexan determinantes á hora de decidi-la entrada ou saída de menores do centro. Ademais, a partir do primeiro día de 2018, o Príncipe Felipe deixará de acoller menores violentos e conflitivos.
  • As Rías Baixas contaron cunha ocupación media do 50% na Ponte da Constitución
    Pontevedra> As Rías Baixas contaron cunha ocupación do 50 por cento na ponte da Constitución. Uns datos que se sitúan por debaixo do estimado. A cicloxénese explosiva Ana tivo a súa repercusión neste resultado. O Turismo rural acadou unha ocupación media do 35,14 por cento, 25 puntos máis que no mesmo período do 2016.
HomePONTEVEDRAComezan as reunión para a nova ordenanza de veladores Top of Page

Síguenos en facebook