• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O concello habilitará 22 prazas novas de aparcamento na Xunqueira

Abr 25 Escrito por 
Pontevedra>A comisión de Urbanismo, en Pontevedra, ven de dar luz verde a creación de 22 novas prazas de aparcamento na Facultade de Ciencias do Deporte. O obxectivo do concello é crear unha zona única de aparcadoiro no campus, e deixar liberada a parte central desta zona universitaria na Xunqueira.
Anabel Gulías estreouse esta mañá como nova concelleira de Urbanismo trala comisión desta área. Entre todos os puntos destacou a aprobación das 22 prazas de aparcamento diante da Facultade de Ciencias do Deporte. O fin do concello é o de liberar a parte central do campus de coches e de crear máis prazas nesa zona da Xunqueira. Ademais a comisión de Urbanismo ven de dar luz verde a creación dun negocio que combinará o arranxo de bicicletas cun espazo de lecer, unha cafetería. Un negocio que non se sabe onde abrirá as súas portas, de momento soamente dan o visto bo a que sí que se pode levar a cabo esta iniciativa. Unha comisión que tamén autorizou o uso comercial e dous espazos na zona Vella, un na rúa das Ánimas e outro en Don Filiberto.
Etiquetado como concello de pontevedra    aparcamento    Campus   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Pontevedra está de festa!!!
    Pontevedra> Na fin de semana tivo lugar o pistoletazo de saída das Festas da Peregrina en Pontevedra. A empresaria Conchi Pereiro foi a encargada de ler o pregón que deu pe a esta Semana Grande. Na súa intervención defendeu o modelo de cidade da Boa Vila, e tamén reivindicou o papel da muller na sociedade actual.
  • O Aquí Cántase reúne a máis de mil persoas
    Pontevedra> Máis de mil persoas congregou a primeira edición do Aquí Cántase en Pontevedra. Unha cita que ten como obxectivo principal potenciar os cánticos máis tradicionais galegos. Dende o concello fixeron un balance máis que positivo desta cita, da que din, repetirán seguro o vindeiro ano.
  • Axenda completa para a primeira misión comercial do Concello
    Pontevedra> Esta mañá a concelleira de Promoción da Cidade de Pontevedra presentou a axenda que a delegación da capital galega terá na súa misión en México. Unha cita que terá lugar a finais deste mes de agosto e que contará cunha intensa axenda con máis de 40 reunións.
  • Itineranta baixa o telón cun éxito de participación
    Pontevedra> A oitava edición de Intineranta pechou as súa portas en Pontevedra. Unha cita que unha vez máis conseguiu abraiar a pequenos e maiores co espectáculo de rúa que tiveron lugar ao longo desta semana. Música en directo e animación foron os principais protagonistas deste evento, sen dúbida un dos pratos fortes do panorama cultural pontevedrés no verán.
  • No 2018 comezarán os traballos do novo campo de fútbol en Salcedo
    Pontevedra> O concelleiro de Medio Natural de Pontevedra presentou esta mañá unha grande área deportiva e de lecer que se levará a cabo no Monte de Salcedo. Trátase dun espazo que ocupa 73 mil 500 metros cadrados e que inclúe un campo de fútbol, aparcadoiro, pistas de atletismo, circuíto BMX, espazos de xogos, un campo da festa e unha carballeira.
  • Na primavera do 2018 comezarán os traballos da rolda leste e o novo acceso a Príncipe Felipe
    Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación Provincial asinaron esta mañá dous convenios, un para o novo acceso a Príncipe Felipe e outro para a Ronda Leste. Trátase de dúas infraestruturas que terán un custe de 3,4 millóns de euros. O vicepresidente da Deputación anunciou hoxe que as obras estarán adxudicadas a final de ano e comezando os traballos na primavera do vindeiro 2018.
HomePONTEVEDRAO concello habilitará 22 prazas novas de aparcamento na Xunqueira Top of Page

Síguenos en facebook