• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Todo listo para a Titan Desert

Abr 26 Escrito por 
Pontevedra>7 ciclistas pontevedreses partirán este venres rumbo á Titan Desert. Un maratón de mais de 600 quilómetros que se realiza no deserto de Marrocos. O obxectivo deste equipo de Ponte un Reto é o de finalizar a carreira. Unha iniciativa que,como sempre, conta co seu lado máis solidario, nesta ocasión a axuda será para Amencer-Aspace.
Todo listo para comezar unha nova aventura. Dende o equipo de ciclistas de Ponte un reto están ultimando todos os detalles para a Titen Desert. Unha proba de ciclismo de montaña que se realizará polo deserto de Marrocos en 6 estapas de 110 quilómetros cada unha. O obxectivo é superar esta maratón, unha proba sen dúbida moi dura. Pese a ser moi dura dos 7 ciclistas que se aventuran a participar neste maratón 4 repiten experiencia. E a cidade de Pontevedra terá unha presenza moi especial dentro desta proba. Unha proba onde, como sempre, dende Ponte un reto non se esqueceron da parte solidaria centrada nesta ocasión en Amencer-Aspace. Toda a sorte do mundo para estes 7 aventureiros que a vindeira semana comezarán a súa Titen Desert.
Etiquetado como ponte un reto    marton    marrocos    deserto    110 km ao dia    ciclismo montana   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Mércores, 26 Abril 2017 18:53
HomePONTEVEDRATodo listo para a Titan Desert Top of Page

Síguenos en facebook