09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
Imprimir esta páxina

Hugo, o novo chef de Casa Román

Abr 26 Escrito por 
Pontevedra> Ata este domingo 30 de abril poden degustar a tosta máis solidaria en Casa Román, en Pontevedra. Trátase dun traballo realizado por Hugo e a súa nai que resultou ser o vencedor do II concurso gastronómico “En Aspace Cociñamos Xuntos”. Agora este restaurante da Boa Vila oferta esta tapa gañadora por 2,5 euros. Deste importe, un euro, será destinado a fins solidarios para adquisición de material adaptado as persoas con parálise cerebral usuarias de Aspace-Galicia.
Hugo foi o gañador do II Concurso gastronómico “Es Aspace cociñamos Xuntas”. É o creador dunha tosta moi especial que ata este domingo 30 de abril podemos degustar no Restaurante Casa Román. Unha tosta que leva todos ingredientes... E ademais disto tamén lle engadíu un pouquiño de.... Tal e como nos dixo esta mañá Hugo a súa mamá e a súa tita axudáronlle un pouco na elaboración desta tosta tan sabrosa. Unha tosta ademais que é moi solidaria. Dende Casa Román están encantados con esta iniciativa e din que está funcionando moi ben a venda da tosta de Hugo. E non é para menos porque Hugo é todo un chef en maiúsculas Así que xa o saben se queren aportar o seu graniño de area para a adquisición de material adaptado as persoas con parálise celebral usuaruas de Aspace –Galicia poden facelo da mellor maneira posible, deguntando esta tosta no Restaurante Casa Román en Pontevedra.
Etiquetado como hugo    tosta ganadora    casa roman    Pontevedra    amenceraspace   
Publicado en PONTEVEDRA

O último de Silvana Moril

Artigos relacionados (por etiqueta)