• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Falecen tres mariñeiros poienses ao afundirse a súa embarcación fronte a Combarro

Abr 26 Escrito por 
POIO> O afundimento cobrouse a vida de tres dos seus cinco tripulantes. Foi no entorno das 10:00 da mañá cando se localizou a nave afundida a uns 15 metros de profundidade polos buzos da Garda Civil. A pesar disto non foi ata o medio día cando o corpo sen vida do último dos tripulantes que faltaba por aparecer chegou a terra escoltado polos GEAS da Garda Civil.
Moita dor a vivida este mércores no peirao de Combarro. Tres dos cinco tripulantes do cerqueiro, con base en Portonovo faleceron, un foi atopado nunha batea e o quinto nadou durante máis dunha hora e media ata chegar a terra onde pediu axuda. Os tres falecidos son o patrón, Francisco Castiñeiras e os pescadores, Jesús Ligero e Florentino Carballo, estes dous últimos pais dos mariñeiros sobreviventes, Carlos Carballo Rosales e Adrián Ligero. O último en aparecer foi o corpo sen vida do patrón da embarcación, que chegou ao peirao de Combarro no entorno do medio día. A embarcación fixo unha parada no porto de Marín e sobre as 04:00 da madrugada, volvía a porto. No seu traxecto de volta chocou contra unha batea e afundiuse entre Tambo e Combarro a unha milla da costa. Pasadas as 05:30 da mañá foi localizado un dos tripulantes na praia de Combarro e na hora seguinte unha embarcación particular e o helicóptero de Salvamento Marítimo Pesca 1 localizaron dous cadáveres na auga e un cuarto mariñeiro con vida e ferido, que conseguiu agarrarse a unha batea.
Etiquetado como Naufraxio    Poio    Combarro    Falecidos   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Entregan no Concello de Poio máis de 1.000 sinaturas contra o proxecto de reurbanización da Caeira
    POIO > En Poio, un colectivo veciñal entregou no Concello máis de 1.000 sinaturas contra o proxecto de reurbanización da Caeira, que pretende levar a cabo o goberno local. Ademais, a plataforma de afectados sumou outros 600 apoios a través dunha plataforma dixital. O proxecto que o concello de Poio puxo sobre a mesa suporía suprimir o sentido de baixada nas rúas Pernas Peña e Mato Calderón. A intención do goberno local é amplia-las beirarrúas, para que o peón gañe peso fronte os vehículos. Dende a plataforma de afectados indican que están a favor da humanización dos viais da súa parroquia, pero apuntan que o sentido único incrementaría os atascos. Esta mañá presentaron no rexistro do concello 1000 sinaturas físicas e outras 600 recollidas a través da plataforma Change. Esta tarde, afectados e goberno local celebraron unha xuntanza para tentar chegar a un entendemento. O colectivo de afectados lamenta as formas do executivo local, porque –din- souberon da reunión polos medio de comunicación. O alcalde, pola súa banda, recoñeceu que se equivocaron á hora de face-la convocatoria, pero que –así e todo- a intención do seu equipo é darlle forma a un proxecto de humanización da zona que guste á meirande parte dos veciños. Dende a plataforma de afectados propóñenlle ó Concello que estude alternativas, como a contrución dun vial na zona do Vao que alivie o tráfico na Caeira.
  • O PP reclama unha estratexia de difusión turística para o Bosque de Colón, en Poio
    POIO > O PP de Poio denuncia a “falta de interese” do goberno local para dinamiza-lo coñecido como Bosque de Colón, un espazo natural que celebra o seu 25 aniversario. Os populares cren que o parque, cunha curiosa plantación de 500 secuoias, podería ser outro polo de atracción para o turismo da vila. Hai agora 25 anos nacía o Bosque de Colón, un pintoresco espazo natural con vistas á ría de Pontevedra que conmemoraba o 500 aniversario do descubrimento de América. Dende alí, precisamente chegaron a Poio as 500 secuoias vermellas californianas plantadas neste monte. Foi un agasallo do goberno dos Estados Unidos, aprobado polo Congreso e o Senado daquel país, para conmemorar a chegada de Colón ó continente americano. Un cuarto de século despois, o aniversario deste parque pasou desapercibido. Así o denuncia, polo menos, o PP da localidade. Os populares lamentan que os actos conmemorativos durante os últimos meses foron moi discretos. Cren que o goberno local debería ter impulsado algún tipo de iniciativa para dar a coñece-lo Bosque e incentiva-lo turismo non só de Poio, senón que tamén de todas as Rías Baixas. Reclaman tamén unha estratexia de difusión da zona, como un bo complemento para os grandes polos de atracción de visitantes, como Combarro ou Raxó. O 2017 en Poio está a ser o ano do bosque de Colón, despois de que o PP levase a pleno a moción ata en tres ocasións.
  • O Festival de Curtas Armadiña xa quenta motores
    Pontevedra> O concello de Poio xa está listo para acoller a décimo terceira edición do Festival de Curtas Armadiña 2017. Unha cita que arrincará o vindeiro luns 13 e que se desenvolverá ata o 19 deste mes. Dende a organización destacaron que se trata da edición máis completa e innovadora. Este ano, este festival, está incluído por primeira vez nas principais citas do audiovisual galego que potencian dende a Deputación.
  • Raxó celebrará o samaín coa súa Festa do Amor
    Pontevedra> O Club de Fútbol de Raxó organiza un magosto moi especial para o vindeiro 31 de outubro. Será unha cita que contará con DJ e a partir das 23:00 coa actuación da orquestra Panorama. Trátase dun evento que ten como fin agradecer ao pobo e aos hostaleiros desta zona o compromiso, que ano a ano, teñen con este club deportivo.
  • Combarro, candidato a converterse no pobo máis bonito de España
    Pontevedra>Esta mañá tivo lugar a presentación da candidatura de Combarro para a acción “Luce tu Pueblo” de Ferrero Rocher. Unha aposta desta empresa, na que compite con outros 5 pobos de España. Xa poden votar por Combarro a través de www.ferrerorocher.es/lucetupueblo, o día 16 de decemebro coñecerase a nome do pobo gañador.
  • A asociación Mº del Carmen Pérez inicia a súa campaña solidaria
    Pontevedra> A Asociación María del Carmen Pérez, con sede en Poio, comeza xa a súa campaña solidaria co fin de recadar alimentos e roupa para as familias que máis o precisan. As cestas con produtos alimentarios se repartirán o 21 de decembro, a roupa todos os que a precisen, poden recollela no local desta entidade, situado en fronte de Casal de Ferreirós.
HomePONTEVEDRAFalecen tres mariñeiros poienses ao afundirse a súa embarcación fronte a Combarro Top of Page

Síguenos en facebook