• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Un cerqueiro afúndese tras colidir cunha batea entre a illa de Tambo e Combarro

Abr 26 Escrito por 
POIO> Dramático suceso o que acontecía a pasada madrugada en Combarro. Un cerqueiro afundíase na ría de Pontevedra despois de colidir cunha batea, por causas que aínda se descoñecen, no entorno das 04:30 da mañá. A tripulación do Nuevo Marcos estaba formada por cinco veciños moi coñecidos da parroquia poiense de Campelo.
Familiares, medios de comunicación, membros do servizo de emerxencias, Garda Civil e veciños de Poio desprazáronse este mércores ata o porto de Combarro para seguir o operativo de busca activado para atopar aos cinco tripulantes do "Nuevo Marcos" afundido entre a illa de Tambo e Combarro a pasada madrugada. Parece que un erro humano podería ser a causa da colisión, aínda que non hai nada confirmado. Os cinco mariñeiros, eran moi coñecidos e veciños da parroquia de Campelo Ata o porto poiense desprazouse tamén o patrón maior de Portonovo, onde o cerqueiro tiña asentada a súa base. José Antonio Gómez cree que o feito de colidir contra unha batea nunha zona coñecida para estes mariñeiros puido deberse a un despiste. A medida que transcorrían as horas a tensión aumentaba para os familiares que se ían achegando ata as instalacións portuarias para coñecer a sorte que finalmente correran os seus achegados. Esta non era a primeira vez que este cerqueiro sufría un naufraxio, aínda que si é o máis grave de todos eles ao falecer tres dos seus cinco tripulantes.
Etiquetado como Falecidos    Poio    afundimento    Mar   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Mércores, 26 Abril 2017 18:57

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Marexadiña Campelo aterra en Poio con moitas actividades
    Pontevedra> Esta fin de semana a parroquia de Campelo, no concello de Poio acollerá o Marexadiña. Unha cita destinada para todos os membros da familia onde os pequenos serán os grandes protagonistas. Hinchables, concertos e actividades acuáticas daranse cita neste evento que se celebrará os días 14 e 15 deste mes.
  • Os motores comezan a ruxir en Poio
    A oitava edición da concentración moteira “A rosa dos ventos” celebraráse en Poio esta próxima fin de semana. Unha cita que se agarda sexa a máis multitudinaria de tódalas celebradas ata o momento, e na que o respecto polo medioambiente terá un papel destacado. Música rock, xogos, degustacións de marisco, discoteca móbil, agasallos, e sobretodo, motos. A oitava edición da Rosa dos Ventos, a concentración moteira que organiza en Poio a motoclub que da nome ó evento, comeza xa a quentar motores. Desde o venres 7 ata o domingo 9 as rúas de Poio e concellos de arredores sentirán o ruxido dunha máis de 3.000 motos. Esta mañá presentouse a cita no concello poiense. O presidente do Motoclub destacou as novidades desta oitava edición, así como a relevancia que terá este ano o respecto polo medioambiente. Este ano agárdase que a participación sexa aínda máis alta que nas últimas edicións. Aínda están a tempo de inscribirse, por un prezo de 25 euros, que inclúe zona de acampada, comidas, espectáculos e actuacións, merchandising, rutas, e sorteos de agasallos. Teñen toda a información na páxina Arosadosventos.com
  • Combarro convértese, nestes días, na capital da cultura mariñeira
    Pontevedra> Combarro convertese ata o domingo na capital da cultura mariñeira. Dende a pasada noite acolle o XIII Encontro de embarcacións tradicionais. Unha cita que ten como obxectivo promocionar o patrimonio cultural do mar e que xuntará, neste punto de Poio, a preto de 150 embarcacións de distintos puntos de Europa. As embarcacións que participan neste XIII Encontro chegan navegando dende Fracia, Escoia, Irlanda, Reino Unido, Croacia, Portugal, País Vasco, Cataluña e outas zonas do Mediterráneo. Na inauguración deste espazo, que tivo lugar na pasada noite na praza da Chousa, estivo presente a conselleira do Mar, quen agradeceu o esforzo realizado dende a organización para levar a cabo este evento. Moitas actividades se realizarán en Combarro ao longo dos vindeiros días. Para a Presidenta da Deputación, non podía haber un lugar mellor para acoller unha cita destas características. Para o alcalde de Poio é unha honra poder acoller este evento, un encontro que loita por traballar polas raices do seu pobo, unhas raíces mariñeiras que estarán moi presentes ata este domingo 2 de xullo Se queren gozar da cultura mariñeira xa o saben que teñen unha cita ata este domingo 2 de xullo en Combarro nesta XIII edición do Encontro de embarcacións tradicionais.
  • Un escape de gas ocasiona un incendio na Caeira
    Pontevedra> Un escape de gas ocasiona un incendio na Caeira. Un veciño alertou ás 10 da mañá ao 112 dun incendio na rúa Río Oitavén número 9. O lume quedou sufocado ás 11:20 da mañá. Ata este lugar se desprazaron bombeiros do Salnés e de Pontevedra, Policía Local de Poio, Garda Civil, así como, unha ambulancia do 061, aínda que, afortunadamente, non houbo que lamentar ningún ferido.
  • Poio traballa na seguridade das festas do San Xoán
    POIO> Co gaio da festa do San Xoán en Poio, o concello preparou un Plan de Seguridade e do Tráfico, co que garantir que a celebración transcorra sen ningún tipo de problema. Este non foi o único punto que se tratou senón que aproveitouse o momento para presentar a I Pedalada de Poio, que se incluirán dentro do programa das festas da localidade.
  • Os poienses recollerán as herbas do San Xoán
    POIO> O programa das Festas de San Xoán ven cargado de actividades. Unha delas é das que máis arraigo ten entre os veciños, e porque non dicilo, entre os galegas e galegas de toda a comunidade. Estamos a falarlles da recollida de herbas aromáticas que despois de mesturalas con auga utilizase para lavar a cara o día seguinte de San Xoan.
HomePONTEVEDRAUn cerqueiro afúndese tras colidir cunha batea entre a illa de Tambo e Combarro Top of Page

Síguenos en facebook