• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A ponte de maio deixa un 77,15% de ocupación nas Rías Baixas

Mai 04 Escrito por 
Pontevedra> A Ponte de Maio deixou un 77, 15 por cento de ocupación na provincia, 15 puntos máis que no mesmo período do pasado ano. Concellos como o do Grove superou o 80 por cento e Pontevedra o 90. Uns datos, que segundo a Presidenta da Deputación, son máis que positivos para as Rías Baixas.
O turismo deixou bos datos na ponte de maio na provincia de Pontevedra rexistrándose o 77.15 por cento de ocupación. O que significan 15 puntos máis que nas mesmas datas do pasado ano. Por comarcas o Salnés chegou ao 70 por cento, concellos como O GROVE superaron o 80, Pontevedra acadou o 90 por cento de ocupación e Caldas o 80. No aloxamente rural a provincia rexistrou unha ocupación do 56 por cento, a comarca o Salnés o 41, Pontevedra o 61 e Caldas o 56. En relación ao turismo, a Presidenta anunciou unha nova viaxe de promoción para presentar a Campaña Destino Rías Baixas, a vindeira parada será en Lisboa onde estarán do 8 ao 10 de maio. En relación a Portugal, Carmela Silva, lembrou que máis de 225 mil portugueses visitaron Galicia no pasado ano, deles o 50 por cento elixiron como destino as Rías Baixas. Por esta razón considera que se debe avanzar na promoción turística no país veciño.

Medios

Etiquetado como Pontevedra    ponte de maio    datos    Turismo    Rías Baixas   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Venres, 05 Mai 2017 18:34

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Illa lanza un vídeo promocional para amosar os "tesouros" do seu municipio
    A ILLA> A Illa de Arousa non só ofrece turismo de sol e praia. Este fermoso enclave de O Salnés quere potenciar os seus paisaxes, a súa gastronomía, e moitos aspectos máis, que a converten nun estupendo destino para visitar en calquera época do ano.
  • Os Festivais das Rías Baixas xa quentan motores
    Pontevedra> Esta fin de semana comezan os festivais Rías Baixas 2017. Unha cita que se inaugura co Atltantic Fest un evento que terá lugar os días 1-2 de xullo na Illa de Arousa. A presidenta da Deputación dixo que os festivais terán dous compromisos neste ano a sustentabilidade e a igualdade.
  • 101 anos de traballo e de vida
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra entregoulle esta mañá un ramo de flores a Manuela Pazos, unha veciña da cidade que hoxe cumpre 101 anos. Ten 5 netos, 3 bisnetos e, nun mes, terá o seu primeiro tataraneto. Manuela di que o seu desexo, no seu día de aniversario, é poder ver e vivir nun mundo mellor.
  • O mellor waterpolo galego darase cita esta fin de semana en Pontevedra
    Pontevedra> O sábado 24 de xuño, as piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, acollerá o campionato Galego Cadete Mixto de waterpolo. Unha cita que disputarán o Pontevedra, o Santiago, o Coruña e o Marina de Ferrol. O gañador desta competición irá directo ao Campionato Nacional.
  • A seguridade en Sanxenxo, prioridade para o alcalde e a Subdelegada
    SANXENXO> A xunta local de seguridade reuniuse esta mañá en Sanxenxo. Subdelegada do goberno, alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local mantiveron un encontro para analizar a situación e as necesidades do municipio de cara o verán. Non en van, Sanxenxo multiplica por seis a súa poboación no verán, converténdose nun punto de atención prioritaria. A seguridade é unha prioridade para Sanxenxo. Tras vinte días na alcaldía, Telmo Martín convocou esta mañá a Xunta Local de Seguridade. Un encontro ao que asistiron a subdelegada do goberno, o alcalde da vila e representantes da Garda Civil, da Policía Autonómica e da Policía Local. No verán a vila multiplica por seis a súa poboación, un feito que a converte nun foco de atención para a Subdelegación do Goberno que, de ser necesario, non desbota incrementar os efectivos na zona. A Garda Civil traballa de xeito coordinado coa Policía Local, que a día de hoxe conta con 49 efectivos que garantirán a seguridade dos visitantes. Principalmente, en dous eidos: regular o tráfico e a movida nocturna. Esta reunión prodúcese despois de que Martín mantivera onte encontros cos propietarios de todos os locais do porto deportivo, para intercambiar opinións sobre os problemas de seguridade que se teñen producido nos últimos tempos. Ambas partes coinciden en que a movida forma parte da oferta do destino, polo que ven necesario garantir que sexa de calidade e en orde.
  • A Garda Civil reúne 2.000 litros de leite para o Banco de Alimentos
    PONTEVEDRA> "Ningún neno sen bigote". Esta é a determinación da Garda Civil de Pontevedra. A comandancia presentou esta mañá os máis de 2.000 litros de leite que conseguiron xuntar na campaña que puxeron en marcha, para garantir que os cativos das familias máis desfavorecidas teñan alimento tamén durante o verán. Na Comandancia de Pontevedra, a Garda Civil presumía hoxe dos resultados da súa campaña "Ningún neno sen bigote". Con 2.000 litros de leite conseguidos, axudarán a que os cativos das familias máis desfavorecidas teñan unha alimentación equilibrada tamén no verán, cando pechan os comedores escolares. A Benemérita decidiu sumarse á campaña organizada a nivel nacional pola Fundación La Caixa. Sumando unha tarefa máis, e moito máis gratificante, aos seus labores. Comercios, supermercados, particulares e incluso protectoras de animais colaboraron nesta campaña. Tamén os centros escolares. Non en van, os axentes aproveitaron en moitas ocasións as charlas que imparten aos nenos nos colexios para dar a coñecer a iniciativa. O leite foi entregado ao Banco de Alimentos, que se encargará agora de repartilo entre as familias máis necesitadas. Unha axuda que agradeceron ao Instituto Armado. Esta achega axudará á organización a manter o seu stock deste alimento, tamén no verán.
HomePONTEVEDRAA ponte de maio deixa un 77,15% de ocupación nas Rías Baixas Top of Page

Síguenos en facebook