• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A gastronomía do camiño aterra no Mercado de Pontevedra

Mai 05 Escrito por 
Pontevedra> O Mercado de Pontevedra acolleu esta mañá a campaña “Degusta Europa, a gastronomía no Camiño”. Unha iniciativa que ten como fin potenciar os mercados da provincia. A vindeira semana as paradas serán no Grove e en Arcade.
Fritos do camiño con salsa mariñeira, arroz caldos de mariscos, ensalada de xarda mariñada ou batido verde do Mercado son algúns dos pratos que hoxe puidemos degustar no Mercado de Abastos de Pontevedra grazas a iniciativa “Degusta Europa, a gastronomía no Camiño”. Unha actividade que lanzan dende a Deputación de Pontevedra e que ten como fin potenciar os mercados dos concellos da provincia. Unha actividade centrada nos pratos do camiño portugués e realizada polos alumnos do centro Carlos Oroza. Os máis pequenos que visitaron esta maña o mercado estaban encantados coa oferta que alí se atoparon. E dende o concello tamén apoian todo este tipo de iniciativas que potencien o mercado da cidade. A vindeira parada deste Degusta Europa será o xoves día 11 no Grove e o venres 12 en Arcade.
Etiquetado como Pontevedra    Gastronomía    degusta europa    Mercado   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Festa do Mar, a polo selo de Interese Turístico na 17ª edición
    POIO> A Festa do Mar sopra xa dezasete velas. A cita volve un ano máis coa súa aposta, que mestura gastronomía, tradición e música para todos os públicos. Esta edición, ademais, o concello de Poio intentará obter o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. A mellor gastronomía e os mellores produtos do mar volverán darse a man no concello de Poio. A Festa do Mar cumpre a súa décimo sétima edición cun obxectivo en mente: conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta edición celebrarase entre o mércores 23 e o domingo 27 de agosto. Durante estes días, Combarro será o centro de actividades, cun programa no que destaca o concerto de David Civera o día da inauguración na praza da Chousa. O 24 será a quenda do Festifolk, que o 25 dará paso a unha das citas máis agardadas, o Festival Armadiña Rock cos Herdeiros da Crus. O orzamento será semellante ao de anos anteriores: 200 mil euros. Este ano os stands gastronómicos saíron a concurso público, aínda que o concello resérvase dous que servirán ameixas e mexillóns da ría. Tamén se repetirá a concentración de embarcacións tradicionais, á que asistirán preto de 30 barcos.
  • A Illa exalta os tesouros gastronómicos da Ría de Arousa
    Continúa na Illa de Arousa a Festas Gastronómica dos produtos do Mar que se celebra desde o pasado venres e ata o próximo día 20. Esta mañá, coincidindo coa ponte festiva, a asistencia todo un éxito. Polbo, navallas, nécoras, camaróns ou mexillóns son só algúns dos tesouros gastronómicos que se puideron degustar. Un menú moi amplo… Un entorno envidiable. E Prezos asequibles… A Festa gastronómica dos Produtos do Mar, organizada polo Club Céltiga, está a celebrar a súa edición número catorce cunha gran afluencia. O do Cantiño, na Illa de Arousa, converteuse desde o pasado venres no comedor máis visitado da comarca. Milleiros de persoas achéganse aquí para degusta e algúns, descubrir, a calidade dos produtos do noso mar. Esta mañá, plena ponte festiva, o panorama non ía ser menos. A previsión dos organizadores, dos 30.000 visitantes en total, quédase curta . Os días festivos axudan, pero o verdadeiro motivo do éxito desta festa, son eles e elas. Os tesouros que acolle a nosa ría de Arousa. Quen estea salivando nestes momentos, está a tempo de degustar os produtos tamén mañá, día festivo achegándose ó paseo do Cantiño na Illa de Arousa. Ou senón, a festa volve abrir a próxima fin de semana, sábado e domingo, cando se poña o punto e final a esta cita gastronómica.
  • Pontevedra está de festa!!!
    Pontevedra> Na fin de semana tivo lugar o pistoletazo de saída das Festas da Peregrina en Pontevedra. A empresaria Conchi Pereiro foi a encargada de ler o pregón que deu pe a esta Semana Grande. Na súa intervención defendeu o modelo de cidade da Boa Vila, e tamén reivindicou o papel da muller na sociedade actual.
  • O Princesa de Asturias de Piragua rematará na Ponte do Burgo en Pontevedra
    SANXENXO> A 40ª edición do Trofeo Princesa de Asturias volve, o 15 de agosto, por segundo ano consecutivo a Portonovo, dende onde se organiza. Este ano os protagonistas serán Sanxenxo e Combarro (concello de Poio) dende onde saíran as diferentes categorías de xeito simultáneo, para rematar a proba na Ponte do Burgo en Pontevedra.
  • Do 12 ao 20 de agosto Meleira chega a Pontevedra
    Pontevedra> Do 12 ao 20 de agosto, coincidindo coa súa Semana Grande , Pontevedra acollerá a vixésimo sétima edición da Meleira, Feira do Mel. Unha cita que contará coa presenza de 6 apicultores, 1 filloeira, 1 posto de queixo e outro de cervexa artesán. Un evento onde haberá moitas charlas e obradoiros e onde a actualidade da vespa velutina estará moi presente.
  • O concello actuará en dúas novas rúas de Santa María
    PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra actuará en dúas novas rúas do entorno de Santa María. O goberno local xa traballa en varios puntos desta zona do casco histórico, pero hoxe anunciou que acometerá a reforma integral das rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez. A actuación contará cun investimento duns 150.000 euros. O concello de Pontevedra avanza na rehabilitación do entorno de Santa María, no caso histórico da cidade. Gulías visitou as obras que se están a realizar nas rúas Pratería Vella e Tristán Montenegro, financiadas con cargo ao ARI. Dende o concello están máis que satisfeitos cos resultados. Trala visita, a edil anunciou que está previsto rehabilitar dúas rúas máis do entorno de Santa María. Actuacións que contarán cun investimento total de 150.000 euros. Unha das novidades que se aplicou na reforma da rúa Praterías atópase no pavimento. Por primeira vez, o concello utilizou a pedra plana no centro e a chapacuña nos laterais, para evitar posibles problemas de accesibilidade. Non descartan aplicar esta fórmula noutras zonas.
HomePONTEVEDRAA gastronomía do camiño aterra no Mercado de Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook