09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Uxía e Isabel Risco inauguran as visitas cruzadas no Museo

Mai 08 Escrito por 
Pontevedra> O mes de maio trae moitas actividades culturais a Boa Vila, entre as Visitas Cruzadas do Museo de Pontevedra. Un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que ten como fin amosar a arte deste edificio dende outro punto de vista. As protagonistas desta primeira edición foron Uxía e Isabel Risco.
Uxía e Isabel Risco fixoron visitas moi amenas e diferentes. As artistas desta xornada cualificaron de experiencia única a vivida o domingo 7 de maio no Museo de Pontevedra. Entre os espectadores estaba o deputado da área de Cultura da Deputación, quen considerou espectacular que esta primeira experiencia das visitas cruzadas. E o público que asistiu a esta primeira visita cruzada amosouse encantado. O que máis lles gustou foi a mestura entre a arte, a música e o humor. Os domingos de maio teñen por diante moitas máis visitas, a vindeira será este domingo día 14 ás 12:00 da mañá. Os protagonistas da xornada serán Manuel Gago e Jorge Coira. Esta orixinal visita é de balde o único que teñen que facer e inscribirse en gabinetedidactico.museo@depo.es.
Etiquetado como museo de pontevedra    sexto edificio    Deputación de Pontevedra    uxia    isabel risco   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • As Rías Baixas contaron cunha ocupación media do 50% na Ponte da Constitución
    Pontevedra> As Rías Baixas contaron cunha ocupación do 50 por cento na ponte da Constitución. Uns datos que se sitúan por debaixo do estimado. A cicloxénese explosiva Ana tivo a súa repercusión neste resultado. O Turismo rural acadou unha ocupación media do 35,14 por cento, 25 puntos máis que no mesmo período do 2016.
  • A Deputación aproba os seus orzamentos para o 2018
    Pontevedra> O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe os orzamentos para o ano 2018. 14 votos a favor, 12 en contra e unha abstención permitiron darlle o visto bo a estas contas. 156,9 millóns de euros é a cifra exacta destes orzamentos. Dende o Goberno consideran que se trata dun gran orzamento para a provincia mentres que dende as filas populares din que por primeira vez con máis cartos se fai menos por Pontevedra.
  • A obra de Jorge Castillo aterrará este xoves no Museo de Pontevedra
    Pontevedra> Esta mañá presentaron, no Sexto Edifico do Museo de Pontevedra, a exposición “A visión dunha obra” de Jorge Castillo. Unha mostra que poderán visitar dende o 30 de novembro ata o 28 de xaneiro. Tanto o director do Museo como o deputado da área de Cultura consideran que é un orgullo contar con esta exposición, onde poderemos ver máis de 100 traballos dun dos artistas con máis percorrido internacional da nosa comunidade.
  • Silva e Lores piden máis exactitude na comarcalización que anuncian dende a Xunta
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación e alcalde de Pontevedra falaron esta mañá, unha vez máis, sobre a comarcalización dos parque de bombeiros en Galicia. A presidenta volveu a repetir que non ía a falar de investimentos nesta materia ata que teña diante o proxecto que a Xunta quere levar a cabo. O alcalde, pola súa banda, dixo que están abertos a este proceso sempre e cando non vaia en detrimento do servizo que se presta na cidade nin supoña cartos para o concello.
  • Carlos Conde e Send2Me Last Mile foron os gañadores dos Premios Xove Empresario do Ano
    Pontevedra> Carlos Conde e Send2Me Last Mile foron os gañadores da vixésimo segunda edición dos Premios Xove Empresario do Ano. Uns galardóns que anualmente entregan dende AJE Pontevedra co fin de recoñecer iniciativas que fomentan a cultura emprendedora e a innovación nas pequenas e medianas empresas.
  • O pleno da Deputación aproba o contrato para a conservación de estradas provinciais
    Pontevedra> Pleno ordinario na Deputación. Unha cita onde tomaron posesión do seu cargo os catro novos deputados do PP que estarán nas bancadas populares ata o remate da lexistatura. Sobre a mesa, o expediente para a contratación do Servizo de Conservación da Rede Viaria provincial, un contrato que o PP cualifica como a maior privatización da historia no mantemento das estradas.
HomePONTEVEDRAUxía e Isabel Risco inauguran as visitas cruzadas no Museo Top of Page

Síguenos en facebook