• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O albariño proponse como unha alternativ ao chardonnay en EE.UU

Mai 10 Escrito por 
Pontevedra> Cinco prescriptoras estadounidenses iniciaron hoxe unha visita a Denominación de Orixe Rías Baixas. O obxectivo coñecer con maior profundidade os viños que se elaboran nas diferentes subzonas. Nesta visita deixaron claro que o albariño está en auxe nos Estados Unidos presentándose como unha alternativa ao chardonnay. REPOR Cinco prescriptoras estadounidesnses están estes días nas Rías Baixas para coñecer e facer un repaso polos caldos da Denominación de Orixe. Visitarán 8 bodegas e catarán diferentes viños. O obxectivo é que descrubran os matices e teñan máis coñecemento sobre viños das Rías Baixas. TOTAL Din que en Estados Unidos gusta moito o viño albariño, incluso a directora de promoción dos viños Rías Baixas en Estados Unidos nos dixo esta maña que un famoso crítico de viños dixo que o albariño é unha das principais alternativas ao chardonnay. TOTAL O perfil do consumidor de albariño en estados unidos é moi amplo, pero sobre todo xente nova. TOTAL Estados Unidos é o principal mercado exterior para os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, cun crecemento sostido. No 2016, o 38,55 por cento do viño exportado polas bodegas da denominación tivo como destino o país americano.
Etiquetado como Visita    prescriptoras    do    Rías Baixas    Viño    ee,uu   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Senado Mexicano convida ao concello para que presente o seu modelo de cidade
    Pontevedra> O secretario da Comisión de Desenvolvemento Urbano do Senado de México visitou hoxe o concello de Pontevedra. O fin deste encontro, co alcalde e a concelleira de Promoción da cidade, é o de concretar a axenda institucional da viaxe, que a comisión pontevedresa, realizará ao país azteca a finais de agosto.
  • Exportadores de EEUU reúnense con adegas de Rías Baixas
    PONTEVEDRA> As adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas continúan petando en portas estadounidenses. Esta mañá, a sé do consello regulador acolleu a primeira das dúas reunións de traballo que seis importadores norteamericanos manterán con 24 adegas inscritas. Trátase da primeira vez que se celebra esta iniciativa. Conquistar o mercado americano ou ampliar a súa presenza. Este é o obxectivo das 24 adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas que están a participar na iniciativa posta en marcha polo Consello Regulador. É a primeira vez que a Denominación de Orixe pon en marcha esta iniciativa, coa presenza de seis importadores de todo o territorio estadounidense. As reunións forman parte dunha misión inversa, durante a que poderán coñecer in situ as peculiaridades de Rías Baixas. Os importadores estiveron acompañados por Megan Pisani, da axencia Gregory White PR coa que se colabora no desenvolvemento do Plan de promoción do Consello Regulador en Estados Unidos. Segundo Pisani, esta actividade axuda a dar máis presenza aos Rías Baixas. Mínguez, pola súa banda, destacou o importante peso que Estados Unidos ten para as adegas e os caldos de Rías Baixas. Un mercado no que, asegurou, aínda queda moito percorrido.
  • Pablo Casado "agarda volver a vir a Pontevedra cando o PP gañe a alcadía"
    Pontevedra> O vicesecretario de comunicación do PP estivo hoxe de visita en Pontevedra. Pablo Casado destacou a boa oposición que está facendo Jacobo Moreira na Boa Vila, do que dixo, é o representante político que está dando resposta aos veciños da cidade. Casado agarda poder volver no 2019 para festexar a vitoria do PP na capital de provincia.
  • A ponte de maio deixa un 77,15% de ocupación nas Rías Baixas
    Pontevedra> A Ponte de Maio deixou un 77, 15 por cento de ocupación na provincia, 15 puntos máis que no mesmo período do pasado ano. Concellos como o do Grove superou o 80 por cento e Pontevedra o 90. Uns datos, que segundo a Presidenta da Deputación, son máis que positivos para as Rías Baixas.
  • Os bombeiros sorprenden aos máis pequenos da Escola Infantil da Xunta
    PontevedraL> A Escola Infantil da Delegación da Xunta, en Pontevedra, recibiu unha visita moi especial nesta xornada. Na quincena das profesións, os bombeiros de Pontevedra achegáronse ata as instalación deste centro cos seus vehículos e material antiincendios. O camión e os cascos dos bombeiros foi o que máis éxito tivo entre os pequenos de terceiro de Infantil.
  • A Ruta do Viño Rías Baixas recibíu máis de 100 mil visitas no 2016
    Pontevedra> Máis de 100 mil persoas visitaron ao longo do 2016 a Ruta do Viño Rías Baixas. Rexístrase así, un incremento do 15 por cento en relación ao 2015. Este primeiro balance, baseado nos datos do informe da Asociación de Cidades Españolas do Viño, foi presentado esta mañá polo presidente da Ruta do Viño e pola xerente desta entidade.
HomePONTEVEDRAO albariño proponse como unha alternativ ao chardonnay en EE.UU Top of Page

Síguenos en facebook