• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O mellor café de España servirase no recinto feiral do 11 ao 14

Mai 10 Escrito por 
Pontevedra> Do 11 ao 14 de maio o Recinto Feiral de Pontevedra acollerá o IV Festival de Cafés Especiais de España. Un evento que se dividirá en 5 disciplinas, barista, Latte Art, Brewers, Coffe Good Spirits e Cup Tasters. O campión, nas cinco modalidades, terá a oportunidade de representar a España nos Campionatos Mundiais que se celebrarán no mes de xuño en Budapest.
Do 11 ao 14 de maio 48 profesionais de Barista Latte Art, Brewers, Coffe in Good Spirits e Cup Tasters competirán no IV Festival de Cafés especiais SCA España. Un evento organizado polo Chapter Español da Asociación Europea de Cafés Especiais. O gañador nas 5 disciplinas terá a oportunidade de representar a España nos Campionatos Mundiais que se celebrarán en Budapest do 13 ao 15 de xuño. O alcalde de Pontevedra amosouse encantado de contar cun evento destas características. Dende a Deputación tamén quixeron amosar a importancia de que a cidade do Lérez acolla este campionato Nacional. E dende a organización dixéronnos esta mañá as claves que debe de ter un bo barista. L Xa o saben dende o 11 ao 14 de maio o Recinto Feiral de Pontevedra acollerá este evento ao que todo o mundo pode ter acceso, é de balde e alí poderemos degustar os mellores cafés feitos polos mellores profesionais.
Etiquetado como café    festival cafe especial    recinto feiral    Pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Duras críticas do PP ao Goberno Local pola falta de xestión no Servizo de Axuda ao Fogar
    Pontevedra> Este mércores, 18 de outubro, vence a prórroga do contrato asinado coa empresa Clece para o Servizo de Axuda no Fogar. Dende o PP denunciaron esta mañá este feito e dixeron que se trata dun exemplo máis de que o BNG non ten os deberes feitos en tempo e forma.
  • O PP presentará unha moción para revitalizar o mercado de Estribela
    Pontevedra> O PP de Pontevedra levará unha moción ao pleno co fin de recuperar a Praza de Abastos de Estribela. Dende as filas populares piden que en lugar de derrubar o mercado, se potencie a súa función. E pola súa banda dende o Goberno Local insisten que van a relizar o acordado e demandado polo consello parroquial, Demetrio Gómez dixo alto e claro que son os propios veciños os que queren un salón de actos neste espazo.
  • Dende a Deputación sinten unha "profunda desolación" polo que está acontecendo nos montes galegos
    Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Xornada de arte inclusiva na Casa Azul
    Pontevedra> A concellería de Benestar Social centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través de creadores locais. Co título de arte inclusivo, este proxecto ten como fin promocionar a inclusión social e a participación activa de persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade. Neste venres a xornada estivo centrada no estudo escultórico do voo dun paxaro en escaiola.
  • Marea moi atenta á ordenanza de renda social para apoiar as contas do 2018
    Pontevedra> Esta mañá dende o grupo de Marea fixeron balance das emendas aos orzamentos municipais pactadas no seu momento, e que permitiron dar luz verde a estas contas no concello. Luis Rei recoñeceu que neste camiño hai moitas luces e algunha sombra, a principal, a renda social municipal.
HomePONTEVEDRAO mellor café de España servirase no recinto feiral do 11 ao 14 Top of Page

Síguenos en facebook