09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Piden que se faga xustiza trala falsa violación á que acusaron aos seus fillos

Mai 10 Escrito por 
Pontevedra> Piden xustiza. As nais de tres mozos que foron denunciados por unha falsa violación en Monte Porreiro, Pontevedra, queren que a moza pague polos danos ocasionados. Os mozos tiveron que estar no calabozo e viviron momentos de moita tensión no último ano. Agora queren que a xustiza actúe.
Que se faga xustiza, iso é o que buscan as nais de tres mozos de 16,20 e 22 anos de Monte Porreiro que foron falsamente acusados de violación. En marzo deste ano estes mozos quedaron exculparon desta causa. Pero dende que comezou todo este proceso, a finais do 2016, estas familias viviron un auténtico calvario. Estas nais non entenden porque dalgún xeito os seus fillos teñen que estar fichados por nada. Por iso agora teñen claro que o que queren é que se faga xustiza, e que tanto a moza que denunciou como a súa nai paguen polos danos que ocasionaron a estas familias. Para isto xa presentaron unha denuncia no día de onte no xulgado de garda por denuncia falsa. TOTAL O que teñen claro estas nais é que van a loitar todo o que faga falta para que se faga xustiza.
Etiquetado como Denuncia    Pontevedra    Xulgados    Xustiza    falsa violacion   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
  • ASPACE celebra o seu III concurso de cociña
    Pontevedra> Esta mañá o restaurante Pepe Vieira acolleu a semifinal do concurso en Aspace cociñamos xuntos. Unha cita que ten como fin visibilizar as capacidades de todas as persoas con parálise cerebral. Nesta terceira edición participaron 9 usuarios coas súas familias ou persoal do centro. A filloa gañadora foi a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde.
HomePONTEVEDRAPiden que se faga xustiza trala falsa violación á que acusaron aos seus fillos Top of Page

Síguenos en facebook