• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Centos de escolares da provincia desfruta do Gatuxo en Afundación

Mai 10 Escrito por 
Pontevedra> Ao longo desta semana os escolares da provincia poderán desfrutar da obra Gatuxo. Un traballo de Magín Blanco que aterra en Afundación de Pontevedra ao longo de toda esta semana. Nesta obra os pequenos de 3-5 anos poderán atopar unha metáfora do crecemento dos pequenos a través do humor e a música.
Gatuxos é unha historia para todos os membros da familia, unha historia de crecemento, de nacemento. Unha historia que nace cando unha das protagonistas e autora deste traballo se queda embarazada de Manu. Unha historia que fala dos primeiros choros, da primeira risa, do leite de mamá... Unha historia que centos de escolares da provincia están desfrutando dende o martes e ata este venres na Fundación de Pontevedra. Se queren desfrutar destes Gatuxos poderán volver a facelo na Boa Vila. A cita será o sábado 27 de maio na Illa das Esculturas.... mentres agardamos a que chegue ese día... quedamos coa súa música.
Etiquetado como teatro escolartes    gatuxo    Música    Pontevedra    Afundación   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Ribeira vivirá unha noite de música amenizada por grupos locais
    RIBEIRA> Co obxectivo de dinamizar a hostalería da zona e promocionar o talento dos músicos locais, así como ofrecer unha alternativa de ocio á mocidade, as concellerías de Cultura e de Xuventude de Ribeira veñen de organizar a Noite Nova que se celebrará este sábado.
  • Máis de 1300 escolares participan nunha nova edición do Correlingua
    Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego.
  • O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional
    Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
  • Remata a rolda de reunións do Concello coas asociacións para a nova ordenanza de veladores
    Pontevedra> O concello de Pontevedra pecha a rolda de contactos para a nova ordenanza de veladores da cidade. As últimas reunión foron coa asociación Pedaladas e coa Federacións de veciños da Boa Vila. Agora dende Comisións Obreiras tamén solicitan que o concello manteña reunións cos sindicatos. O fin destes encontros sería regular os contratos na hostalería de haber unha posible ampliación de horarios das terrazas.
  • Jorge Coira e Manuel Gago sorprenden e emocionan nas súas visitas cruzadas
    Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago.
HomePONTEVEDRACentos de escolares da provincia desfruta do Gatuxo en Afundación Top of Page

Síguenos en facebook