• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O concello recibe a un Teucro que xa é da Liga Asobal

Mai 10 Escrito por 
Pontevedra> A corporación municipal recibíu hoxe ao Teucro na Casa das Campás. Un encontro que tivo lugar tralo ascenso a Liga Asobal deste club pontevedrés. Dende o concello dixeron que era unha honra ter un equipo de balonmán en primeira liña a nivel nacional. E dende o club aproveitaron a ocasión para pedir a máxima colaboración das administración na volta a división de horna.
Mañá de celebración na Casa das Campás. O alcalde, a concelleira de Deportes e os voceiros dos partidos da oposición recibían ao Teucro tralo seu ascenso a máxima Liga a nivel nacional do balonmán, a Liga Asobal. Un ascenso importante para a cidade de Pontevedra. O presidente do club non perdeu a oportunidade de pedir colaboración ás administracións públicas e as empresas privadas para conseguir o financiamento necesario que lles permita loitar na Liga Asobal, o obxectivo é chegar na vindeira tempada aos 2 mil socios do club. E o capitán do equipo dixo que farán todo o que estea nas súa mans para que os pontevedreses desfruten dun balonmán de primeira. Lores dixo que o balonmán estará moi presente nos vindeiros anos, co campionato infantil de cadetes no Nadal do 2018 ou o Mundial Junio no 2019, citas, todas elas que terán lugar en Pontevedra.
Etiquetado como Pontevedra    teucro    ascenso    asobal    liga balonman    Recepción   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Máis de 1300 escolares participan nunha nova edición do Correlingua
    Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego.
  • O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional
    Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
  • Remata a rolda de reunións do Concello coas asociacións para a nova ordenanza de veladores
    Pontevedra> O concello de Pontevedra pecha a rolda de contactos para a nova ordenanza de veladores da cidade. As últimas reunión foron coa asociación Pedaladas e coa Federacións de veciños da Boa Vila. Agora dende Comisións Obreiras tamén solicitan que o concello manteña reunións cos sindicatos. O fin destes encontros sería regular os contratos na hostalería de haber unha posible ampliación de horarios das terrazas.
  • Jorge Coira e Manuel Gago sorprenden e emocionan nas súas visitas cruzadas
    Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago.
  • O cine únese á celebración do XXV aniversario do Festival de Jazz e Blues
    Pontevedra> A vixésimo quinta edición do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra xa quenta motores e chega con novidades. A principal Notametraxes, un ciclo de cine vencellado co mundo do jazz que aterrará na Boa Vila todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O groso do festival, os concertos e citas en directo, desenvolverase do 21 ao 26 de xullo.
HomePONTEVEDRAO concello recibe a un Teucro que xa é da Liga Asobal Top of Page

Síguenos en facebook