• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Carmela Silva aposta por un servizo unificado de información ao turismo

Mai 11 Escrito por 
Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
A presidenta da Deputación criticou esta mañá a Nava Castro tras as as súas declaración sobre a unificación do servizo de información turística en Pontevedra entre a Deputación provincial e o concello. Carmela Silva cree que dende a Xunta non fixeron os deberes nesta materia e que dende o Pazo Provincial apostan por un espazo único de información ao turista. En relación á xunta de Goberno Silva informou que se aproba a adxudicación para a redacción do Plan estratético de turismo á empresa Valora Consultores.O importe deste proxecto é de 53 mil euros e deberá estar finalizado nun prazo de 5 meses. Unha xunta de Goberno que tamén dará luz verde á execución do campo de herba sintética en Meis, ás axudas ao deporte náutico e ao plan de cofinanciamento dos servizos sociais. Un plan ao que por primeira vez poderán ter acceso os concellos de menos de 20 mil habitantes e ao que a Deputación destina máis de 2 millóns de euros.
Etiquetado como carmela silva    Turismo    Críticas    Xunta de Galicia    Pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O turismo marítimo medra un 12% no mes de xullo
    Pontevedra>O presidente de Portos de Galicia fixo esta mañá balance das embarcacións que pasaron polas Rías Baixas no mes de xullo. Durán anunciou un aumento do 12 por cento nas Rías Baixas en relación ao pasado 2016. No ámbito de toda a provincia foron en torno a 1000 as embarcacións que pasaron por Pontevedra.
  • A Concentración de Motos de Sanxenxo terá lugar do 8 ao 10 de setembro
    SANXENXO> Este venres presentouse a XXXIII Edición da Concentración de Motos Internacional de Sanxenxo. Que se celebrará o segundo fin de semana de setembro, e que segundo sinalou o alcalde, reportará aos establecementos da vila máis de un millón de euros.
  • A Festa do Mar, a polo selo de Interese Turístico na 17ª edición
    POIO> A Festa do Mar sopra xa dezasete velas. A cita volve un ano máis coa súa aposta, que mestura gastronomía, tradición e música para todos os públicos. Esta edición, ademais, o concello de Poio intentará obter o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. A mellor gastronomía e os mellores produtos do mar volverán darse a man no concello de Poio. A Festa do Mar cumpre a súa décimo sétima edición cun obxectivo en mente: conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta edición celebrarase entre o mércores 23 e o domingo 27 de agosto. Durante estes días, Combarro será o centro de actividades, cun programa no que destaca o concerto de David Civera o día da inauguración na praza da Chousa. O 24 será a quenda do Festifolk, que o 25 dará paso a unha das citas máis agardadas, o Festival Armadiña Rock cos Herdeiros da Crus. O orzamento será semellante ao de anos anteriores: 200 mil euros. Este ano os stands gastronómicos saíron a concurso público, aínda que o concello resérvase dous que servirán ameixas e mexillóns da ría. Tamén se repetirá a concentración de embarcacións tradicionais, á que asistirán preto de 30 barcos.
  • Pontevedra está de festa!!!
    Pontevedra> Na fin de semana tivo lugar o pistoletazo de saída das Festas da Peregrina en Pontevedra. A empresaria Conchi Pereiro foi a encargada de ler o pregón que deu pe a esta Semana Grande. Na súa intervención defendeu o modelo de cidade da Boa Vila, e tamén reivindicou o papel da muller na sociedade actual.
  • A Deputación aposta polo turismo ornitolóxico
    Pontevedra> A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña de promoción do turismo ornitolóxico nas Rías Baixas e interior da provincia. Unha iniciativa que busca dar a coñecer espazos especializados cos que conta a nosa provincia e tamén sensibilizar á veciñanza sobre a necesidade de protexer este tipo de espazos. A presidenta da Deputación acompañada polo responsable en Galicia da Socidade Galega de Ornitoloxía, presentou esta mañá unha nova campaña de promoción do turismo ornitolóxico na provincia. Unha iniciativa que busca un dobre obxectivo. Unha campaña que se completa cun documental que se emitirá a finais deste ano en TVE, coas Rías Baixas e enclaves naturais do interior da provincia como protagonistas. Tales como o complexo intermareal Umia O Grove, o parque Nacional das Illas Atlánticas ou as marismas de Alba. Unha campaña moi importante que busca potenciar todo o que temos nas nosas terras. A presidenta da Deputación destacou a relevancia deste tipo de turismo que cada vez ten máis seguimento e supón unha alternativa de alta calidade, sostible e respectuosa co medio ambiente.
  • A xunta de persoal busca o apoio dos alcaldes na defensa do Hospital do Salnés
    VILAGARCÍA> A xunta de persoal do Hospital do Salnés busca o apoio dos concellos para defender a área sanitaria. Esta mañá, mantiveron un encontro cos representantes dos concellos de Vilagarcía, Cambados, A Illa e Ribadumia, para trazar unha fronte común contra o anteproxecto de lei sa Xunta. Consideran que dá un paso máis na privatización da sanidade pública, polo que responderán coa mobilización social. A xunta de persoal do Hospital do Salnés buscou alianza cos alcaldes da área sanitaria para defender o centro do anteproxecto de lei que quere levar adiante a Xunta. Unha proposta que, aseguran, é un paso máis na privatización da sanidade pública. A súa postura foi defendida tamén polos alcaldes. Ao encontro acudiron os rexedores de Vilagarcía, Cambados e A Illa de Arousa, ademais dunha edil do concello de Ribadumia. Catoira non puido asistir por problemas de axenda, o mesmo motivo co que desculpou a súa ausencia o alcalde de Vilanova. Un dos primeiros pasos, será elaborar unha moción conxunta para levar aos plenos de todos os concellos que forman parte da área sanitaria de O Salnés. Tamén apostan pola mobilización social. De feito, a xunta de persoal pon a disposición dos que o desexen un texto tipo para presentar suxestións. O vindeiro xoves a xunta de persoal manterá un encontro con concelleiros doutros grupos políticos e cos sindicatos. Tamén buscarán unha folla de ruta común coas áreas sanitarias de Monforte, Burela e O Barco, as outras afectadas polo anteproxecto.
HomePONTEVEDRACarmela Silva aposta por un servizo unificado de información ao turismo Top of Page

Síguenos en facebook