• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Alcalde..."teño unha pregunta para vostede"

Mai 11 Escrito por 
Pontevedra> Os alumnos de cuarto de primaria do colexio Vidal Portela, de Pontevedra, convertéronse en xornalistas por un día. O alcalde recibiunos na sala de prense e alí tivo que someterse a un cuestionario de preguntas que tiñan preparadas estes estudantes. Os orzamentos, os parques infantís ou os lombos foron algún dos temas que saíron a palestra. Nunha xornada onde a sala de prensa do concello se converteuse, por un día, no plató de tengo unha pregunta para usted.
Nin unha, nin dúas, os alumnos de cuarto de primaria do Colexio Vidal Portela tiña moitas preguntas para o alcalde. A primeira, moi ben formulada e centrada nos parques infantís da cidade... O alcalde falou da súa vida, dende a súa infancia ata as súas labores como rexedor en Pontevedra.. E a seguridade viaria tamén estivo moi presente... Moitas preguntas quedaron no tinteiro, estes alumnos... tiñan moitas cuestións que facerlle ao alcalde. Unha xornada onde a sala de prensa do concello se converteuse, por un día, no plató de tengo unha pregunta para usted.
Etiquetado como colexio vidal portela    Pontevedra    Alcalde    Recepción    concello    preguntas   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O edifico xudicial da Parda estará listo para finais do 2018
    Pontevedra> Para finais do 2018 estará listo o novo edificio xudicial da Parda. Unha instalación que entrará en funcionamento, tal e como confirmou o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, a comezos do 2019. Esta mañá tocou visita oficial para coñecer de primeira man o estado das obras, levan certo retraso, pero dende a empresa construtora comprometéronse a cumprir os prazos.
  • As Rutas do Viño achegan os seus encantos aos potenciais enoturistas
    PONTEVEDRA> A caravana do enoturismo chegou hoxe a Pontevedra. Durante todo o día, a praza de España acolleu a visita deste enotruck, que percorre as cidades galegas achegando a oferta turística das cinco rutas do viño da comunidade aos potenciais usuarios. Explicacións, catas e incluso un concerto, compoñen esta acción promocional. As Rutas do Viño Galegas, preparadas para sacar á rúa todos os seus encantos. Concentrando exemplos das súas propostas nun enotruck, levan unha semana percorrendo as principais cidades da comunidade. Hoxe, a parada foi en Pontevedra. As Rutas do Viño Rías Baixas, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras e Ribeiro demostraron o seu tirón, colgando o cartel de cheo nas catas que acolle o enotruck. E é que as catas son a actividade estrela desta acción promocional. Nelas, os participantes poden realizar unha viaxe polas diferentes Denominacións de Orixe a través dalgúns dos seus caldos. Sempre guiados pola sumiller Mercedes González. Esta actividade nace da iniciativa da marca paraugas Enoturismo en Galicia, que aúna as cinco Rutas do Viño. Tamén conta co apoio do Clúster de Turismo e de Turismo de Galicia, que decidiron optar pola proactividade para atraer potenciais enoturistas.
  • Traballadores de Elnosa protestan ante a sé de Marea Pontevedra
    PONTEVEDRA> A moción para pedir o peche de Elnosa non gustou aos traballadores da factoría. Esta mañá, representantes do comité de empresa trasladaron as súas protestas ata a sé de Marea Pontevedra na capital. Non entenden o posicionamento desta forza política, e aseguran que continuarán defendendo os seus postos de traballo. Tamén teñen xa data para a reunión coa dirección da empresa: o encontro será o vindeiro día 26. A moción de Marea Pontevedra para pedir o peche de Elnosa no pleno de Pontevedra, tivo resposta na súa sé. Ao mesmo tempo que arrincaba a sesión, os traballadores concentrábanse ás súas portas. Non entenden, aseguran, o cambio de postura da formación. Botan de menos máis diálogo cos partidos políticos. O pasado mércores concentráronse diante das portas do Parlamento Galego, onde tamén se debatía unha moción contra a continuidade da cloreira en Lourizán. ‘BNG e Marea Pontevedra traicionan a clase obreira’ é o texto da pancarta que hoxe levaban ás portas da sé da formación. Para eles, unha realidade que hai que denunciar. Dende o comité de empresa agardan ter máis diálogo coa dirección de Elnosa. O vindeiro 26 de setembro manterán un encontro para coñecer a situación dos diferentes trámites que se están a realizar, apurando os tempos para que a partires do 11 de decembro non teñan que abandonar Lourizán.
  • O pleno apoia a marcha de Elnosa da ría
    PONTEVEDRA> Elnosa volveu ao pleno do concello de Pontevedra. Na sesión desta mañá, Marea Pontevedra conseguiu o apoio para a súa moción, na que solicitaba o peche da fábrica no mes de decembro. BNG, PSOE, Ciudadanos e Marea votaron a favor da proposta, que só contou coa oposición do Partido Popular. O pleno de Pontevedra dixo sí a solicitar o peche da fábrica de Elnosa en decembro. Fíxoo cos votos a favor dos edís de Marea Pontevedra, que levaron a proposta á sesión, BNG, PSOE e Ciduadanos. Para Marea, a intención de Elnosa é conseguir unha moratoria de Costas, lograr a Autorización Ambiental Integrada da xunta de Galicia e mudar a tecnoloxía, tal e como demanda a Unión Europea, que obriga a finalizar a produción de cloro empregando mercurio. Para PSOE e Ciudadanos, Elnosa coñecía a situación dende hai anos, e evitou corrixila. O Partido Popular, pola súa banda, recorreu á legalidade para defender a súa postura en contra de solicitar o peche de Elnosa. Segundo Jacobo Moreira, se a factoría cumpre a norma, non se pode pedir que cese a actividade. Pola súa banda, Carme da Silva foi taxante nesta cuestión, e asegurou que o goberno local usará todas as ferramentas ao seu alcance para evitar que Elnosa continúe na ría de Pontevedra. Outras mocións que contaron co apoio de todos os edís, coa excepción dos do Partido Popular, foron as que reclaman a recuperación do Pazo de Meirás.
  • O alcalde de Ribeira intenta acelerar a posta en marcha do cuarto xulgado
    RIBEIRA> Os datos presentados na memoria anual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deixaron patente a sobrecarga de traballo que se dá nos xulgados ribeirenses. Hai varios meses durante a visita que realizaba ó xulgado ribeirense o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, este mesmo se pronunciaba ó respecto da necesidade dun cuarto xulgado. Segundo el todo dependería do grao de traballo no momento en que se coñecese o número de novas sedes xudiciais correspondentes a Galicia. Unha posibilidade que agora, ó coñecerse a memoria anual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, volve a cobrar forza. É máis o rexedor ribeirense xa se puxo mans á obra para intentar acelerar a súa posta en marcha.
  • A Festa da Ameixa de Campelo cumpre 30 anos
    POIO> Campelo volve estar de festa esta fin de semana. A parroquia acolle a súa Festa da Ameixa, que este ano cumpre tres décadas de historia. A organización agarda superar os 560 quilos de ameixa vendida o ano pasado. Sempre presumindo, ademais, de produto da ría e mercado na lonxa de Campelo. A ameixa será o produto protagonista esta fin de semana en Campelo. A parroquia celebra a súa festa dedicada a exaltación deste molusco, que será o ingrediente estrela de todos os pratos que se vendan na carpa gastronómica da praza de A Granxa. Sempre a prezos populares. O ano pasado, vendéronse 560 quilos de ameixa. A organización agarda superar esta cifra, grazas en gran medida ás melloras que se incluíron, por exemplo, no dispositivo de tráfico que xa se puxo en marcha durante o Festival da Ameixa a fin de semana pasada: habilitar mil prazas de aparcadoiro e prohibir o paso dos vehículos no entorno da praza. Precisamente a calidade do produto que sirven é o seu principal reclamo. A ameixa é da ría de Pontevedra, mercada na lonxa de Campelo. Produto de proximidade 100%. A cita gastronómica será o sábado e o domingo, pero a festa xa arrinca o venres. Farao cunha homenaxe aos mariscadores recentemente xubilados, e coa inauguración dunha exposición fotográfica. Para conmemorar estes 30 anos de festa, o concello de Poio preparou camisetas especiais que se repartirán entre as 50 primeiras comandas que se merquen na carpa o sábado e o domingo. O sábado pola noite unha tirada de fogos de artificio dende o peirao de Campelo celebrarán estas tres décadas de historia.
HomePONTEVEDRAAlcalde..."teño unha pregunta para vostede" Top of Page

Síguenos en facebook