09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Pablo Casado "agarda volver a vir a Pontevedra cando o PP gañe a alcadía"

Mai 12 Escrito por 
Pontevedra> O vicesecretario de comunicación do PP estivo hoxe de visita en Pontevedra. Pablo Casado destacou a boa oposición que está facendo Jacobo Moreira na Boa Vila, do que dixo, é o representante político que está dando resposta aos veciños da cidade. Casado agarda poder volver no 2019 para festexar a vitoria do PP na capital de provincia.
Comezou a súa visita no Mercado de Abastos. Alí Pablo Casado interesouse polos peixes e polas carnes galegas, logo seguiu o seu percorrido pola zona vella da Boa Vila, parouse para coñecer máis sobre a historia de Valle Inclán, seguiu a súa andaina e na Praza de España atendeu aos medios. Alí dixo que xa viñera moitas veces por Pontevedra, unha cidade que podería das moito máis de si se fose gobernada polo PP. Casado destacou a labor que Jacobo Moreira está desenvolvendo na oposición. O vicesecretario dixo que agarda poder volver no 2019 para festexar unha victoria do PP en Pontevedra. Casado dixo que será o dirección autonómica a que decida se finalmente será Jacobo Moreira o candidato do PP en Pontevedra no 2019. O que teñen claro dende o PP é que a Boa Vila é unha cidade importante para o seu partido, xa que se trata da cidade do Presidente do goberno español e é a capital de provincia á que Feijóo tamén está moi unida.
Etiquetado como Pontevedra    Visita    pablo casado    PP    pp de pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • O PP denuncia o peche prolongado do Museo Valle-Inclán
    POBRA> O PP da Pobra denuncia que o museo Valle Inclán leva pechado dende comezos de mes. Instan ó goberno local a cubrir a baixa do director e cubrir a praza de auxiliar que xa se convocou no verán.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
HomePONTEVEDRAPablo Casado "agarda volver a vir a Pontevedra cando o PP gañe a alcadía" Top of Page

Síguenos en facebook