• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Dous canteiros pontevedreses traballarán nas obras de restauración do Capitolio

Mai 15 Escrito por 
Pontevedra> Dous artistas formados na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra traballarán dende o mes de xuño nas obras de restauración do Capitolio. Os canteiros Manuel Rial e Francisco Castro traballarán durante 3 anos na capital dos Estados Unidos nas obras de restauración deste emblemático edificio.
A presidenta da Deputación recibiu esta mañá os canteiros que traballarán nos vindeiros tres anos na restauración do Capitolio en Whashington. Silva quixo amosar o seu orgullo e o da Deputación por esta noticia que cualificou de fito e que ven a ser unha mostra da calidade da formación que se ofrece na Escola de Cantería. Orgullo para a Deputación e orgullo tamén para estes artistas que amosarán os seus coñecementos durante tres anos na capital dos Estados Unidos. Manuel Rial e Francisco Castro teñen previsto incorporarse ás obras de restauración do Capitolio o vindeiro 1 de xuño onde levarán a cabo a restauración da ornamentación de pezas en mármore, pedra caliza e granito do Capitolio e das construcións colindantes.
Etiquetado como escola canteria    Pontevedra    Deputación de Pontevedra    canteiros    eeuu   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Máis de 1300 escolares participan nunha nova edición do Correlingua
    Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego.
  • O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional
    Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
  • A Rolda Leste xa están en licitación
    Pontevedra> O proxecto da rolda leste en Pontevedra xa está en proceso de licitación na Deputación provincial. O concello deu a aprobación a estes traballos que finalmente terá un custe total de 3 millón 112 mil euros. Cesar Mosquera agarda poder comezar estas obras antes de que remate o ano.
  • Remata a rolda de reunións do Concello coas asociacións para a nova ordenanza de veladores
    Pontevedra> O concello de Pontevedra pecha a rolda de contactos para a nova ordenanza de veladores da cidade. As últimas reunión foron coa asociación Pedaladas e coa Federacións de veciños da Boa Vila. Agora dende Comisións Obreiras tamén solicitan que o concello manteña reunións cos sindicatos. O fin destes encontros sería regular os contratos na hostalería de haber unha posible ampliación de horarios das terrazas.
  • Jorge Coira e Manuel Gago sorprenden e emocionan nas súas visitas cruzadas
    Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago.
HomePONTEVEDRADous canteiros pontevedreses traballarán nas obras de restauración do Capitolio Top of Page

Síguenos en facebook