• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O cine únese á celebración do XXV aniversario do Festival de Jazz e Blues

Mai 15 Escrito por 
Pontevedra> A vixésimo quinta edición do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra xa quenta motores e chega con novidades. A principal Notametraxes, un ciclo de cine vencellado co mundo do jazz que aterrará na Boa Vila todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O groso do festival, os concertos e citas en directo, desenvolverase do 21 ao 26 de xullo.
25 anos téñense que celebrar por todo o alto e así o será. O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chega con novidades neste 2017. A primeira o Notamoetraxes, un ciclo de cine vencellado co jazz e o blues que se desenvolverá todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. A entrada será de balde, como todo o relacionado co festival, e na carteleira contarán con Ascensor para o cadafalso, The soul of man, Arredor da medianoite e tamén contarán cun apartado especial onde dende o Seminario Permanente de Jazz musicarán en directo a Joris Ivens. No toncante ao groso do festival estará o 21 de xullo Miguel Lamas Quartet, o 23 Santi Quintáns European Quartet, o 24 Cory Henry and the funk apostles, o 25 DeRobert and The Half-Truths e o día 26 para pechar este evento estará Gregory Porter. Neste 25 aniversario do festival a web estará moito máis coidada e en www.jazzpontevedra.com poderán coñecer máis sobre a historia deste festival, facer un percorrido pola súa cartelería, programación e atopar toda a información necesaria deste evento.
Etiquetado como Pontevedra    notametraxes    ciclo cine    festival de jazz e blues   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • 101 anos de traballo e de vida
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra entregoulle esta mañá un ramo de flores a Manuela Pazos, unha veciña da cidade que hoxe cumpre 101 anos. Ten 5 netos, 3 bisnetos e, nun mes, terá o seu primeiro tataraneto. Manuela di que o seu desexo, no seu día de aniversario, é poder ver e vivir nun mundo mellor.
  • O mellor waterpolo galego darase cita esta fin de semana en Pontevedra
    Pontevedra> O sábado 24 de xuño, as piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, acollerá o campionato Galego Cadete Mixto de waterpolo. Unha cita que disputarán o Pontevedra, o Santiago, o Coruña e o Marina de Ferrol. O gañador desta competición irá directo ao Campionato Nacional.
  • A Garda Civil reúne 2.000 litros de leite para o Banco de Alimentos
    PONTEVEDRA> "Ningún neno sen bigote". Esta é a determinación da Garda Civil de Pontevedra. A comandancia presentou esta mañá os máis de 2.000 litros de leite que conseguiron xuntar na campaña que puxeron en marcha, para garantir que os cativos das familias máis desfavorecidas teñan alimento tamén durante o verán. Na Comandancia de Pontevedra, a Garda Civil presumía hoxe dos resultados da súa campaña "Ningún neno sen bigote". Con 2.000 litros de leite conseguidos, axudarán a que os cativos das familias máis desfavorecidas teñan unha alimentación equilibrada tamén no verán, cando pechan os comedores escolares. A Benemérita decidiu sumarse á campaña organizada a nivel nacional pola Fundación La Caixa. Sumando unha tarefa máis, e moito máis gratificante, aos seus labores. Comercios, supermercados, particulares e incluso protectoras de animais colaboraron nesta campaña. Tamén os centros escolares. Non en van, os axentes aproveitaron en moitas ocasións as charlas que imparten aos nenos nos colexios para dar a coñecer a iniciativa. O leite foi entregado ao Banco de Alimentos, que se encargará agora de repartilo entre as familias máis necesitadas. Unha axuda que agradeceron ao Instituto Armado. Esta achega axudará á organización a manter o seu stock deste alimento, tamén no verán.
  • A recadación da 'Ponle Freno' destinarase a Pedaladas
    PONTEVEDRA> A Carreira Ponle Freno chega a Pontevedra. A cita, organizada polo Grupo Atresmedia, celebrarase o 1 de xullo, e busca promover a seguridade viaria. A recadación destinarase íntegramente á Asociación Pedaladas, para seguir adiante co proxecto “Ao INSTIen BICI”, para potenciar a educación viaria nos escolares. Pontevedra será o escenario da segunda carreira Ponle Freno. A cita naceu en Madrid no ano 2008 da man do Grupo Atresmedia, para concienciar da seguridade viaria. Dende hai dous anos percorre diferentes zonas de todo o Estado. A cita celebrarase o 1 de xullo, saíndo da praza de España ás 21.30. O percorrido será maioritariamente urbano, buscando que participe o maior número de corredores. As inscricións estarán abertas ata o 28 de xuño, a escoller entre dúas modalidades: 5 euros para os que opten polo percorrido de 5 quilómetros, e 10 para os que se animen co trazado de 10. O recadado destinarase íntegro á Asociación Pedaladas, para seguir adiante co seu programa “Ao INSTIenBICI”. A proba vén substituír á PonteNoite 5+5 no Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, sendo a quinta puntuable.
  • As obras de saneamento do Gafos arrincarán o vindeiro luns
    PONTEVEDRA> Xa hai data para o inicio das obras de saneamento do río Gafos. Os traballos comezarán o vindeiro luns 19 de xuño, segundo explicou o propio alcalde de Pontevedra despois dun encontró con representantes da asociación Vaipolorío. O proxecto conta cun orzamento de máis de 830.000 euros. O vindeiro luns 19 de xuño arrincarán as obras de saneamento do río do Gafos. O alcalde de Pontevedra fixo o anuncio tras un encontro con representantes da asociación de Vaipolorío, destacando a importancia desta actuación. O proxecto conta cun orzamento de máis de 830.000 euros, e inclúese nos convenios por saneamento asinados coa Deputación de Pontevedra. En concreto, instalaranse máis de 3.300 metros lineais de tubaxe, e actuarase nun total de 129 pozos. Todo cun prazo de execución de 9 meses. Dende Vaipolorío apuntaron que, aínda que se actúe no termo municipal de Pontevedra, tamén sería preciso intervir no de Vilaboa, completando o saneamento con máis actuacións río arriba.
  • A Deputación lanza unha campaña contra o acoso sexual
    PONTEVEDRA> O Atlantic Fest será un dos escenarios da nova iniciativa da Deputación Provincial. A institución quere concienciar contra o acoso sexual, cunha campaña que levará a todos os festivais amparados baixo a marca Rías Baixas Fest. Co lema “Lembra! Eu decido, ti respectas”, pon o acento sobre a violencia sexual que sofren as mulleres. Cada oito horas prodúcese unha agresión sexual. Son tres mulleres violadas a diario. Estes son datos do Ministerio do Interior, e unha cifra que a Deputación de Pontevedra quere combater. Hoxe, a institución presentou a súa campaña de concienciación contra o acoso sexual. Baixo o lema “Lembra! Eu decido, ti respectas” a campaña estrearase en todos os festivais que ampara a marca Rías Baixas Fest. Nos recintos haberá un postos de información móbil. Alí tamén terán merchandising, como gorros de palla e pegatinas. A Deputación tamén editou 20.000 folletos a modo de guía de peto. 10.000 diríxense a potenciais agresores, buscando combater mitos e dándolles instrumentos para identificar comportamentos que poden ser constitutivos de delitos. Os outros 10.000 destínanse as mulleres, con oito consellos que buscan previr dous tipos de violencia sexual: a agresión en cita, cando o agresor é un amigo ou coñecido, e a submisión química, cando hai tóxicos que anulan a vontade. Esta campaña de prevención e educación diríxese principalmente aos adolescentes, por iso arrincará nos festivais, pero a intención da Deputación é que chegue aos centros educativos co vindeiro curso escolar.
HomePONTEVEDRAO cine únese á celebración do XXV aniversario do Festival de Jazz e Blues Top of Page

Síguenos en facebook