• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O PPdeG critica a xestión de Carmela Silva ao fronte da Deputación

Mai 16 Escrito por 
Pontevedra> Dende o PP Galego criticaron, unha vez máis, a xestión que na Deputación está levando o goberno bipartito, especialmente a de Carmela Silva. Os populares cren que a presidenta se debería centrar na execución dos orzamentos provinciais e en activar as obras paralizadas nos últimos meses.
Dende as filas do PP de Galicia criticaron esta mañá a xestión de Carmela Silva ao fronte da Deputación. Os populares consideran moi grave que a presidenta non reciba a moitos alcaldes da provincia, alcaldes, que dixeron, están preocupados pola parálise política na que se atopa a deputación. Dende o PP cren que chegou o momento de deixar de crear campañas e de dar explicación, e que o primeiro que tería que explicar a presidenta é o grao de execución orzamentaria que levan executado neste primeiro semestre do 2017. Dende o PP consideran que a parálise nas obras da provincia é algo evidente e que, polo tanto, o Goberno de Silva debe dar explicacións e poñerse a traballar polo ben da provincia.
Etiquetado como PP de Galicia    criticas presidenta deputacion    carmela silva   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Deputación e o concello de O Grove suman forzas para a Festa do Marisco
    O GROVE> O Concello do Grove e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas institucións para a celebración da Festa do Marisco do municipio meco. Para esta edición número 54, que terá lugar do 5 ó 15 de outubro, a entidade que preside Carmela Silva cubrirá con 6.000 euros diversas das actividades do programa festivo. A política convirte o desexo das cidadáns en realidade. Foi a cita coa que comezou a súa comparecencia a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, durante a sinatura do convenio de colaboración co concello do Grove para impulsar económicamente a Festa do marisco do Grove. Dez días durará a edición 54 desta festa. UNha cita, que tal e como destacou esta mañá durante a sinatura do convenio co concello, a presidenta da Deputación de Pontevedra, é a festa do marisco de Pontevedra, de Galicia e de toda España. Unha Festa de Interese turístico Nacional, que segundo Silva, debería obter xa o nomeamento de Internacional. Este ano a Festa do Marisco celebraráse do 5 ó 15 de outubro, e as diversas actividades culturais que envolverán a cita gastronómica, contarán cunha aportación económica de 6.000 euros por parte da Deputación, Algo que esta mañá agradeceron desde o concello. Acompañados tamén polo Deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, e a concelleira de Turismo do Grove. Emma Torres, o alcalde e a presidenta asinaron o convenio dunha festa, na que tal e como acontece cada ano, se incopora un novo produto á exaltación, e neste 2017 o elixido é o choco.
  • O Grove inaugurou a réplica da súa Moeda Xacobea
    O alcalde do Grove facía estes anuncios esta mañá durante a inauguración da escultura coa réplica da Moeda Xacobea atopada na Parroquia de San Vicente. Un acto que congregou a numerosos veciños e que contou coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva. Nos anos 80, cando comezaron as escavacións do Adro Vello da parroquia de San Vicente de O Grove, apareceu unha moeda cun reverso no que se acuña a translación do Apóstolo Santiago. O achado foi de tal relevancia, xa que é a testemuña histórica máis antiga que existe do traslado dos restos do Apóstolo desde Palestina ata Iria Flavia, que se decidiu fabricar a escultura a escala, para presidir o atrio da Igrexa, coa colaboración da Deputación. A moeda orixinal está feita pola fábrica de moedas compostelá, e acuñada no século XII, durante o reinado de Fernando de León. A escultura da réplica, deseño dun alumno da Escola de Cantería da Deputación, conta con 1,2 metros de diámetro, e foi elaborada en granito silvestre galego. Ó acto de inauguración asistiron numerosos veciños da parroquia de San Vicente, que acompañaron ás autoridades e ó párroco, Ventura Martínez , promotor da escultura e encargado de bendicila mesma esta mañá.
  • Atlantic Fest: o mellor cartel no mellor escenario do mundo
    Los Planetas, Lori Meyers ou The Temper Trap, son os cabezas de cartel da segunda edición do Atlantic Fest que se celebrará na Illa de Arousa do 30 de xuño ó 2 de xullo. Esta mañá foi presentada esta cita musical que forma parte dos Festivais Rías Baixas, que promove a Deputación de Pontevedra. É unha das citas musicais máis agardadas tralo éxito do ano pasado durante a súa primeira edición, non só por contar cun cartel único, senón pola paraxe inigualable no que ten lugar, a Illa de Arousa. Este ano, Los Planetas, único concerto en Galicia, ó igual que Lory Meyers, ou os internacionais The Temper Trap. Ademais, Annie B Sweet, Delorean ou Joe Crepúsculo .Esta mañá presetábase a segunda edición do Atlantic Fest, e comezaba coa proxección dun video promocional no que a Coral da Illa de Arousa interpretada esta versión de Los Planetas. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou durante a presentación a beleza coa que conta a Illa de Arousa, o mellor escenario para un festival deste talle, así como a relevancia dun cartel que é xa imprescindible dentro dos nove Festivais Rías Baixas que promove a entidade provincial. Sorprendida co talento dos membros da Coral da Illa, a presidenta asegurou que xa ten un plan para cando deixe as súas funcións públicas, e será, formar parte desta agrupación musical. Pola súa banda, o alcalde do municipio, Carlos Iglesias, agradeceu a colaboración da Deputación, así como de tódolos patrocinadores que tamén estiveron presentes no acto. Toño Caneda, un dos organizadores do Atlantic, explicou cal é a esencia deste festival. O Atlantic Fest, será o venres 30 de xuño, sábado 1 de domingo 2 de xullo. Os concertos terán lugar na praia do Vao, no Auditorio e na Praza de Abastos, ademais das Tascas do pobo. A zona de acampada será de novo na zona de Area da Secada.
  • Carmela Silva visita en Meis a capela de Santa María do Mosteiro
    MEIS> A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou esta mañá o concello de Meis, para acompañar ao párroco e o alcalde do municipio na súa visita a capela de Santa María de Mosteiro, que foi restaurada cunha achega do entre provincial.
  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • Carmela Silva aposta por un servizo unificado de información ao turismo
    Pontevedra> A Xunta de Goberno da Deputación aprobará mañá a adxudicación, á empresa Valora Consultores, da redacción do Plan Estratéxico de turismo. Unha rolda, a desta mañá, onde a presidenta criticou as declaracións de Nava Castro, en relación a unificación das oficinas de turismo, e lembroulle que, dende a administración galega non fixeron os deberes neste eido.
HomePONTEVEDRAO PPdeG critica a xestión de Carmela Silva ao fronte da Deputación Top of Page

Síguenos en facebook