• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

O modelo de cidade chega a Rúa da Seca e a Ceponzóns

Mai 16 Escrito por 
Pontevedra> O modelo de cidade que defende Pontevedra chega as barrios e parroquias da Boa Vila. Esta mañá Demetrio Gómez presentou os proxectos no entorno da Rúa da Seca por un importe de 224 mil euros, e tamén, o de Pidre na parroquia de Cerponzóns por 219 mil euros. Dúas iniciativas onde se prioriza o tráfico peonil e se gañan espazos para o lecer dos veciños.
O modelo de cidade de Pontevedra vaise espallando pouco a pouco a todo o municipio. Agora é o quenda da rúa da Seca e do Pidre na parroquia de Cerponzóns. Dous espazos onde a partir dos traballos que realicen dende o concellos, cun investimento de 224 mil euros para a rúa da Seca e de 219 mil euros para Pidre, se priorizará o tráfico peonil e se gañará espazo para o lecer dos veciños. Na rua da Seca inverterase o sentido do tráfico que irá cara ao Camiño Vello de Castela, o tráfico dos vehículos quedará centrando nun extremo e potenciarase unha zona peonil máis ampla. Na parroquia de Cerponzóns en Pidre, haberá calmado de tráfico, modificarase o parque infantil e a praza vaise a elevar para que quede ao mesmo nivel que toda a zona peonil. Entre esa semana e a vindeira o concello reunirase cos veciños destas zonas para recoller as súas achegas. Todo apunta a que os traballos nestas dúas zonas comezarán previsiblemente neste 2017.
Etiquetado como modelo de cidade    proxectos    rua seca    pidre   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Braga tamén se inspira no modelo pontevedrés
    PONTEVEDRA> Se onte era unha delegación de Andorra La Vella a que percorría as rúas pontevedresas, hoxe tocou a representantes do concello portugués de Braga. O alcalde de Pontevedra volveu presumir de cidade e das bondades do seu modelo que, segundo aseguraron os portugueses, é un exemplo a seguir. O concello de Braga tamén quere exportar o modelo pontevedrés. Unha delegación percorreu hoxe a cidade para ver sobre o terreo as medidas levadas a cabo polo executivo local, mellorando a coexistencia de peóns e vehículos. Aínda que Braga posúe unha das zonas peonís máis amplas de todo Portugal, Bandeira apuntou que tamén rexistran unha das taxas máis elevadas de crecemento de automóbiles. Datos que os obrigan a equilibrar ambas demandas. Tomar medidas para o calmado do tráfico e invertir as prioridades situando o peón por diante dos vehículos, son algunhas das cuestións que interesaron máis á delegación portuguesa. A visita dos representantes de Braga prodúcese un día despois de que Pontevedra recibira unha delegación de Andorra La Vella, interesados, tamén, en coñecer e exportar o modelo pontevedrés.
  • A Deputación de Pontevedra opta a 15 millóns de euros en fondos europeos no 2016
    PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra optará a 15 millóns de euros en fondos europeos no 2016. Farao coa presentación de proxectos que buscan avanzar en políticas de xeración de emprego, no crecementos da economía e o emprendemento.
  • Unha delegación de Guimarães visita Pontevedra para coñecer o seu modelo de cidade
    PONTEVEDRA> Unha delegación da Cámara Municipal de Guimarães visitaba hoxe Pontevedra para tomar boa conta do realizado na cidade en termos de mobilidade. Co obxectivo de conseguir ser nomeada Capital Verde Europea de 2020 Guimarães tentará adaptar o modelo de cidade aplicado en Pontevedra, ca que aseguran ter moitas similitudes.
  • Pontevedra recibe un novo premio, desta volta dende Hong Kong
  • Pontevedra recibe un novo premio, desta volta dende Hong Kong
    PONTEVEDRA> O 2015 despedirase como o ano máis internacional para Pontevedra. O alcalde anunciou esta mañá que a cidade recollerá outro premio polo seu modelo, desta volta en Hong Kong. A finais de novembro a urbe chinesa acollerá o Premio Cidade de Mobilidade Intelixente, que recoñecerá a aposta pontevedresa na categoría de Deseño e Planificación urbana.
  • A Marea interésase polos proxectos de recuperación do estuario noiés
    NOIA> A Marea Cidadá de Noia levará ó pleno deste próximo xoves unha moción a través da cal lle solicitará ó equipo de goberno a convocatoria dunha xuntanza informativa con Portos de Galicia e coa Demarcación de Costas, para analizar os proxectos que barallan estes dous organismos de cara á recuperación do estuario da Ría. A Marea propón que nestas xuntanzas informativas participen tanto o Concello, como o resto das forzas políticas con representación municipal, así como tamén asociacións e veciños en xeral interesados por este proxecto. Para o voceiro desta formación política, Manolo Seijas, a recuperación do porto de Noia é un dos principais obxectivos fixados pola Marea, polo que van a traballar para que sexa unha realidade canto antes.
HomePONTEVEDRAO modelo de cidade chega a Rúa da Seca e a Ceponzóns Top of Page

Síguenos en facebook