• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Rolda Leste xa están en licitación

Mai 18 Escrito por 
Pontevedra> O proxecto da rolda leste en Pontevedra xa está en proceso de licitación na Deputación provincial. O concello deu a aprobación a estes traballos que finalmente terá un custe total de 3 millón 112 mil euros. Cesar Mosquera agarda poder comezar estas obras antes de que remate o ano.
A Xunta de Goberno Local aprobou nesta semana as obras de construción da rolda leste. Unha obra moi importante para a cidade que uniría de maneira directa o nudo do Pino con Montecelo e Príncipe Felipe. Uns traballos que finalmente contará cun inestivmento maior, ascende en máis de 750 mil euros. Medio millón para as expropiacións e 250 mil euros máis para o proxecto da obra. Esta rolda leste na cidade xa se atopa en proceso de licitación Dende a Deputación agardan poder comezar estes traballos antes de que remate o ano. O concelleiro César Mosquera tamén informou esta mañá dun informe desfaborable do concello de Pontevedra en relación a desafección que dende A Pontesa solicitan para Costas. O obxectivo da administración local é contar con este espazo para un mellor desenvolvemento do río Verduxo e non permitir ningún tipo de uso nesta antiga fábrica.

Medios

Etiquetado como rolda leste    Deputación de Pontevedra    nudo o pino    montecelo    obra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Deputación e o concello de O Grove suman forzas para a Festa do Marisco
    O GROVE> O Concello do Grove e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre as dúas institucións para a celebración da Festa do Marisco do municipio meco. Para esta edición número 54, que terá lugar do 5 ó 15 de outubro, a entidade que preside Carmela Silva cubrirá con 6.000 euros diversas das actividades do programa festivo. A política convirte o desexo das cidadáns en realidade. Foi a cita coa que comezou a súa comparecencia a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, durante a sinatura do convenio de colaboración co concello do Grove para impulsar económicamente a Festa do marisco do Grove. Dez días durará a edición 54 desta festa. UNha cita, que tal e como destacou esta mañá durante a sinatura do convenio co concello, a presidenta da Deputación de Pontevedra, é a festa do marisco de Pontevedra, de Galicia e de toda España. Unha Festa de Interese turístico Nacional, que segundo Silva, debería obter xa o nomeamento de Internacional. Este ano a Festa do Marisco celebraráse do 5 ó 15 de outubro, e as diversas actividades culturais que envolverán a cita gastronómica, contarán cunha aportación económica de 6.000 euros por parte da Deputación, Algo que esta mañá agradeceron desde o concello. Acompañados tamén polo Deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, e a concelleira de Turismo do Grove. Emma Torres, o alcalde e a presidenta asinaron o convenio dunha festa, na que tal e como acontece cada ano, se incopora un novo produto á exaltación, e neste 2017 o elixido é o choco.
  • Agosto deixa os mellores datos turísticos dos últimos 18 anos nas Rías Baixas
    Pontevedra> O turismo en agosto deixa nas Rías Baixas os mellores datos no sector dos últimos 18 anos. Trátase dun mes no que se acadou unha ocupación do 91,11 por cento, superando en 12 puntos os datos estimados. A presidenta da Deputación anunciou que desta maneira, as Rías Baixas, convértense na cuarta zona turística con maior auxe de España.
  • A Deputación xestinará a integración da rúa Rosalía de Castro
    Pontevedra> O vicepresidente da Deputación Provincial ofreceu esta mañá un almorzo informativo. Mosquera anunciou que será a administración provincial a encargada de xestionar a integración da Rúa Rosalía de Castro na cidade de Pontevedra.
  • A Deputación lanza un plan de axudas de 18 millóns de euros
    Pontevedra> A Deputación de Pontevedra ven de presentar un Plan para os concellos de menos de 20 mil habitantes. Trátase dun plan no que investirán 18 millóns de euros nos vindeiros 3 anos e que está destinado a actuacións relevantes nos concellos da provincia. Un dos requisitos para adherirse a esta axuda é que o proxecto ten que estar avanzado co fin de que estea rematado antes do 30 de xuño do 2019.
  • A Deputación aposta polo turismo ornitolóxico
    Pontevedra> A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña de promoción do turismo ornitolóxico nas Rías Baixas e interior da provincia. Unha iniciativa que busca dar a coñecer espazos especializados cos que conta a nosa provincia e tamén sensibilizar á veciñanza sobre a necesidade de protexer este tipo de espazos. A presidenta da Deputación acompañada polo responsable en Galicia da Socidade Galega de Ornitoloxía, presentou esta mañá unha nova campaña de promoción do turismo ornitolóxico na provincia. Unha iniciativa que busca un dobre obxectivo. Unha campaña que se completa cun documental que se emitirá a finais deste ano en TVE, coas Rías Baixas e enclaves naturais do interior da provincia como protagonistas. Tales como o complexo intermareal Umia O Grove, o parque Nacional das Illas Atlánticas ou as marismas de Alba. Unha campaña moi importante que busca potenciar todo o que temos nas nosas terras. A presidenta da Deputación destacou a relevancia deste tipo de turismo que cada vez ten máis seguimento e supón unha alternativa de alta calidade, sostible e respectuosa co medio ambiente.
  • Na primavera do 2018 comezarán os traballos da rolda leste e o novo acceso a Príncipe Felipe
    Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación Provincial asinaron esta mañá dous convenios, un para o novo acceso a Príncipe Felipe e outro para a Ronda Leste. Trátase de dúas infraestruturas que terán un custe de 3,4 millóns de euros. O vicepresidente da Deputación anunciou hoxe que as obras estarán adxudicadas a final de ano e comezando os traballos na primavera do vindeiro 2018.
HomePONTEVEDRAA Rolda Leste xa están en licitación Top of Page

Síguenos en facebook