• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional

Mai 18 Escrito por 
Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
18 de maio, día Internacional dos Museos, e para esta data especial, como non podía ser doutros xeito, dende a Deputación e o Gabinete didáctico do Museo de Pontevedra organizaron unha visita moi especial. Unha idea que nacei do Gabinete didáctico deste museo de Pontevedra pero que foi realizada polos propios técnicos de restauración deste espazo. Do que se trata é de valorar o bo facer do persoal que traballa no museo e tamén dar a coñecer todas as obras que están tras a cámara. Dende a Deputación continuarán potenciando visitas especiais e diferentes co fin de achegar o Museo a toda a cidadanía. A vindeira serán as vistas cruzadas de María Ledo e Quico Novoa este domingo 21 de maio a partir das 12 da mañá.

Medios

Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP fai balance dos dous anos de "desgoberno" da Deputación
    Pontevedra> Palabrería, desinformación, mentiras, non ter proxecto e contar cunha administración paralizada. Así resumiron dende o PP provincial os dous anos de Goberno do PSOE e BNG na Deputación. Nun acto organizado nos xardíns de Vicenti onde estiveron presentes alcaldes do PP e membros do tecido asociativo da provincia.
  • A ludoteca da FANPAS visita a Deputación
    Pontevedra> Os pequenos que participan nas ludotecas organizadas pola FANPA en Pontevedra visitaron esta mañá á Deputación. Alí foron recibidos pola deputada de Xuventude, Digna Rivas, quen se encargou de darlle un agasallo a cada un destes nenos.
  • 140 millón de euros para un Gran Montecelo "de todos e para todos"
    Pontevedra> Presidente da Xunta de Galicia, conselleiro de Sanidade e xerente do CHOP presentaron esta tarde o plan funcional de Montecelo. O Gran Montecelo converterase nun espazo que ocupará 118 500 hectáreas e contará con numerosas melloras. Entre elas, as urxencias estará unificadas para todos os ámbitos neste centro, haberá UCI pediátrica, radioloxía, as consultas externas pasarán de 227 a 280, nas urxencias de 61 postos a 117 e no número de camas pasarán de 600 a 720 das que o 60 por cento será individuais. O fin deste centro hospitalario é reoganizar os servizos e os profesionais para crear un hospital de futuro. O presidente pola súa banda amosou o seu compromiso firme e aposta por este Gran Montecelo. Un proxecto ao que se destinarán soamente en construcción 140 millóns de euros. Con estes traballos Feijóo asegurou que ten un contrato asinado coa Boa Vila. O alcalde de Pontevedra pola súa banda fixo un balance positivo deste proxecto funcional do que se queda co compromiso da Xunta de converter nunha realidade este Gran Montecelo. Uns traballos que comezarán previsiblemente a comezos do 2019, con esta previsión o Gran Montecelo convertirase nunha realidade no 2021.
  • Ata o 6 de agosto poden desfrutar da artesanía de Chalana
    Pontevedra> O paseo de Odriozola, en Pontevedra, acolle ata o 6 de agosto a décima edición da Feira Atlántica da Artesanía e do Deseño, Chalana 2017. Unha feira onde poderán atopar traballos artesanais en madeira, prata, coiro ou la. Aínda lles quedan moitos días por diante para desfrutar desta cita onde poderán atopar produtos moi orixinais.
  • Dous anos de "equidade" e "cambio" na Deputación
    Pontevedra> A deputación de Pontevedra celebrou neste venres dous anos de mandato. Fixoo cun acto institucional no Pazo Provincial onde tanto a presidenta como o vicepresidente quixeron destacar o cambio de rumbo que adoptou esta administración. Unha entidade, dixeron, aberta e que amosa a súa equidade con todos os concellos da provincia.
  • Mosquera amosa o compromiso da Deputación co Príncipe Felipe
    Pontevedra> A Deputación de Pontevedra quixo amosar esta mañá o seu compromiso con Príncipe Felipe e a súa vontade de erradicar a violencia neste centro. Mosquera dixo esta mañá que ten claro que eses 5-6 mozos conflitivos non seguirán o vindeiro curso neste centro.
HomePONTEVEDRAO Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional Top of Page

Síguenos en facebook