• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Máis de 1300 escolares participan nunha nova edición do Correlingua

Mai 18 Escrito por 
Pontevedra> Máis de 1300 rapaces percorreron as rúas de Pontevedra nunha nova edición do Correlingua. Unha carreira popular que este ano levou como lema “en gaego, sen cancelas” e na que participaron 20 centro de ensino da provincia. Unha cita organizada pola Mesa de Normalización Lingüística que ten como fin sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil, da importancia da defensa do galego.
20 centros de ensino da provincia formaron parte dunha nova edición do Correlingua. Unha carreira organizada pola Mesa de Normalización lingüística que ten como fin a defensa do noso idioma. Neste evento, que este ano tivo como lema “en galego, sen cancelas”, participaron máis de 1300 nenos. Unha xornada festiva onde a a mensaxe estaba clara ... Os máis pequeniños tamén defenderon nesta xornada o noso idioma.... E con música, baile e moita festa os pequenos estaban encantados nesta nova edición do Correlingua. Unha mañá diferente onde os máis pequenos tiveron o protagonismo a hora de levar á reflexión a toda a sociedade sobre a situación da lingua galega e a importancia de activar este tipo de accións en defensa dela.

Medios

Etiquetado como correlingua    Carreira    defensa do galego    Pontevedra    20 centros escolares   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Silva cualifica de 'broma de mal gusto' xustificar a rotura coa obra de Rocafort
    PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
  • O Museo de Pontevedra abre a cámara dos tesouros no seu día internacional
    Pontevedra> No día Internacional dos Museo, que se conmemora neste 18 de maio, o Sexto Edifico, de Pontevedra, abre a súa cámara dos tesouros. Nesta xornada organizaron unha visita moi especial ao taller de restauración deste espazo. Unha maneira de dar a coñecer o bo facer dos profesionais que traballan no museo, e de sacar á luz todas as obras coas que conta este lugar da arte.
  • Remata a rolda de reunións do Concello coas asociacións para a nova ordenanza de veladores
    Pontevedra> O concello de Pontevedra pecha a rolda de contactos para a nova ordenanza de veladores da cidade. As últimas reunión foron coa asociación Pedaladas e coa Federacións de veciños da Boa Vila. Agora dende Comisións Obreiras tamén solicitan que o concello manteña reunións cos sindicatos. O fin destes encontros sería regular os contratos na hostalería de haber unha posible ampliación de horarios das terrazas.
  • Jorge Coira e Manuel Gago sorprenden e emocionan nas súas visitas cruzadas
    Pontevedra> Unha semana máis o Museo de Pontevedra acolleu as visitas cruzadas. Unha cita organizada pola Deputación, co fin de amosar dende outro punto de vista o contido da arte do Sexto Edificio. Os protagonistas nesta ocasión foron o cineasta Jorge Coira e o xornalista Manuel Gago.
  • O cine únese á celebración do XXV aniversario do Festival de Jazz e Blues
    Pontevedra> A vixésimo quinta edición do Festival de Jazz e Blues de Pontevedra xa quenta motores e chega con novidades. A principal Notametraxes, un ciclo de cine vencellado co mundo do jazz que aterrará na Boa Vila todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O groso do festival, os concertos e citas en directo, desenvolverase do 21 ao 26 de xullo.
  • Dous canteiros pontevedreses traballarán nas obras de restauración do Capitolio
    Pontevedra> Dous artistas formados na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra traballarán dende o mes de xuño nas obras de restauración do Capitolio. Os canteiros Manuel Rial e Francisco Castro traballarán durante 3 anos na capital dos Estados Unidos nas obras de restauración deste emblemático edificio.
HomePONTEVEDRAMáis de 1300 escolares participan nunha nova edición do Correlingua Top of Page

Síguenos en facebook