• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O concello de Poio presenta a súa ampla oferta deportiva para este curso escolar

Set 18 Escrito por 
Pontevedra> O concello de Poio presentou esta mañá o amplo abano de actividades deportivas que se presentan para este novo curso 2017-2018. A concelleira de Deportes e o alcalde deste municipio lembraron que ao longo deste mes está aberto o prazo de inscrición. A billarda e o pádel son algunhas das novidades deportivas deste ano.
O concello de Poio xa ten todo listo para comezar as actividades deportivas neste curso. Neste mes de setembro os veciños terán a posibilidade de inscribirse no que desexen e será en outubro cando boten a andar todas estas actividades. A concelleira de Deportes anunciou que no pasado ano foron 729 as persoas que desfrutaron destas actividades deportivas, a que máis éxito tivo foi o fútbol, seguido do fútbol sala, de patinaxe, e de ximnasia rítmica. Neste curso o obxectivo é seguir traballando nas actividades asentadas e apostar tamén por novas modalidades. Dende o concello de Poio amosaron o seu orgullo en relación as escolas deportivas coas que contan na actualidade. Un proceso apoiado polo concello pero do que son protagonistas os veciños. O prezo para inscribirse nas actividades mantense dende o ano 2012 e vai dende os 6 euros na modalidade deportiva por alumno ao mes aos 18 da escola deportiva. Prezos máis que asumibles para que as familias poidan desfrutar do deporte no concello.

Medios

Etiquetado como concello de poio    Deporte    oferta deportiva    modalidades    escolas derpotivas   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O concello de Poio dará prioridade á accesibilidade e ao uso peonial na Caeira
    Pontevedra> O concello de Poio ven de aprobar unha reforma parcial do barrio da Caeira. O obxectivo principal é desconxestionar o tráfico da ponte de A Barca e potencia unha maior accesibilidade na zona. Un proxecto que contará cun investimento de 570 mil euros, é que segundo o concelleiro socialista Gregorio Agís, estará listo para o vindeiro verán.
  • A Festa da Ameixa de Campelo cumpre 30 anos
    POIO> Campelo volve estar de festa esta fin de semana. A parroquia acolle a súa Festa da Ameixa, que este ano cumpre tres décadas de historia. A organización agarda superar os 560 quilos de ameixa vendida o ano pasado. Sempre presumindo, ademais, de produto da ría e mercado na lonxa de Campelo. A ameixa será o produto protagonista esta fin de semana en Campelo. A parroquia celebra a súa festa dedicada a exaltación deste molusco, que será o ingrediente estrela de todos os pratos que se vendan na carpa gastronómica da praza de A Granxa. Sempre a prezos populares. O ano pasado, vendéronse 560 quilos de ameixa. A organización agarda superar esta cifra, grazas en gran medida ás melloras que se incluíron, por exemplo, no dispositivo de tráfico que xa se puxo en marcha durante o Festival da Ameixa a fin de semana pasada: habilitar mil prazas de aparcadoiro e prohibir o paso dos vehículos no entorno da praza. Precisamente a calidade do produto que sirven é o seu principal reclamo. A ameixa é da ría de Pontevedra, mercada na lonxa de Campelo. Produto de proximidade 100%. A cita gastronómica será o sábado e o domingo, pero a festa xa arrinca o venres. Farao cunha homenaxe aos mariscadores recentemente xubilados, e coa inauguración dunha exposición fotográfica. Para conmemorar estes 30 anos de festa, o concello de Poio preparou camisetas especiais que se repartirán entre as 50 primeiras comandas que se merquen na carpa o sábado e o domingo. O sábado pola noite unha tirada de fogos de artificio dende o peirao de Campelo celebrarán estas tres décadas de historia.
  • Xorde 'Boiro Actívate', para mellorar a calidade de vida dos maiores boirenses
    BOIRO> A actividade, organizada polo Concello, prevé a realización dunha diagnose persoal e individualizada a cada participante. Boiro conta unha nova actividade física que o Concello porá en marcha durante este mes de setembro da man da empresa EcoSport. Trátase do programa ‘Boiro Actívate’ e estará dirixido en principio a persoas maiores ou xubiladas con algún tipo de disfunción física causada por enfermidades de longa duración ou crónicas. Antes do inicio da actividade a cada participante seralle realizada unha diagnose persoal e individualizada que determine o tipo de exercicio que mellor lle convén para a súa saúde. Dende o Concello incidiuse na importancia desta iniciativa de cara a procurar unha mellor calidade de vida dos seus veciños, principalmente das persoas de máis idade. Os interesados en formar parte da iniciativa poderán inscribirse ata o próximo luns, 18 de setembro, chamando ó teléfono 981-972243. O número de prazas dispoñibles é de 20.
  • O Princesa de Asturias de Piragua rematará na Ponte do Burgo en Pontevedra
    SANXENXO> A 40ª edición do Trofeo Princesa de Asturias volve, o 15 de agosto, por segundo ano consecutivo a Portonovo, dende onde se organiza. Este ano os protagonistas serán Sanxenxo e Combarro (concello de Poio) dende onde saíran as diferentes categorías de xeito simultáneo, para rematar a proba na Ponte do Burgo en Pontevedra.
  • Poio aclara a situación do catrastro no concello
    Pontevedra> Nova regularización catastral no concello de Poio e con ela nova polémica. Un catastro que trae consigo o pagamento de 60 euros por cada actualización. Dende o concello insistiron esta mañá, en resposta ás críticas vertidas por Moldes, en que se trata dunha lei e normativa do Goberno Central é que son eles os que se levarán eses cartos e non o municipio.
  • O Marexadiña Campelo aterra en Poio con moitas actividades
    Pontevedra> Esta fin de semana a parroquia de Campelo, no concello de Poio acollerá o Marexadiña. Unha cita destinada para todos os membros da familia onde os pequenos serán os grandes protagonistas. Hinchables, concertos e actividades acuáticas daranse cita neste evento que se celebrará os días 14 e 15 deste mes.
HomePONTEVEDRAO concello de Poio presenta a súa ampla oferta deportiva para este curso escolar Top of Page

Síguenos en facebook