• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Este domingo...Walk with Ethiopia

Set 29 Escrito por 
Pontevedra>Esta fin de semana a Asociación Prohibido Rendirse encabeza un proxecto solidario que parte da ONG Abay Etiopía. A iniciativa consiste nunha andaina que sairá ás 11 da Illa das Esculturas e cuxos beneficios irán integramente destinado á construción de 4 aulas nun centro educativo de Etiopía.
Se son dos que pensan que algo deberían facer polos máis desfavorecidos neste mundo esta fin de semana teñen unha oportunidade única. A Asociación Prohibido Rendirse encabeza un proxecto solidario que parte da ONG Abay Etiopía, unha andaina de 5 quilómetros que terá moita importancia nun centro educativo deste país africano. Os 5 euros de inscrición irán destinados integramente a este proxecto. Os interesados está a tempo de inscribirse nesta andaina solidaria que partirá ás 11 da mañá dende a pasarela peonil da Illa das Esculturas. De momento hai preto de 45 persoas inscritas, e dende a organización, din que o éxito estaría garantido coa asistencia de 100 participantes. Dende a asociación Prohibido rendirse animan a todo o mundo a participar nesta andaina solidaria. Así que xa o saben se queren aportar o seu graniño de area teñen unha cita este domingo 1 de outubro ás 11 da mañá na pasarela peonil da Illa das Esculturas

Medios

Etiquetado como andaina solidaria    Pontevedra    walk with ethiopia    1 de outubro    illa das esculturas   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
  • ASPACE celebra o seu III concurso de cociña
    Pontevedra> Esta mañá o restaurante Pepe Vieira acolleu a semifinal do concurso en Aspace cociñamos xuntos. Unha cita que ten como fin visibilizar as capacidades de todas as persoas con parálise cerebral. Nesta terceira edición participaron 9 usuarios coas súas familias ou persoal do centro. A filloa gañadora foi a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde.
HomePONTEVEDRAEste domingo...Walk with Ethiopia Top of Page

Síguenos en facebook