• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Modificación puntual da ordenanza de veladores, horario único de 9:00 a 1:30

Out 03 Escrito por 
Pontevedra> O concello de Pontevedra avanzou esta mañá a modificación puntual do regulamento de veladores. Unha modificación que propón un horario único de terrazas de 9:00 da mañá a 1:30 da noite. As sanción por incumprimento poden ir dos 300 aos 3000 euros. Se todo segue segundo o previsto, para este Nadal, xa podería entrar en vigor esta modificación puntual.
O concello de Pontevedra presentou hoxe, despois de moitos meses de encontros con hostaleiros e veciños, a modificación puntual da ordenanza de veladores, a principal e máis agardada modificación pasa polo horario que se propón como único para todos os establecementos de 9:00 a 1:30 Outra das novidades que introducen é que este horario poderá ser modificado de xeito puntual e aprobado por alcaldía ou pola Xunta de Goberno, de xeito que ademais de na Feira Franca e nas Festas da Peregrina, os establecementos poidan contar cun horario máis amplo en festexos como o Androido o o San Xoan. Unha modificación puntual que traerá consigo sancións por incumprimento de entre 300 a 3000 euros, o concello terá a posibilidade de intervir naquelas zonas onda poida haber conflito, como nas prazas da cidade. E con esta modificación o concello deuse conta da necesidade de crear unha nova ordenanza de usos de espazos públicos no concello de Pontevedra a nivel global. A concelleira de Promoción Económica non é moito de dar datas, pero se todo segue segundo o previsto nas vindeiras semanas manterán encontros cos hostaleiros, asociacións de veciños, presentaránlle o proxecto de modificación puntual á oposición e de cara o Nadal xa debería estar lista e en vigor este cambio puntual.

Medios

Etiquetado como modificacion de veladores    Pontevedra    concello de pontevedra    terrazas   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O gran beneficiario dos orzamentos do 2018 será o rural pontevedrés
    Pontevedra> O Goberno Local de Pontevedra presentou esta mañá o borrador dos orzamentos aos grupos da oposición. Raimundo González agarda poder aprobar estas contan na primeira quincena do mes de decembro. Unhas cifras, que o voceiro do Goberno Local, cualificou como os orzamentos do rural, xa que o rural recibe o 50 por cento dos investimentos no vindeiro ano.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
HomePONTEVEDRAModificación puntual da ordenanza de veladores, horario único de 9:00 a 1:30 Top of Page

Síguenos en facebook