• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A Festa da Navalla chega a Poio esta fin de semana

Out 04 Escrito por 
PONTEVEDRA> A Festa da Navalla volta un ano máis a Poio. Esta fin de semana terá lugar a V edición da exaltación de este manxar. Unha celebración para a que a Asociación Amigos da Navalla de Lourido ten preparados uns 800 kg de navallas.
A V Festa da Exaltación da Navalla chega a praia de Lourido un ano máis. Esta fin de semana aqueles aos que lles guste este bivalvo teñen unha cita no concello de Poio. Nesta edición, a Asociación Amigos da Navalla de Lourido ten preparados uns 800 kg de navallas para ofrecer en diferentes preparacións; tortilla de navallas, empanada ou arroz, son tan só algunhas das que se ofertaran a prezos populares. Dende o concello recordaron aos asistentes que se habilitarán dúas zonas de estacionamento. A apertura da carpa será as 12:30 durante as dúas xornadas, hasta o peche, e contarán coa actuación do Grupo Azabache para ambientar a carpa o sábado pola noite.

Medios

Etiquetado como navalla    Poio    Gastronomía   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Festival de Curtas Armadiña xa quenta motores
    Pontevedra> O concello de Poio xa está listo para acoller a décimo terceira edición do Festival de Curtas Armadiña 2017. Unha cita que arrincará o vindeiro luns 13 e que se desenvolverá ata o 19 deste mes. Dende a organización destacaron que se trata da edición máis completa e innovadora. Este ano, este festival, está incluído por primeira vez nas principais citas do audiovisual galego que potencian dende a Deputación.
  • Raxó celebrará o samaín coa súa Festa do Amor
    Pontevedra> O Club de Fútbol de Raxó organiza un magosto moi especial para o vindeiro 31 de outubro. Será unha cita que contará con DJ e a partir das 23:00 coa actuación da orquestra Panorama. Trátase dun evento que ten como fin agradecer ao pobo e aos hostaleiros desta zona o compromiso, que ano a ano, teñen con este club deportivo.
  • A asociación Mº del Carmen Pérez inicia a súa campaña solidaria
    Pontevedra> A Asociación María del Carmen Pérez, con sede en Poio, comeza xa a súa campaña solidaria co fin de recadar alimentos e roupa para as familias que máis o precisan. As cestas con produtos alimentarios se repartirán o 21 de decembro, a roupa todos os que a precisen, poden recollela no local desta entidade, situado en fronte de Casal de Ferreirós.
  • Volve o Outono Gastronómico a 26 casas rurais da provincia
    MORAÑA> Os mellores produtos gastronómicos desta época e os espazos máis singulares do noso rural, é a fusión que nos ofrece o Outono Gastronómico 2017 que esta mañá se presentou no fermoso Pazo La Buzaca de Moraña, e que contou coa presenza do Delegado Territorial de Xunta en Pontevedra e da alcaldesa da vila. Se se vos fai a boca auga só con escoitalo, imaxínense velo, ulilo, ou saborealo. É só un dos menús que forman parte dos Outonos Gastronómicos que se presentaron esta mañá neste Pazo da Buzaca de Moraña. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra. José Manuel Cores Tourís, percorreu durante esta mañá as instalacións deste pazo morañés, e coñeceu de preto a oferta que presenta este espazo para este iniciativa. Ademais deste Pazo da Buzaca, outros 25 establecementos máis da provincia tamén colaboran nesta iniciativa que ofrece prezos moi competitivos e opcións de aloxamento adaptadas a tódolos gustos. Ata o 17 de decembro aqueles que desexen gozar dos mellores produtos da época e relaxarse en espazos coma este, un total de 90 opcións en toda Galicia, poden consultar a información na web de Turismo de Galicia, no apartado, Outono Gastronómicos 2017. A visita coincidiu co Día Mundial do Turismo, centrado este ano na sostenibilidade. E que este ano está rexistrando cifras de record. Nos primeiros sete meses de 2017 2,4 millóns de visitantes pernoctaron na nosa comunidade,
  • O cara máis solidaria de Poio poderase ver no FestiSenda
    Pontevedra> O sábado 30 de setembro a Seca, no concello de Poio, acollerá o Festival solidario Festisenda. Unha cita que terá como fin recoller alimentos non perecederos para as familias que máis o necesitan do concello. Dende o Goberno Local agradeceron este tipo de iniciativas que darán axuda a 367 familias do municipio.
  • Rianxo rememora o seu pasado mariñeiro
    RIANXO> Foi durante a celebración do feirón, no que as principais rúas do casco antigo se encheron de postos de artesanía e gastronomía, e onde a música tamén tivo un especial protagonismo. Para os rianxeiros o xoves do feirón nas festas da Guadalupe representa un dos días máis emotivos. Neste día as rúas do casco antigo da vila viaxan ó pasado, a comezos do século XX, para recrear o que era a vida cotiá no pobo naquela época. Ataviados co peculiar traxe mariñeiro saen á rúa a disfrutar desta xornada para eles especial. Non faltan os postos de artesanía e gastronomía e tampouco a animación de rúa a cargo de diversos grupos tradicionais, e tamén improvisados gaiteiros. Os festexos continuarán mañá con diversas acividades, dirixidas na súa maioría ós nenos con infantilandia ou a festa da escuma. Será xa o último día das festas e con el un dos momentos máis agardados por todos como é a cantata da Rianxeira ás dúas da madrugada. A luz de miles de bengalas as Festas da Guadalupe despediranse ata o ano que vén.
HomePONTEVEDRAA Festa da Navalla chega a Poio esta fin de semana Top of Page

Síguenos en facebook