• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O pleno aproba a creación dunha comisión técnica de extinción de incendios na provincia

Out 05 Escrito por 
Pontevedra> A presidenta da Deputación e o director xeral de Emerxencias de Galicia anunciaron esta mañá os acordos adoptados no pleno do Consorcio Provincial de extinción de incendios. Os principais, a creación dunha comisión técnica propia de Pontevedra que analice as demandas da provincia, unha mesa que será constituída trala comisión a nivel galego.
O mapa de emerxencias da provincia de Pontevedra deu moito de que falar esta mañá no pleno do consorcio Provincial de Extinción de Incendios. Un pleno onde se acordou crear unha comisión técnica galega e unha provincial para coñecer de primeira man as carencias e demandas en Galicia e Pontevedra. O director xeral de Emerxencias da Xunta dixo que é imporante coñecer aquelas zona de sombra que contempla o mapa de emerxencias da nosa comunidade, aqueles aos que aínda non se pode chegar, e tamén coñecer todos aqueles puntos onde se pode mellorar o acceso e o tempo de chegada. Un pleno que tamén aprobou o orzamento do Consorcio que para o ano que ven será de 3,3 millóns de euros que se financia ao 50 por cento pola Xunta e a Deputación.

Medios

Etiquetado como extincion incendios    mapa de emerxencias    Pontevedra    deputación   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
  • ASPACE celebra o seu III concurso de cociña
    Pontevedra> Esta mañá o restaurante Pepe Vieira acolleu a semifinal do concurso en Aspace cociñamos xuntos. Unha cita que ten como fin visibilizar as capacidades de todas as persoas con parálise cerebral. Nesta terceira edición participaron 9 usuarios coas súas familias ou persoal do centro. A filloa gañadora foi a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde.
HomePONTEVEDRAO pleno aproba a creación dunha comisión técnica de extinción de incendios na provincia Top of Page

Síguenos en facebook