• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Carmela Silva define os datos turísticos deste verán como "espectaculares"

Out 06 Escrito por 
Pontevedra> Espectacular, desta maneira cualificou a presidenta da Deputación os datos turísticos que nos deixou este verán nas Rías Baixas. Os meses de xullo, agosto e setembro deixaron unha ocupación media do 82,,84 por cento, 4 puntos máis que no pasado 2016. O Salnés, Caldas e Pontevedra superaron neste verán o 85 por cento de ocupación.
A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer esta mañá os datos turísticos deste verán. En primeiro termo centrouse no mes de setembro que deixou unha ocupación media do 73,4 por cento, 2 puntos máis que no pasado ano. O turismo rural chegou ao 40 por cento de ocupación no pasado mes. A continuación, Carmela Silva, fixo un balance dos datos turísitcos dos meses de xullo, agostos e setembro nas Rías Baixas, deste verán, o que cualificou de espetacular en canto a dato se refire. En relación ás persoas que visitaron as Rías Baixas pero non se aloxaron o número ascende a medio millón e houbo un incremento significativo das visitas e preguntas nas oficinas de turismo. Con todo dende a Deputación dixeron que seguirán traballando para mellorar estes datos de cara ao vindeiro ano.

Medios

Etiquetado como Pontevedra    Turismo    datos veran    Deputación de Pontevedra    Rías Baixas   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
  • ASPACE celebra o seu III concurso de cociña
    Pontevedra> Esta mañá o restaurante Pepe Vieira acolleu a semifinal do concurso en Aspace cociñamos xuntos. Unha cita que ten como fin visibilizar as capacidades de todas as persoas con parálise cerebral. Nesta terceira edición participaron 9 usuarios coas súas familias ou persoal do centro. A filloa gañadora foi a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde.
HomePONTEVEDRACarmela Silva define os datos turísticos deste verán como "espectaculares" Top of Page

Síguenos en facebook