• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os hostaleiros piden ampliar o horario na modificación da ordenanza de veladores

Out 09 Escrito por 
Pontevedra> Hai unha semana que dende o Concello de Pontevedra presentaron a modificación puntual da ordenanza de veladores. Hoxe quixemos saír á rúa para coñecer a opinión que teñen tanto hostaleiros como cidadáns. A principal desconformidade atopase no horario de apertura, ás 9, a gran maioría da xente coa que hoxe falamos din que as terrazas deberían poder estar listas un pouco antes, en torno ás 8:30 da mañá.
A modificación puntual da ordenanza de veladores comeza a coñecerse xa pola cidade, dende o Canal Rías Baixas quixemos saír a ría para coñecer a opinión que cidadáns e hostaleiros teñen sobre esta modificación. O horario con este cambio sería para todos os establecementos o mesmo, de 9:00 a 1:30 un horario que a moitos lles parece estupendo. Pero un horario que outros consideran insuficientes ao seu comezo, é dicir, piden que se poidan colocar a terraza un pouco antes, en torno ás 8:00 – 8:30 da mañá. E hai outra xente que tamén considera que o peche das terrazas a 1:30 é temprano... pese a que xa anunciaron dende o concello que será un horario que se poderán modificar con datas especiais como o Entroido ou o San Xoan. A partir de xa, dende o concello se porán a traballar na aprobación desta modificación puntual e se todo segue segundo o previsto entraría en vigor para este Nadal.

Medios

Etiquetado como ordenanza de terrazas    Pontevedra    hostaleiros    Ampliación    enquisas   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
  • ASPACE celebra o seu III concurso de cociña
    Pontevedra> Esta mañá o restaurante Pepe Vieira acolleu a semifinal do concurso en Aspace cociñamos xuntos. Unha cita que ten como fin visibilizar as capacidades de todas as persoas con parálise cerebral. Nesta terceira edición participaron 9 usuarios coas súas familias ou persoal do centro. A filloa gañadora foi a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde.
HomePONTEVEDRAOs hostaleiros piden ampliar o horario na modificación da ordenanza de veladores Top of Page

Síguenos en facebook