• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A falta de choivas obriga ao concello a reabrir o embalse do Pontillón

Out 09 Escrito por 
Pontevedra> Debido á falta de choivas nos últimos días na nosa terra, en Pontevedra, dende a fin de semana reabriron o embalse do Pontillón co fin de abastecer a poboación trala baixada do caudal do río Lérez. Dende o concello envían unha mensaxe de tranquilidade, de momento, non hai problema de abastecemento, pero tamén piden a poboación que realicen un uso racional da auga.
A falta de chuvias comeza a notarse tamén en Pontevedra, dende o concello tiveron que reabrir o embarse do Pontillón co fin de abastecer a poboación trala baixada do caudal do Río Lérez. Na actualidade estase a empregar un 60 por centro do río Lérez e un 40 do Pontillón. Dende o concello envían unha mensaxe de tranquilidade, de seguir así se tomarán medidas como pedirlle a ENCE que rebaixe o seu consumo de auga, que supera os 32 mil metros cúbicos ao día e tamén suprimirían a rega de xardíns. Serían, tal e como dixo esta mañá Raimundo, medidas puntuais que de momento non hai que tomar. En relación a outros asuntos, o voceiro do Goberno tamén anunciou que a Xunta de Goberno Local ven de sacar a licitación os quioscos da praia fluvial e de Barcelos. Os interesados poderán presentar oferta por unha ou polas dúas instalacións.

Medios

Etiquetado como Auga    concello de pontevedra    escasez    embasle pontillon   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O gran beneficiario dos orzamentos do 2018 será o rural pontevedrés
    Pontevedra> O Goberno Local de Pontevedra presentou esta mañá o borrador dos orzamentos aos grupos da oposición. Raimundo González agarda poder aprobar estas contan na primeira quincena do mes de decembro. Unhas cifras, que o voceiro do Goberno Local, cualificou como os orzamentos do rural, xa que o rural recibe o 50 por cento dos investimentos no vindeiro ano.
  • A remodelación da Ponte do Burgo será a obra máis importante do Goberno neste mandato
    Pontevedra> O concelleiro de Obras en Pontevedra cualificou a remodelación da Ponte do Burgo como a obra máis importante do concello neste mandato. Será un espazo que contará cun investimento de 2,5 millóns de euros. O aumento do orzamento débese ao moderno sistema de alumeado co que contará esta histórica ponte da cidade.
  • O concello suspende o despregue dos composteiros comunais en Monte Porreiro
    Pontevedra> Trala protesta no pleno da corporación, os veciños de Monte Porreiro conseguiron o seu cometido. O concello de Pontevedra ven suspender o despregue dos composteiros comunitarios nesta zona. Unha comisión supervisará a instalación co fin de tentar chegar a acordos que permitan atopar as mellores localizacións para estes composteiros.
  • O concello tentará incluír todas as propostas veciñais no borrador dos orzamentos do 2018
    Pontevedra> Os orzamentos do 2018 para Pontevedra xa quentan motores e iso é algo que se nota no ambiente. Esta mañá dende o grupo Marea presentaron un plan de emprego xuvenil para a cidade para que se inclúa no borrador destes orzamentos. Un requisito imprescindible para que dende este partido se absteñan ou aproben as contas do vindeiro ano.
  • O pleno da corporación celebrarase este venres
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra informou esta mañá de que este venres 10 de novembro terá lugar o pleno ordinario da corporación ás 10:30 da mañá. O BNG non levará ningunha moción, o PP tres, PSOE nigunha, Marea 2 e Cidadáns unha. Sobre a mesa estará a modificación de crédito e a do cadro de persoal e a desafección do edificio militar do parque das palmeiras.
  • Silva e Lores piden máis exactitude na comarcalización que anuncian dende a Xunta
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación e alcalde de Pontevedra falaron esta mañá, unha vez máis, sobre a comarcalización dos parque de bombeiros en Galicia. A presidenta volveu a repetir que non ía a falar de investimentos nesta materia ata que teña diante o proxecto que a Xunta quere levar a cabo. O alcalde, pola súa banda, dixo que están abertos a este proceso sempre e cando non vaia en detrimento do servizo que se presta na cidade nin supoña cartos para o concello.
HomePONTEVEDRAA falta de choivas obriga ao concello a reabrir o embalse do Pontillón Top of Page

Síguenos en facebook