• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O concello preséntalle aos veciños o novo acceso aos Campos

Out 10 Escrito por 
Pontevedra>Os concelleiross de Obras e o delegado de Mourente mantiveron esta tarde unha reunión cos veciños para presentarlles o proxecto de novo acceso aos Campos dende Monte Porreiro. Uns traballos que terán un custe aproximado de máis de 1 millóns 137 mil euros e que contarán cun prazo de execución de 9 meses.
Demetrio Gómez e Alberto Oubiña presentáronlle estas tarde aos veciños o proxecto de novo acceso aos Cmapos dende Monte Porreiro. Ambos concelleiros adiantaron que, aínda que o proxecto está bastante pechado, os veciños poderán incorporar algunha suxestión puntual. Trátase dun traballo que realizan en colaboración coa Deputación provincial e que conta cun investimento de máis dun millón 137 mil euros e un prazo de execución de 9 meses. Unha vez que rematen con toda o proceso administrativo, o Concello iniciará os trámites de contratación e licitación do proxecto, que poderá iniciarse cara a finais do ano que vén. Con esta vía Concello e Deputación pretenden incorporar esta parte da cidade, ao Modelo Urbano Pontevedra. Un proxecto que inclúe expropiacións de 32 propiedades, ningunha delas vivendas, e só un galpón.

Medios

Etiquetado como Pontevedra    monte porreiro    concello de pontevedra    acceso    modelo de pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Martes, 10 Outubro 2017 18:06

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O gran beneficiario dos orzamentos do 2018 será o rural pontevedrés
    Pontevedra> O Goberno Local de Pontevedra presentou esta mañá o borrador dos orzamentos aos grupos da oposición. Raimundo González agarda poder aprobar estas contan na primeira quincena do mes de decembro. Unhas cifras, que o voceiro do Goberno Local, cualificou como os orzamentos do rural, xa que o rural recibe o 50 por cento dos investimentos no vindeiro ano.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
HomePONTEVEDRAO concello preséntalle aos veciños o novo acceso aos Campos Top of Page

Síguenos en facebook