• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A lonxa trasladarase á planta baixa do Mercado en 15 días

Out 13 Escrito por 
Pontevedra> A concelleira de Mercados anunciou esta mañá que en 15 días baixarase a lonxa de pescados da praza de Abastos ao primeiro andar. Unha reubicación que terá un custe de 21 mil euros e que ten como fin reordenar os postos e dinamizar a praza de Pontevedra.
A concelleira de Mercados informou nesta xornada que nun prazo de 15 días, e despois de certas discrepancias ao respecto, a lonxa da Praza de Abastos trasladarase á planta baixa. Esta reubicación da lonxa conta cun orzamento de 21 mil euros e dende o concello xa teñen pedidos todos os permisos á Xunta. Aproveitando este cambio, dende o concello están estudando a posibilidade de sacar a concurso público a explotación da lonxa. O vindeiro luns, a concelleira manterá unha reunión coas praceiras para informarlles da proposta técnica que barallan para baixar ao primeiro andar as froiteiras que teñen hoxe en día os postos no segundo andar.

Medios

Etiquetado como Lonxa    mercado de abastos    Traslado    Reforma    Remodelacion    concello de pontevedra   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O gran beneficiario dos orzamentos do 2018 será o rural pontevedrés
    Pontevedra> O Goberno Local de Pontevedra presentou esta mañá o borrador dos orzamentos aos grupos da oposición. Raimundo González agarda poder aprobar estas contan na primeira quincena do mes de decembro. Unhas cifras, que o voceiro do Goberno Local, cualificou como os orzamentos do rural, xa que o rural recibe o 50 por cento dos investimentos no vindeiro ano.
  • A remodelación da Ponte do Burgo será a obra máis importante do Goberno neste mandato
    Pontevedra> O concelleiro de Obras en Pontevedra cualificou a remodelación da Ponte do Burgo como a obra máis importante do concello neste mandato. Será un espazo que contará cun investimento de 2,5 millóns de euros. O aumento do orzamento débese ao moderno sistema de alumeado co que contará esta histórica ponte da cidade.
  • O concello suspende o despregue dos composteiros comunais en Monte Porreiro
    Pontevedra> Trala protesta no pleno da corporación, os veciños de Monte Porreiro conseguiron o seu cometido. O concello de Pontevedra ven suspender o despregue dos composteiros comunitarios nesta zona. Unha comisión supervisará a instalación co fin de tentar chegar a acordos que permitan atopar as mellores localizacións para estes composteiros.
  • O concello tentará incluír todas as propostas veciñais no borrador dos orzamentos do 2018
    Pontevedra> Os orzamentos do 2018 para Pontevedra xa quentan motores e iso é algo que se nota no ambiente. Esta mañá dende o grupo Marea presentaron un plan de emprego xuvenil para a cidade para que se inclúa no borrador destes orzamentos. Un requisito imprescindible para que dende este partido se absteñan ou aproben as contas do vindeiro ano.
  • O pleno da corporación celebrarase este venres
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra informou esta mañá de que este venres 10 de novembro terá lugar o pleno ordinario da corporación ás 10:30 da mañá. O BNG non levará ningunha moción, o PP tres, PSOE nigunha, Marea 2 e Cidadáns unha. Sobre a mesa estará a modificación de crédito e a do cadro de persoal e a desafección do edificio militar do parque das palmeiras.
  • Silva e Lores piden máis exactitude na comarcalización que anuncian dende a Xunta
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación e alcalde de Pontevedra falaron esta mañá, unha vez máis, sobre a comarcalización dos parque de bombeiros en Galicia. A presidenta volveu a repetir que non ía a falar de investimentos nesta materia ata que teña diante o proxecto que a Xunta quere levar a cabo. O alcalde, pola súa banda, dixo que están abertos a este proceso sempre e cando non vaia en detrimento do servizo que se presta na cidade nin supoña cartos para o concello.
HomePONTEVEDRAA lonxa trasladarase á planta baixa do Mercado en 15 días Top of Page

Síguenos en facebook