• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes

Out 16 Escrito por 
Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
Pese a que non é o momento de críticas dende o Concello de Pontevedra non entenden como dende a Xunta de Galicia non solicitaron no día de onte axuda aos bombeiros desta cidade. O alcalde da cidade e o voceiro do Goberno explicaron esta mañá que foron eles mesmos quenes se tiveron que poñen en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos. Contribuíron cun vehículo e 5 bombeiros. O alcalde dixo estar mañá sentir moita pena polo que está vivindo un ano máis a nosa comunidade. Lores dixo que é necesario facer políticas máis serias e criticou a falta de previsión da Xunta á hora de non prorrogar o servizo contra incendios de máis de 400 brigadistas. Dende o concello, ao igual que dende a Deputación, dixeron esta mañá que non é o momento de facer críticas pero que unha vez que se acabe con este desastre haberá que sentarse e analizar detidamente todo o sucedido.

Medios

Etiquetado como lumes    Pontevedra    Galicia    coordinacion    Xunta de Galicia   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
  • ASPACE celebra o seu III concurso de cociña
    Pontevedra> Esta mañá o restaurante Pepe Vieira acolleu a semifinal do concurso en Aspace cociñamos xuntos. Unha cita que ten como fin visibilizar as capacidades de todas as persoas con parálise cerebral. Nesta terceira edición participaron 9 usuarios coas súas familias ou persoal do centro. A filloa gañadora foi a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde.
HomePONTEVEDRAO Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes Top of Page

Síguenos en facebook