• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Dende a Deputación sinten unha "profunda desolación" polo que está acontecendo nos montes galegos

Out 16 Escrito por 
Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos.
Dende a madrugada do sábado a Deputación de Pontevedra activou o Gabinete de crise debido a vaga de lumes que afectan a nosa comunidade, especialmente, a provincia de Pontevedra. Un gabinete que está en permanente coordinación coa Consellería de Medio Rural, a dirección xeral de Emerxencias da Xunta e os concellos do sur da provincia. A presidenta da Deputación informou que dende o sábado pola noite esta administración mobilizou todos os parques do consorcio provincial contra incendios e salvamento. O vicepresidente da Deputación dixo esta mañá que non se pode permitir que ano tras ano o maior problema que continúa tendo Galicia é o monte. Mosquera dixo que agora máis que nunca é importante sentarse e buscar consenso sobre a política forestal galega. Preguntados sobre si esta vaga de lumes foi intencionada, como apuntan algunhas voces, a Presidenta da Deputación dixo que non é momento de buscar culpables, é momento de actuar e apagar todos os lumes. En relación a datos, dende a Deputación dixeron que van a agardar a que os lumes estén todos extinguidos para entrar a valorar todos os danos ocasionados e tamén valorar a actuación e coordinación destes días de intensa actividade.

Medios

Etiquetado como lumes    Pontevedra    noite negra    15 de outubro   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
  • ASPACE celebra o seu III concurso de cociña
    Pontevedra> Esta mañá o restaurante Pepe Vieira acolleu a semifinal do concurso en Aspace cociñamos xuntos. Unha cita que ten como fin visibilizar as capacidades de todas as persoas con parálise cerebral. Nesta terceira edición participaron 9 usuarios coas súas familias ou persoal do centro. A filloa gañadora foi a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde.
HomePONTEVEDRADende a Deputación sinten unha "profunda desolación" polo que está acontecendo nos montes galegos Top of Page

Síguenos en facebook