• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Carmela Silva pide o cese de Alfonso Rueda pola súas críticas aos alcaldes da provincia

Out 18 Escrito por 
Pontevedra> Esta mañá a presidenta da Deputación deu a coñecer as primeiros datos sobre os danos que ocasionou a vaga de lumes na provincia, que se levou 20 casas, 10 alpendres, 7 naves e máis de 10 mil hectáreas calcinadas. Carmela Silva amosouse moi incomodada esta mañá co vicepresidente da Xunta, e pediu a Feijóo o cese de Alfonso Rueda.
A vaga de lumes comeza a deixar os primeiros datos dos danos ocasionados na nosa provincia. Carmela Silva dixo que nunha primeira estimación fálase de máis de 10 mil hectáreas calcinadas, aínda que a presidenta considera que se trata dunha cifra moi aproximada xa que cree que se tratarán lamentablemente de moitas máis, ademais tamén se levou 20 casas, 16 delas eran habitadas, 10 alpendres e 7 naves. Dende xa a Deputación de Pontevedra pide ao Estado español e á Xunta de Galicia que se poñan a traballar no plan de axudas para todos os damnificados. Dende a Deputación dixeron esta mañá que sempre van a estar ao lado dos concellos, non como a Xunta de Galicia. Carmela Silva amosouse moi cabreada por unhas declaración de Alfonso Rueda onde supostamente dixo que parte da culpa desta propagación de incendios está no estado dos montes e polo tanto e responsabilidade tamén dos alcaldes, por estas declaracións Silva pide a Feijóo o cese inmediato de Alfonso Rueda. Dende a Deputación cree que é tempo de poñerse a traballar e lembraron que na vaga de lumes do ano 2006 o estado aprobou un decreto de axudas por un valor de 40 millóns de euros e a Xunta de 13. En total 53 millóns de euros. A presidenta agarda que tomen nota e que canto antes se poñan a traballar e pensen en todos os cidadáns damnificados por esta catástrofe medio ambiental.

Medios

Etiquetado como lumes    vaga de incendios    Deputación de Pontevedra    cese    Alfonso Rueda   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • A política contra incendios tamén se debate no pleno municipal
    Pontevedra> O pleno de Pontevedra aprobou esta mañá a modificación de crédito e a do cadro de persoal. Os lumes, a política catalá, os composteiros e o abastecemento na cidade coláronse neste pleno. Unha cita que aprobou a proposta de Ciudadanos para estudar a implantación dunha aplicación móbil coa que os veciños poidan advertir incidencias e desperfetos no equipamento urbano.
  • O PP pide a Deputación que explique de onde proveñen os cartos destinados aos concellos afectados polos lumes
    Pontevedra> Reunión na sede provincial do PP dos alcaldes e voceiros dos concellos afectados trala vaga de lumes do pasado 15 de outubro. Dende as filas do PP presentarán unha moción no pleno, co fin de que a Deputación explique de onde van a saír os 90 millóns de euros anunciados para axuda aos concellos afectados, e tamén para recuperar o plan de acción comunitaria.
  • Silva e Lores piden máis exactitude na comarcalización que anuncian dende a Xunta
    Pontevedra> A Presidenta da Deputación e alcalde de Pontevedra falaron esta mañá, unha vez máis, sobre a comarcalización dos parque de bombeiros en Galicia. A presidenta volveu a repetir que non ía a falar de investimentos nesta materia ata que teña diante o proxecto que a Xunta quere levar a cabo. O alcalde, pola súa banda, dixo que están abertos a este proceso sempre e cando non vaia en detrimento do servizo que se presta na cidade nin supoña cartos para o concello.
  • O pleno da Deputación aproba o contrato para a conservación de estradas provinciais
    Pontevedra> Pleno ordinario na Deputación. Unha cita onde tomaron posesión do seu cargo os catro novos deputados do PP que estarán nas bancadas populares ata o remate da lexistatura. Sobre a mesa, o expediente para a contratación do Servizo de Conservación da Rede Viaria provincial, un contrato que o PP cualifica como a maior privatización da historia no mantemento das estradas.
  • La Pradera pide solidariedade para os animais afectados polos lumes
    MEIS> Heno e material médico é o que se precisa de xeito máis urxente para os cabalos que vivían nos montes queimados nos lumes do pasado 15 de outubro. Beatriz Heyder, é unha muller que desde a súa casa en Meis está a recompilar produtos que lle chegan desde toda España para axudar a estes animais e logo distribuílos. Esta mañá estivemos na súa casa. O pasado 15 de outubro, trala vaga de lumes que arrasou a comunidade, Bea Heyder, desde a súa casa en Meis, lanzou un chamamento a través das redes sociais do seu refuxio La Pradera, para pedir axuda urxente para os animais que habitaban eses montes queimado, fundamentalmente na zona sur de Pontevedra. Desde o primeiro momento a resposta foi impresionante. Á súa casa comezaron a chegar caixas desde toda España. O que máis se precisa hoxe en día, é heno e medicamento para queimaduras. Se alguén quere aportar o seu gran de solidariedade a estes animais, Bea deixa claro cales son as prioridades. Para enviar as axudas, ademais de poñerse en contacto cos concellos, poden informarse na páxina de facebook La Pradera Bea Heyder. Unha vez que chegan a La Pradera bea envía todo á Clínica Casal do Río, e de ahí, redistribúen ós sitios afectados. Nesta ocasión a zona máis afectada foi o monte Galiñeiro en Vigo.
HomePONTEVEDRACarmela Silva pide o cese de Alfonso Rueda pola súas críticas aos alcaldes da provincia Top of Page

Síguenos en facebook