• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Moldes: "a actuación da presidenta non pode ser a dun hooligan do PSOE"

Out 19 Escrito por 
Pontevedra> Dende as filas do PP provincial levarán unha moción ao pleno da Deputación, co fin de solicitar a esta administración que colabore cos danos ocasionados trala vaga de lumes da pasada fin de semana. Moldes pediulle esta mañá a Carmela Silva que actúe como presidenta da Deputación e non como unha hoolingan do PSOE.
Dende as filas do PP provincial piden que a Deputación amose e diga de que maneira vai a axudar aos damnificados coa vaga de lumes, Moldes quixo lembrar que no 2006, Rafael Louzán si que axudou aos concellos máis danados por esta catástrofe medio ambiental. Moldes cree que a presidenta se están equivocando coas súas declaracións Dende o PP levarán unha emenda ao pleno co fin de que o Goberno da Deputación diga de que maneira ou a través de que plan van a axudar aos concellos máis damnificados pola vaga de lumes. Moldes dixo que o seu partido solicita da presidenta que este á altura das circunstancias. Dende o PP insisten en que a Comunidade Europea, o Estado Español e a Xunta deben realziar a súa inversión tras esta catástrofe pero tamén solicitan da Deputación que se poña a traballar no mesmo camiño co fin de axudar aos máis damnificados.

Medios

Etiquetado como lumes    deputacion provincial    pp provincial   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A política contra incendios tamén se debate no pleno municipal
    Pontevedra> O pleno de Pontevedra aprobou esta mañá a modificación de crédito e a do cadro de persoal. Os lumes, a política catalá, os composteiros e o abastecemento na cidade coláronse neste pleno. Unha cita que aprobou a proposta de Ciudadanos para estudar a implantación dunha aplicación móbil coa que os veciños poidan advertir incidencias e desperfetos no equipamento urbano.
  • O PP pide a Deputación que explique de onde proveñen os cartos destinados aos concellos afectados polos lumes
    Pontevedra> Reunión na sede provincial do PP dos alcaldes e voceiros dos concellos afectados trala vaga de lumes do pasado 15 de outubro. Dende as filas do PP presentarán unha moción no pleno, co fin de que a Deputación explique de onde van a saír os 90 millóns de euros anunciados para axuda aos concellos afectados, e tamén para recuperar o plan de acción comunitaria.
  • La Pradera pide solidariedade para os animais afectados polos lumes
    MEIS> Heno e material médico é o que se precisa de xeito máis urxente para os cabalos que vivían nos montes queimados nos lumes do pasado 15 de outubro. Beatriz Heyder, é unha muller que desde a súa casa en Meis está a recompilar produtos que lle chegan desde toda España para axudar a estes animais e logo distribuílos. Esta mañá estivemos na súa casa. O pasado 15 de outubro, trala vaga de lumes que arrasou a comunidade, Bea Heyder, desde a súa casa en Meis, lanzou un chamamento a través das redes sociais do seu refuxio La Pradera, para pedir axuda urxente para os animais que habitaban eses montes queimado, fundamentalmente na zona sur de Pontevedra. Desde o primeiro momento a resposta foi impresionante. Á súa casa comezaron a chegar caixas desde toda España. O que máis se precisa hoxe en día, é heno e medicamento para queimaduras. Se alguén quere aportar o seu gran de solidariedade a estes animais, Bea deixa claro cales son as prioridades. Para enviar as axudas, ademais de poñerse en contacto cos concellos, poden informarse na páxina de facebook La Pradera Bea Heyder. Unha vez que chegan a La Pradera bea envía todo á Clínica Casal do Río, e de ahí, redistribúen ós sitios afectados. Nesta ocasión a zona máis afectada foi o monte Galiñeiro en Vigo.
  • O PP denuncia o abuso de asistencias técnicas que realizan dende a Deputación
    Pontevedra> O PP provincial presentará no pleno deste mes unha moción centrada nas asistencias técnicas. Dende as filas populares consideran que o Bipartito está abusando deste tipo de contratos privados para suplantar o traballo dos funcionarios.
  • Carmela Silva solicita que o estado declare a Galicia como "zona afectada gravemente"
    Pontevedra> A presidenta da Deputación, solicitará ao delegado do Goberno en Galicia, que o Estado decrete a nosa comunidade como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil. Trátase dunha nova lei aprobada no 2015 que ten que se aceptada polo Consello de Ministros. Con este visto bo a axuda sería directa e rápida para os damnificados pola vaga de lumes.
  • Os mariscadores temen que as cinzas dos lumes estropeen a campaña
    VILAGARCÍA> Se hai dous días tódalas miradas se dirixían ós nosos montes, que ardían de xeito incontrolable, agora cos lunes extinguidos, os ollos están postos na nosa ría. Os mariscadores temen que as cinzas que arrastren as chuvias ata o mar poidan arruinar a campaña de nadal, como pasou nos incendios do 2006. Temen sufrir o que xa pasaron, fundamentalmente na vaga de lunes do 2006. Os mariscadores están moi preocupados xa que a campaña de Nadal, como a de libre marisqueo, podería correr perigo se as cinzas dos lumes sexan arrastradas pola chuvia ata o mar, afectando ós bancos marisqueiros, que xa de por sí non se atopan no seu mellor momento. Así nos explicou o presidente dos Parquistas de Carril, e patrón maior de localidade, de qué xeito lles podería afectar . A preocupación é evidente. E os máis afectados serían os bivalvos, navallas, longueiróns, ameixas ou berberechos. O medo á que as fortes chuvas provoquen isto aumenta pola inminencia da campaña de Nadal. O que suporía unha importante perda económica, tal e como pasou en 2006. De tódolos xeitos, as posibilidades de que non pase este fenómeno, son poucas, pero non perden a esperanza .
HomePONTEVEDRAMoldes: "a actuación da presidenta non pode ser a dun hooligan do PSOE" Top of Page

Síguenos en facebook