• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O luns 23 comeza a campaña de vacinación antigripal

Out 20 Escrito por 
Pontevedra> O 23 de outubro comeza a campaña de vacinación que lanzan dende a Consellería de Sanidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolverá ata o 29 de decembro e que ten como fin minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega, tentando diminuír o número e a gravidade das complicacións que poida ocasionar a mesma.
Cun orzamento de máis de un millón 900 mil euros a Xunta de Galicia adquiriu 560 mil doses para esta campaña de vacinación antigripal. Delas 250 mil son vacina reforzada, destinada a persoas ingresadas en residencias da terceira idade e para maiores de 70 anos, e as 310 mil restantes son vacinas antigripais convencionais, destinadas á poboación de calquera idade. Tal e como dixeron nesta xornada, o obxecto desta campaña é minimizar o impacto en saúde da gripe na poboación galega mediante a vacinación. Pese a que Pontevedra é das provincias onde menos de vacina contra a gripe a poboación, dende a Consellería quixeron incidir en que Galicia contará con 250 puntos de vacinación e a provincia de Pontevedra con 92.

Medios

Etiquetado como conselleria de sanidade    vacina    gripe    560000 doses    92 puntos da provincia   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Luns, 23 Outubro 2017 19:05

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Sanidade distribuirá 560 mil vacinas antigripal na campaña deste ano
    BARBANZA> O obxectivo da campaña non é outro que tratar de minimizalo impacto desta enfermidade na poboación, especialmente nos grupos de maior risco. A campaña de vacinación antigripal deste ano iniciarase o vindeiro 23 de outubro e prolongarase ata o 29 de decembro. Neste tempo a consellería de Sanidade pretende distribuír unhas 560 mil vacinas entre a poboación, dirixíndose especialmente aqueles grupos de idade de maior risco como poden ser persoas maiores de sesenta anos. Como medida extraordinaria este ano sanidade adquiriu unhas trinta mil vacinas mais, coa previsión de mellorar os resultados da campaña do ano anterior, mantendo a oferta de vacinación a tódalas persoas incluídas nos grupos de risco, de xeito totalmente gratuíto, co fin de aumentar as coberturas. A consellería de Sanidade conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, como poden ser centros penitenciarios, entre outros.
  • Sete concellos de O Salnés entre os de "especial risco" de gripe aviar
    RIBADUMIA> Uns 35 concellos de Galicia atópanse en alerta de prevención da gripe aviar segundo a Xunta de Galicia. Aquí en O Salnés son sete os de maior risco. Por iso dende os concellos de Ribadumia, Cambados, A Illa, Vilanova, Meaño, O Grove e Sanxenxo poñen a disposición dos cidadáns unhas follas de rexistro nas que rexistrar as aves de uso doméstico a fin de previr ou localizar problemas no hipotético caso de que se localice algún caso de gripe aviar na zona.
  • O Sergas rexeita a Comandancia da Mariña para un novo centro de saúde
    VILAGARCÍA> Varapau do Servizo Galego de Saúde ao concello de Vilagarcía. Finalmente, o Sergas desbota o edificio e a parcela da Comandancia da Mariña para acoller o novo centro de saúde que reclama Ravella. Para o servizo autonómico, o sobrecusto de derrubar o edificio provoca que a opción non sexa a idónea. Dende o concello ofrécense a buscar financiamento, e ven nesta postura unha falta de vontade política da Xunta. Para o Sergas, nin a parcela nin a edificación da antiga Comandancia da Mariña son idóneas para coller un novo centro de saúde en Vilagarcía. Os técnicos que visitaran o edificio informaran de que non era apto para acoller un novo ambulatorio, pero viran posibilidades no solar. Agora, desbotan esta opción polo sobrecusto de derrubar o inmoble. Tamén polo feito de que as parcelas deben ser cedidas gratuítamente polos concellos, e esta pertence á Autoridade Portuaria. O alcalde volve referirse ao protocolo asinado no 2009 entre a Consellería de Sanidade e a Autoridade Portuaria, que poñía eses terreos a servizo da Xunta para construír un novo centro de saúde. O solar ten unha superficie de 5.000 metros cadrados, extensión difícil de igualar en Vilagarcía. Nesta decisión do Sergas, Varela ve falta de vontade política e unha nova discriminación a Vilagarcía en materia sanitaria. O rexedor tamén asegurou que, a día de hoxe, o concello aínda non recibiu o informe dos técnicos do Sergas nin a confirmación oficial desta decisión do servizo autonómico.
  • O Sergas faise cargo do mantemento dos centros de saúde de Poio e Ribadumia
    Pontevedra> Cita importante do Conselleiro de Sanidade a desta tarde na delegación da Xunta en Pontevedra. Alí Jesús Vázquez asinou os convenios cos concellos de Poio e Ribadumia mediante os cales o Sergas asumirá os custos de mantemento dos centros de saúde destas localidades. Poio e Ribadumia agradeceron esta medida adoptada pola consellería que suporá un importante desafogo para as arcas municipais. 
  • Máis dun ano agardando pola vacina da Meninxite B
    OUTES> Milleiros de galegos deben agardar máis dun ano pola vacina de meninxite para os seus cativos. O ingreso hospitalario dun menor de Outes por meninxite hai unha semana reabre a polémica da prezada vacina. As farmacias da zona contan con máis de cen persoas nas súas listas de espera. 
  • O BNG da Pobra denuncia a falta dunha enfermeira
    POBRA> O BNG da Pobra denuncia a falta dunha enfermeira no centro de saúde do municipio, o cal altera considerablemente, segundo afirman, o calendario da campaña de aplicación da vacina antigripal. 
HomePONTEVEDRAO luns 23 comeza a campaña de vacinación antigripal Top of Page

Síguenos en facebook