• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os socialistas demandan a modificación da Lei de Montes

Out 20 Escrito por 
Pontevedra> O PSOE presentará no pleno da Deputación e en todos os concellos da provincia unha moción sobre a vaga de lumes sufrida en Pontevedra. Dende as filas socialistas cren que non se poden cometer erros en políticas de extinción e demandan, con urxencia, unha nova lei de montes.
O PSOE provincial levará ao pleno da Deputación e a todos os concellos da provincia unha moción solicitando 6 medidas de mellora trala vaga de lumes que deixou, máis de 10 mil hectáreas calcinadas en Pontevedra. Dende as filas socialistas cren que ademais, se debe crear un protocolo de actuación ante os lumes forestais que garanta maior coordinación e atención temperá nos lumes. O secretario provincial do partido tamén solicitou a creación dunha nova lei de montes. Dende o PSOE consideran que dende a Xunta de Galicia non se poden cometer erros en política de extinción de incendios. O PSOE considera que o 112 e con el a Xunta de Galicia executou unha política errática dende a madrigada do domingo ata o luns, que a choiva fixo calmar os lumes. Os socialistas quixeron amosar o seu apoios aos veciños que axudaron nestes días e denunciar a política da Xunta e do Estado español en materia medio ambiental.

Medios

Etiquetado como lume    vaga de lumes    PSOE    Pontevedra    Moción    mocion deputacion    mocion concellos da provincia   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano
    Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
  • Abre as súas portas o rastrillo solidario da AECC
    Pontevedra> Esta mañá quedou inaugurado o tradicional rastrillo solidario que organizan dende a delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. Neste 2017 están situados nunha das mellores rúas da cidade, na rúa da Oliva número 22, por iso márcanse como obxectivo chegar a recadar 18 mil euros, que irán destinados á investigación e aos proxectos que organizan dende esta entidade.
  • Carlota Corredera madriña da Gran Recollida
    Pontevedra> A directora e presentadora televisiva, Carlota Corredera, é este ano a madriña da Gran Recollida que organizan dende o Banco de Alimentos . Un evento que terá lugar os días 1 e 2 de decembro en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra haberá 153 puntos de recollida. Os produto que máis se precisa nesta ocasións son latas de conserva.
  • Rueda anuncia que en Pontevedra foron retirados 700 mil documentos xudiciais
    Pontevedra> O vicepresidente da Xunta informou esta mañá, en Pontevedra, que dende o ano 2013 xa foron expurgados un millóns de expedientes en toda Galicia, de eles, 700 mil pertencen á provincia de Pontevedra. Rueda visitou esta mañá as dependencias onde se arquivan a documentación xudicial, moita dela será destruída, despois de ser gravada nunha aplicación informática.
  • O Pontedetapas ofrece pequenos manxares ata o 19 de novembro
    Pontevedra> O Pontedetapas comezou pisando forte. Moitos establecementos venderon xa mil tapas nunha semana de celebración deste concurso. Hostaleiros e cidadáns están encantados con esta iniciativa que da moita vida a cidade. Así que xa o saben ata o 19 de novembro teñen a oportunidade de desfrutar e degustar estes pequenos manxares na Boa Vila.
  • ASPACE celebra o seu III concurso de cociña
    Pontevedra> Esta mañá o restaurante Pepe Vieira acolleu a semifinal do concurso en Aspace cociñamos xuntos. Unha cita que ten como fin visibilizar as capacidades de todas as persoas con parálise cerebral. Nesta terceira edición participaron 9 usuarios coas súas familias ou persoal do centro. A filloa gañadora foi a do grupo formado por Diego Moares, Esteban López e David Villaverde.
HomePONTEVEDRAOs socialistas demandan a modificación da Lei de Montes Top of Page

Síguenos en facebook