09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Lores recibe aos 20 alumnos alemáns que participan no programa de intercambio co Valle Inclán

Out 25 Escrito por 
Pontevedra> O alcalde de Pontevedra recibiu esta mañá no concello aos estudantes alemáns que pasarán 11 días en Pontevedra. Trátase dun intercambio que realizan con estudantes de terceiro e cuarto da ESO do instituto Valle Inclán. Estes mozos estudan español como segunda lingua e amosáronse encantados de pasar estes dias na capital de provincia.
Lores recibiu esta mañá na sala de xunta do concello aos vinte alumnos dun instituto alemán que participan nun intercambio escolar con estudanres do IES Valle Inclán. Estes alumnos están en noveno e décimo grado, o equivalente a terceiro e cuarto da ESO, e estudan español como segunda lingua, por iso valoran positivamente esta experiencia. E os propios alumnos, un pouco tímidos co idioma no seu terceiro día en Pontevedra, amosáronse encantados de estar na Boa Vila, onde permanecerán ata o vindeiro 2 de novembro. Pola súa banda os estudantes do IES Valle Inclán viaxarán a Lich na primeira semana de decembro o que lles permitirá estar no país durante a festa de San Nicolás e gozar así dos tradicionais mercadiños de Nadal.

Medios

Etiquetado como lores    recpecion    Estudantes    Intercambio    ies valle inclan    alemans    lich   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Lores insiste na necesidade de priorizar a política forestal en Galicia
    Pontevedra> Minuto de silencio, esta mañá as portas do concello de Pontevedra, en sinal de do polos 4 falecidos a causa da vaga de lumes que nestes días asolou Galicia. Lores dixo esta mañá que é tempo de facer fronte a unha política forestal rigorosa e que loite pola seguranza dos nosos montes.
  • 7 prescriptores alemáns visitan a D.O. Rías Baixas
    Pontevedra>Sete prescriptores alemáns visitan nestes días a Denominación de Orixe Rías Baixas. Degustarán preto de 62 caldos da D.O e terán a oportunidade de coñecer algunhas das súa bodegas. O obxectivo desta viaxe e coñecer máis sobre os viños albariños da Denominación de Orixe e establecer contacto con novas adegas das Rías Baixas.
  • Oito estudantes do IES Sánchez Cantón finalistas nos premios TeenTech 2017
    Pontevedra> Oito alumnos do Instituto Sánchez Cantón, de Pontevedra, chegan á final dos premios TeenTech 2017. Unha final que terá lugar en Londres o vindeiro 26 de xuño. Trátase de dous equipos. O da ESO presentará un proxecto de farol solar e os de Bacharelato un micrófono direccional pensado para persoas con deficiencias auditivas.
  • O concello rende homenaxe aos estudantes de excelencia
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra recibíu esta mañá no seu despacho a Paloma Otero, premio de excelencia a nivel nacional na ESO, e a Antón Piñero, premio de esforzo académico de Galicia tam. Estes dous estudantes son do IES Torrente Ballester, Lores dixo sentirse moi orgulloso do nivel educativo público que hai na capital de provincia.
  • O 39% do alumnado da provincia manifesta que presenciou acoso escolar
    Pontevedra> Dende a Universidade de Vigo realizaron un estudo sobre o acoso escolar na provincia de Pontevedra. Un traballo que ratifica que o 39% do estudantado de secundaria presenciou nalgún momento acoso escolar. Un problema, do que din, é difícil de detectar xa que a vítima non o denuncia. Por iso, os profesionais que traballaron neste estudo, din que o importante a día de hoxe é tratar este problema dende o propio centro con grupos de apoio. 
  • Lores reunirase este venres con Feijóo. Un encontro onde a compostaxe estará moi presente
    Pontevedra> Este venres ás 10:30 da mañá o alcalde de Pontevedra manterá unha reunión co presidente do Goberno Galego. A ampliación de Montecelo, a variante de Alba, os xulgados da Parda, o proxecto da estación de autobuses e un posible convenio en relación ao tema da compostaxe serán algúns dos temas que estarán enriba da semana neste encontro en San Caetano. 
HomePONTEVEDRALores recibe aos 20 alumnos alemáns que participan no programa de intercambio co Valle Inclán Top of Page

Síguenos en facebook