09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Combarro, candidato a converterse no pobo máis bonito de España

Out 26 Escrito por 
Pontevedra>Esta mañá tivo lugar a presentación da candidatura de Combarro para a acción “Luce tu Pueblo” de Ferrero Rocher. Unha aposta desta empresa, na que compite con outros 5 pobos de España. Xa poden votar por Combarro a través de www.ferrerorocher.es/lucetupueblo, o día 16 de decemebro coñecerase a nome do pobo gañador.
Que Combarro é un dos pobos máis bonitos de Galicia é algo obvio pero que se pode converter no máis fermoso de España é dende hoxe unha realidade coa súa candidatura para a acción Luce tu pueblo de Ferrero Rocher. Unha actividade que levan realizando 4 anos e que consiste no seguinte. Combarro competirá con Grazalema, Vilafamés, Ezcaray, Sos del Rey Católico y Guadalupe. O premio consiste na promoción nunha televisión de ámbito nacional en prime time de Combarro e na iluminación especial de Combarro a cargo de Ferrero Rocher. Dende o concello amosáronse máis que satisfeitos con poder estar presentes nesta cuarta edición de Luce tu Pueblo. E dende o concello de Poio tamén amosaron o seu agradecemento á empresa por elixir a Combarro como un dos pobos máis bonitos de España. Dende xa e ata o 15 de decembro pode votar para que Combarro se luza dunha maneira especial neste Nadal a través da web www.ferrerorocher.es/lucetupueblo o día 16 de decemebro coñeceremos o gañador deste distintivo e dende esa xornada ata pasado o Nadal esa iluminación especial estará presente grazas á empresa Ferrero Rocher.

Medios

Etiquetado como Combarro    ferrero rocher    luce tu pueblo    votacion    nadal    alumeado   
Publicado en PONTEVEDRA
Modificado por última vez no Xoves, 26 Outubro 2017 18:16

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo
    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila.
  • Cáritas axudará a máis dun cento de familias a pasar un bo Nadal
    NOIA> Cáritas de Noia atenderá a máis de trescentas persoas durante esta Nadal. A campaña de recadación de fondos e de recollida de alimentos destas datas supón un reforzo da actividade que desenvolven durante todo o ano. Neste 2017 levan repartidas trinta toneladas de alimentos e catro de roupa.
  • O Goberno Local presentará unha queixa oficial á empresa encargada do alumeado
    Pontevedra> O alumeado de Nadal tampouco gusta no concello de Pontevedra. Dende o Goberno Local veñen de presentar unha queixa oficial á empresa encargada de dita iluminación. Un alumeado, que segundo Anabel Gulías, non cumpre coas expectativas dos pontevedreses.
  • Os nenos serán os principais protagonistas das actividades de Nadal en Noia
    NOIA> O concello dará mañá venres o pistoletazo de saída ás actividades de Nadal co acendido do alumeado. A concellería de Cultura noiesa deseñou un amplo e variado programa de actividades para estas datas de Nadal. A maioría delas estarán dirixidas ós máis pequenos da casa, tratando de conciliar a vida familiar e laboral Obradoiros, teatro, cine ou música terán tamén o seu protagonismo, destacando o Festival Benéfico de Cáritas e Cruz Vermella previsto para o sábado 16, ou os concertos do Coro Infantil e Xuvenil ‘Cantabile’ da Coruña o domingo 17 e da Banda de Música Municipal acompañada do Coro IES Virxe do Mar do venres 22. Apartado especial terá tamén a Cabalgata que sairá este ano ás seis da tarde. Dende o Concello anímase ós veciños a participar na comitiva.
  • A aldea de Taramancos acolle un belén do máis especial
    NOIA> Desprazámonos agora ata a aldea de Taramancos, en Noia, onde os veciños veñen de montar un orixinal belén. Animais vivos e vistosas figuran compoñen este nacemento, instalada nun alpendre do lugar.
  • Os Reis Magos precisan 500 cómplices en Pontevedra
    Pontevedra> Pontevedra precisa 500 cómplices dos Reis Magos para que os nenos e mozos con máis dificultades económicas do concello non se queden sen o seu agasallo neste Nadal. Se queren axudar nesta bonita iniciativa xa poden facelo a través de Internet ou achegándose directamente a Casa Azul.
HomePONTEVEDRACombarro, candidato a converterse no pobo máis bonito de España Top of Page

Síguenos en facebook