09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Raxó celebrará o samaín coa súa Festa do Amor

Out 27 Escrito por 
Pontevedra> O Club de Fútbol de Raxó organiza un magosto moi especial para o vindeiro 31 de outubro. Será unha cita que contará con DJ e a partir das 23:00 coa actuación da orquestra Panorama. Trátase dun evento que ten como fin agradecer ao pobo e aos hostaleiros desta zona o compromiso, que ano a ano, teñen con este club deportivo.
En Raxó, no concello de Poio, xa teñen todo listo para celebrar o Samaín, pero non o farán de calqueira maneira, senon que o van a festexar cunha festa por todo o alto. Un magosto que comezará as nove da noite, que contará con DJ e coa actuación da orquestra Panorama. Unha cita que ten como fin, agradecer o compromiso dos veciños e hostaleiros co club de Fútbol desta localidade. Dende o Club de Fútbol de Raxó convidan a todo o mundo a asistir a esta cita, e pese a ser a noite, a do 31, a máis terrorífica do ano, dende este equipo queren chamarlle a este magosto a Festa do Amor. Así que xa o saben, se queren pasar un Samín divertivo e marchoso teñen unha cita no concello de Poio, na parroquia de Raxó a partir das nove da noite, e dende as 23:00 actuación da orquestra Panorama.

Medios

Etiquetado como raxo    Poio    samain    31 de outubro    panorama    magosto   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP reclama unha estratexia de difusión turística para o Bosque de Colón, en Poio
    POIO > O PP de Poio denuncia a “falta de interese” do goberno local para dinamiza-lo coñecido como Bosque de Colón, un espazo natural que celebra o seu 25 aniversario. Os populares cren que o parque, cunha curiosa plantación de 500 secuoias, podería ser outro polo de atracción para o turismo da vila. Hai agora 25 anos nacía o Bosque de Colón, un pintoresco espazo natural con vistas á ría de Pontevedra que conmemoraba o 500 aniversario do descubrimento de América. Dende alí, precisamente chegaron a Poio as 500 secuoias vermellas californianas plantadas neste monte. Foi un agasallo do goberno dos Estados Unidos, aprobado polo Congreso e o Senado daquel país, para conmemorar a chegada de Colón ó continente americano. Un cuarto de século despois, o aniversario deste parque pasou desapercibido. Así o denuncia, polo menos, o PP da localidade. Os populares lamentan que os actos conmemorativos durante os últimos meses foron moi discretos. Cren que o goberno local debería ter impulsado algún tipo de iniciativa para dar a coñece-lo Bosque e incentiva-lo turismo non só de Poio, senón que tamén de todas as Rías Baixas. Reclaman tamén unha estratexia de difusión da zona, como un bo complemento para os grandes polos de atracción de visitantes, como Combarro ou Raxó. O 2017 en Poio está a ser o ano do bosque de Colón, despois de que o PP levase a pleno a moción ata en tres ocasións.
  • O Festival de Curtas Armadiña xa quenta motores
    Pontevedra> O concello de Poio xa está listo para acoller a décimo terceira edición do Festival de Curtas Armadiña 2017. Unha cita que arrincará o vindeiro luns 13 e que se desenvolverá ata o 19 deste mes. Dende a organización destacaron que se trata da edición máis completa e innovadora. Este ano, este festival, está incluído por primeira vez nas principais citas do audiovisual galego que potencian dende a Deputación.
  • O recuncho máis terrorífico deste Samaín de Viveiros o Piñeiro
    Pontevedra> Dende Viveiros O Piñeiro xa teñen todo o listo para vivir o Samaín e o día de defuntos. Para o 1 de novembro, dende este espazo especializado en plantas, din que o crisantemo é a flor por excelencia, pero pese a isto, deixan claro que eles se adaptan ás necesidades e peticións que cada teña de cara ao día de defuntos.
  • A asociación Mº del Carmen Pérez inicia a súa campaña solidaria
    Pontevedra> A Asociación María del Carmen Pérez, con sede en Poio, comeza xa a súa campaña solidaria co fin de recadar alimentos e roupa para as familias que máis o precisan. As cestas con produtos alimentarios se repartirán o 21 de decembro, a roupa todos os que a precisen, poden recollela no local desta entidade, situado en fronte de Casal de Ferreirós.
  • A Festa da Navalla chega a Poio esta fin de semana
    PONTEVEDRA> A Festa da Navalla volta un ano máis a Poio. Esta fin de semana terá lugar a V edición da exaltación de este manxar. Unha celebración para a que a Asociación Amigos da Navalla de Lourido ten preparados uns 800 kg de navallas.
  • O cara máis solidaria de Poio poderase ver no FestiSenda
    Pontevedra> O sábado 30 de setembro a Seca, no concello de Poio, acollerá o Festival solidario Festisenda. Unha cita que terá como fin recoller alimentos non perecederos para as familias que máis o necesitan do concello. Dende o Goberno Local agradeceron este tipo de iniciativas que darán axuda a 367 familias do municipio.
HomePONTEVEDRARaxó celebrará o samaín coa súa Festa do Amor Top of Page

Síguenos en facebook