09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

A remodelación da Ponte do Burgo será a obra máis importante do Goberno neste mandato

Nov 15 Escrito por 
Pontevedra> O concelleiro de Obras en Pontevedra cualificou a remodelación da Ponte do Burgo como a obra máis importante do concello neste mandato. Será un espazo que contará cun investimento de 2,5 millóns de euros. O aumento do orzamento débese ao moderno sistema de alumeado co que contará esta histórica ponte da cidade.
A remodelación da ponte do Burgo ascende aos 2,5 millóns de euros, tal e como dixo esta mañá o concelleiro de Obras, trátase do proxecto máis importante deste mandato. Este plan para gañar un novo espazo de referencia na cidade pasa por peonalizar a Ponte e resaltar o seu valor monumental. O aumento do orzamento para esta remodelación está centrado no moderno sistema de alumeado co que contará esta ponte, con tres iluminacións distintas. A actuación contará con tres ámbitos, a ponte a as dúas cabeceiras, na parte norte desta ponte do Burgo gáñase unha nova praza para a cidade. Un proxecto que estará financiado polos fondos FEDER. Dos 2,5 millóns de euros, un millón 700 mil irán destinados á reforma e 860 mil ao novidoso alumeado. Dende o Goberno xa adiantaron que avanzarán con fondos propios municipais os procesos de contratación de tal xeito que en canto cheguen as axudas xa se lle poda adxudicar ao proxecto, que por certo contará cun prazo de execución de 12 meses.

Medios

Etiquetado como Remodelacion    ponte o bugo    concello de pontevedra    fondos feder   
Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O concello levará ante os tribunais a AAI da Xunta a ELNOSA
    Pontevedra> O concello de Pontevedra recorrerá a autorización ambiental integrada de Elnosa concedida pola Xunta de Galicia. A concelleira nacionalista Carme da Silva considera que se trata dunha decisión de carácter político que pon en risco a vida de miles de persoas de Pontevedra.
  • Os peques do Fina Casalderrey visitan o concello
    Pontevedra> O pequenos da Escola Infantil Fina Casalderrey coñeceron hoxe todos os segredos que agocha o concello de Pontevedra. O alcalde recibiu a estes intrépidos estudantes e contoulles a que se adican as diferentes instancias do concello e tamén lles explicou a orixe de moitos trofeos que ten no seu despacho.
  • O PP presentará unha emenda á totalidade os orzamentos "antisistema" de Lores
    Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra presentará unha emenda á totalidade dos orzamentos para o 2018 do concello. O PP cualificou de antisistema a Lores e dixo que estas contas son as peores dá era do BNG en Pontevedra. Uns orzamentos que se debaterán en pleno este venres 15 de decembro.
  • O Goberno Local presentará unha queixa oficial á empresa encargada do alumeado
    Pontevedra> O alumeado de Nadal tampouco gusta no concello de Pontevedra. Dende o Goberno Local veñen de presentar unha queixa oficial á empresa encargada de dita iluminación. Un alumeado, que segundo Anabel Gulías, non cumpre coas expectativas dos pontevedreses.
  • O concello asina convenios de colaboración con AEMPE e ZZMM
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra asinou esta mañá dous convenios de colaboración coas asociacións AEMPE e Zona Monumental. Unha sinatura mediante a cal AEMPE recibirá 16 mil euros anuais ata o 2021, e Zona Monumental 22 mil ata finais do vindeiro ano.
  • O PP de Pontevedra considera que o Goberno fixo un Black Friday co rural
    Pontevedra> Os que non están tan conformes con estes orzamentos son os concelleiros do Partido Popular. O voceiro do PP en Pontevedra dixo que se tratan dun orzamentos que financian proxectos do pasado pero que non teñen nunha visión de futuro. Jacobo Moreira, cree ademais, que o Goberno Local fixo un black Friday co rural pontevedrés cunha redución en inversión, di, de máis do 52 por cento.
HomePONTEVEDRAA remodelación da Ponte do Burgo será a obra máis importante do Goberno neste mandato Top of Page

Síguenos en facebook