09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O gran beneficiario dos orzamentos do 2018 será o rural pontevedrés

Nov 16 Escrito por 
Pontevedra> O Goberno Local de Pontevedra presentou esta mañá o borrador dos orzamentos aos grupos da oposición. Raimundo González agarda poder aprobar estas contan na primeira quincena do mes de decembro. Unhas cifras, que o voceiro do Goberno Local, cualificou como os orzamentos do rural, xa que o rural recibe o 50 por cento dos investimentos no vindeiro ano.
73 millóns e medio de euros, esa é a cifra que o concello presentou esta mañá do borrador dos orzamentos para o 2018. Unhas contas que lles foron entregadas aos grupos da oposición. Dende o Concello agardan ter reunións ao longo da vindeira semana e poder aprobar estas contas en tempo e forma no mes de decembro. Para iso é necesario o apoio ou abstención do grupo da marea, e para isto este borrador xa inclúe 425 mil euros destinados á renda social, 150 ao transporte metropolitano e máis de 490 mil euros destinados a un plan de emprego. O capítulo de investimentos conta con 11,5 millóns de euros, as partidas máis salientables van aos centros culturais, a accesibilidade no rural, a edificios e outras contrución, a composteiros, a accesibilidade urbana e á construción dun campo de fútbol. Segundo Raimundo González o gran beneficiario destes orzamentos será o rural de Pontevedra. En relación a posibles acordos, González agarda que a marea apoie estes investimentos que reflicten e inclúen algunhas das súas demandas, de todos os xeitos insistiu en que será a vindeira semana cando comecen a ronda de reunións cos grupos da oposición. Dende o Goberno Local agardan poder levar estes orzamentos ao pleno na primeira quincena de decembro co fin de deixar os deberes feitos antes do remate deste ano.

Medios

Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O concello levará ante os tribunais a AAI da Xunta a ELNOSA
    Pontevedra> O concello de Pontevedra recorrerá a autorización ambiental integrada de Elnosa concedida pola Xunta de Galicia. A concelleira nacionalista Carme da Silva considera que se trata dunha decisión de carácter político que pon en risco a vida de miles de persoas de Pontevedra.
  • Os peques do Fina Casalderrey visitan o concello
    Pontevedra> O pequenos da Escola Infantil Fina Casalderrey coñeceron hoxe todos os segredos que agocha o concello de Pontevedra. O alcalde recibiu a estes intrépidos estudantes e contoulles a que se adican as diferentes instancias do concello e tamén lles explicou a orixe de moitos trofeos que ten no seu despacho.
  • O PP presentará unha emenda á totalidade os orzamentos "antisistema" de Lores
    Pontevedra> O Partido Popular de Pontevedra presentará unha emenda á totalidade dos orzamentos para o 2018 do concello. O PP cualificou de antisistema a Lores e dixo que estas contas son as peores dá era do BNG en Pontevedra. Uns orzamentos que se debaterán en pleno este venres 15 de decembro.
  • O Goberno Local presentará unha queixa oficial á empresa encargada do alumeado
    Pontevedra> O alumeado de Nadal tampouco gusta no concello de Pontevedra. Dende o Goberno Local veñen de presentar unha queixa oficial á empresa encargada de dita iluminación. Un alumeado, que segundo Anabel Gulías, non cumpre coas expectativas dos pontevedreses.
  • O concello asina convenios de colaboración con AEMPE e ZZMM
    Pontevedra> O alcalde de Pontevedra asinou esta mañá dous convenios de colaboración coas asociacións AEMPE e Zona Monumental. Unha sinatura mediante a cal AEMPE recibirá 16 mil euros anuais ata o 2021, e Zona Monumental 22 mil ata finais do vindeiro ano.
  • O PP de Pontevedra considera que o Goberno fixo un Black Friday co rural
    Pontevedra> Os que non están tan conformes con estes orzamentos son os concelleiros do Partido Popular. O voceiro do PP en Pontevedra dixo que se tratan dun orzamentos que financian proxectos do pasado pero que non teñen nunha visión de futuro. Jacobo Moreira, cree ademais, que o Goberno Local fixo un black Friday co rural pontevedrés cunha redución en inversión, di, de máis do 52 por cento.
HomePONTEVEDRAO gran beneficiario dos orzamentos do 2018 será o rural pontevedrés Top of Page

Síguenos en facebook