09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Os accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano

Nov 20 Escrito por 
Pontevedra> O número de accidentes de tráfico graves reduciuse nun 20 por cento na provincia no que vai de ano. De cara a este Nadal, dende a Garda Civil, xa anunciaron que intensificarán os controis de alcoholemia e drogas nas estradas. A fiscal de seguridade viaria en Pontevedra, lembrou esta mañá, que a reincidencia de delitos nesta área pode acabar co infractor en prisión.
Esta mañá as portas das subdelegación do Goberno en Pontevedra mantiveron un minuto de silencio en recordo das vítimas dos accidentes de tráfico. A xefa provincial de tráfico de Pontevedra lembrou esta mañá que a DXT ten en funcionamento, como en toda España, a súa Unidade de Vítimas de Accidentes de Tráfico. A xefa provincial de tráfico informou que a nivel provincial os accidentes graves reducíronse nun 20 por cento no que vai de ano. E dende a Garda Civil lembraron que de cara a este Nadal intensificaranse o número de controis e as campañas de concienciación. A fiscal de seguridade viaria de Pontevedra, lembrou que o Código Penal xa se está levando a cabo, o que significa que unha persoa que cometa varios delitos contra a seguridade viaria pode acabar en prisión. Alicia Tajes tamén participou no minuto de silencio organizado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra para conmemorar o Día Mundial de Recordo das Vítimas de Accidentes de tráfico.

Medios

Publicado en PONTEVEDRA

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O concello levará ante os tribunais a AAI da Xunta a ELNOSA
    Pontevedra> O concello de Pontevedra recorrerá a autorización ambiental integrada de Elnosa concedida pola Xunta de Galicia. A concelleira nacionalista Carme da Silva considera que se trata dunha decisión de carácter político que pon en risco a vida de miles de persoas de Pontevedra.
  • Buscan recadar fondos para a síndrome de deleción 1P36 coa venda de calendarios solidarios
    PONTEVEDRA > Xa está á venda o calendario solidario en beneficio dos nenos que padecen a síndrome de deleción 1P36. A iniciativa busca recadar fondos para os custosos tratamentos que reciben os pequenos afectados e tamén para incentiva-la investigación. Na iniciativa colabora a Deputación de Pontevedra. A síndrome de deleción 1P36 é unha enfermidade rara, baseada na perda no cromosoma 1, que leva a información máis importante do noso ADN. Isto fai que teñan moitos problemas no seu crecemento. Para darlle resposta a este problema e a custea-las caras probas médicas e a súa investigación, hai 2 anos creouse unha asociación da man de 5 familias da provincia de Pontevedra. Agora, o o colectivo lanzou un calendario solidario, cun título moi representativo. Na inciativa colabora a Deputación de Pontevedra. A súa presidenta demandou que se destinen máis recursos á investigación deste tipo de doenzas consideradas raras. O calendario solidario pódese mercar en Tui, Vigo e tamén en Boiro.
  • CCOO cre que o convenio de colaboración do Príncipe Felipe só serve “para saír do paso”
    PONTEVEDRA > Comisións Obreiras cre que o convenio de colaboración para a cidade infantil Príncipe Felipe, asinado entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta, só serve “para saír do paso”. Así o indicaron os responsables da central, que tamén aproveitaron para reclamar que o centro acolla máis menores. Dende Comisións Obreiras cren que o convenio entre a Xunta e a Deputación de Pontevedra é unha oportunidade perdida para buscar solucións ás moitas necesidades sociais dos concellos da provincia, tendo en conta –din- o número de familias desestruturadas ou con problemas de adaptación que poderían ter cabida no Príncipe Felipe. Entenden dende o sindicato o convenio foi pechado en falso e que, a día de hoxe, é un luxo manter o centro por baixo da súa capacidade. Segundo os datos achegados polo sindicato, das 274 prazas das que dispón o centro, só están ocupadas a día de hoxe 198. Demandan que o centro traballo ó 100% da súa capacidade, porque entenden que co mesmo gasto se poderían atender a moitos máis menores, xa que –segundo din- o número de traballadores se mantería. Segundo o acordo entre administración provincial e autonómica, dos máis de 10 millóns de euros orzamentados para o Príncipe Felipe, a Xunta vai aportar uns 780.000. O centro, dependente da Deputación de Pontevedra, comezará a rexerse polo novo convenio o un de xaneiro. Será a partir dese día cando a Xunta faga efectiva a súa renuncia a facer uso do Servizo da Unidade de Primeira Acollida e acate que os informes técnicos do persoal provincial sexan determinantes á hora de decidi-la entrada ou saída de menores do centro. Ademais, a partir do primeiro día de 2018, o Príncipe Felipe deixará de acoller menores violentos e conflitivos.
  • As Rías Baixas contaron cunha ocupación media do 50% na Ponte da Constitución
    Pontevedra> As Rías Baixas contaron cunha ocupación do 50 por cento na ponte da Constitución. Uns datos que se sitúan por debaixo do estimado. A cicloxénese explosiva Ana tivo a súa repercusión neste resultado. O Turismo rural acadou unha ocupación media do 35,14 por cento, 25 puntos máis que no mesmo período do 2016.
  • "Ana" permite que o Lérez conte cun caudal catro veces maior á media nesta época do ano
    Pontevedra> A cicloxénese explosiva Ana deixou 52 intervencións directas no concello de Pontevedra. O voceiro do Goberno Local informou de que se tratou, en todos os casos, de incidencias menores. E debido a este temporal, a situación da seca vaise recuperando, o caudal do río Lérez conta con 60,86 metros cúbicos segundo, catro veces máis que na mesma época o pasado ano.
  • O Goberno Local presentará unha queixa oficial á empresa encargada do alumeado
    Pontevedra> O alumeado de Nadal tampouco gusta no concello de Pontevedra. Dende o Goberno Local veñen de presentar unha queixa oficial á empresa encargada de dita iluminación. Un alumeado, que segundo Anabel Gulías, non cumpre coas expectativas dos pontevedreses.
HomePONTEVEDRAOs accidentes de tráfico graves reducíronse nun 20% no que vai de ano Top of Page

Síguenos en facebook